Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en virtude do indicado na disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, procédese a publica-lo seguinte acordo adoptado en sesión ordinaria do Pleno do 25 de febreiro de 2003.

6. Expediente do Plan parcial, por iniciativa de Sinergías Dezanas, S.L.

Sometida a votación ordinaria a proposta, tivo lugar o seguinte resultado:

Votos a favor: trece (13), once do PP e dous do PSG-PSOE.

Votos en contra: ningún.

Abstencións: tres (3), dúas (2) do BNG e unha de Ramiro Ruibal Fuentes, que estaba ausente momentaneamente no debate e votación deste punto da orde do día.

En consecuencia, por maioría (o número de votos a favor supera a maioría absoluta) aprobuse a proposta co seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan parcial ó norte do río Pontiñas, de iniciativa particular da empresa Sinergías Dezanas, S.L. e redactado pola arquitecta María José González Suárez, cos documentos e planos que figuran no expediente.

Segundo.-Prosegui-la tramitación do expediente cumprindo as determinacións previstas na Lei 7/1995, de delegación de competencias, remitindo anuncio do acordo ó DOG, o texto da normativa ó BOP, e remitindo dous exemplares do documento aprobado e un do expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de acordo co disposto na disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Lalín, 4 de marzo de 20023.

O alcalde presidente

Rubricado