Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de rehabilitación da escola de San Román de Vilaestrofe.

Aprobado pola Comisión do Goberno, en sesión do 13 de marzo de 2003, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación da obra de reha

bilitación da escola de San Román de Vilaestrofe segunda fase, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito (8) días hábiles para efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril; simultaneamente, anúnciase o concurso de referencia, aínda que a licitación se aprazará no suposto de que formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas, ata que as resolva a corporación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo; praza do Concello, 27891, Cervo (Lugo). Teléfono: 981 55 77 77, fax: 982 55 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais informacións que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto.

Trátase da realización das obras de rehabilitación da escola de San Román de Vilaestrofe (Cervo), en San Román de Vilaestrofe, concello de Cervo, de conformidade co proxecto técnico redactado para o efecto polo arquitecto José Fco. Díaz Moscoso.

As empresas interesadas en participar neste concurso deberán someterse, desde o punto de vista técnico, ó proxecto de referencia.

b) Lugar de execución: San Román de Vilaestrofe-Cervo.

c) Prazo de execución: as obras deberán ser executadas, como mínimo, de acordo co calendario de xustificación establecido no convenio asinado, e polo que se conceden as axudas económicas para esta obra.

En particular, as obras deberán estar executadas e certificadas, na contía anual que corresponda, antes do día 1 de novembro de cada exercicio económico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que servirá de base na licitación ascende a un total de 186.519,65 euros, IVE, demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Requisitos.

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría c.

A solvencia económica, financeira e técnica acreditaranse de conformidade co establecido nos artigos 16 y 17 do TRLCAP aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000.

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, ponderando sobre un tope de 10 puntos, serán os seguintes:

-Prazo de execución das obras: ponderado ata 6 puntos, significando que se valorará neste punto o feito de que a anticipación das obras se refire non a cada unha das anualidades, senón ó investimento total.

-Maiores unidades de obra por conta e cargo do adxudicatario, valoradas a prezos de execución material: ponderando ata 3 puntos.

-Menor prezo ofertado: ponderado ata 1 punto.

8. Presentación de ofertas.

a) As ofertas prsentaranse no Concello de Cervo, en man, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: figura descrita na cláusula décimo primeira do prego de condicións.

9. Clasificación de documentación e apertura de plicas: terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 17 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide con sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios e tributos e outros derivados da contratación: por conta do adxudicatario.

Cervo, 14 de marzo de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde