Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público de subministración de varios vehículos, polo procedemento aberto e trámite urxente (C.P. 9/2003).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron

delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

Expediente: C.P. 9/2003.

Obxecto: subministración de vehículos.

Orzamento: 114.000 A, IVE incluído; desagregado nos seguintes lotes:

Lote nº 1: 2 vehículos para hospitalización a domicilio (24.500 A).

Lote nº 2: 1 vehículo transporte furgón (23.000 A).

Lote nº 3: 1 vehículo transporte combi/mixto (24.000 A).

Lote nº 4: 1 ambulancia asistencial (tipo II, Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario) (42.500 A).

Con posibilidade de licitar a un, a varios ou á totalidade dos lotes.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: 15 días.

Admisión de variantes: unha.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver puntos 16 e 17 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Prezo: ata 40 puntos. 2) Funcionalidade/Prestacións: ata 20 puntos. 3) Servicio técnico: ata 20 puntos. 4) Prazo de garantía: ata 15 puntos. 5) Melloras sobre as prescricións técnicas: ata 5 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria deben ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http://www.sergas.es.

Garantías: provisional: 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados e lacrados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, antes das 14 horas do décimo segundo día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de RR.EE. do Complexo Hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou

festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 12 de marzo de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense