Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de modificación de bases de convocatoria.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar con data do 6 de febreiro de 2003, modifícanse as bases específicas da convocatoria para a provisión en propiedade de catro prazas de garda da polícia local, e ábrese un novo prazo para presentar solicitudes:

1. Proceder á modificación das bases da convocatoria específica para a provisión en propiedade de catro prazas de garda da policía local, publicadas no BOP nº 283, do 11 de decembro de 2002, segundo se recolle no BOP nº 37, do 14 de febreiro de 2003.

2. Abrir un novo prazo de vinte días naturais a partir da publicación deste anuncio no BOE, sen prexuízo de respecta-la lista de aspirantes que xa presentaron a súa solicitude baseada nas bases anteriores a esta modificación.

Cambre, 17 de marzo de 2003.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde