Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 25 de marzo de 2003 Páx. 3.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle de aliñacións e ordenación de volumes en avda. Benigno Quiroga, esquina travesía Julio Iglesias.

O Pleno do Concello de Láncara (Lugo), en sesión do 20 de febreiro de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle de aliñacións e ordenación de volumes en avda. Benigno Quiroga, esquina travesía Julio Iglesias.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudio de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Láncara, 3 de marzo de 2003.

Eladio Capón López

Alcalde