Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2003 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación; acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en

dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 20-12-2002.

Obxecto: construcción de edificio para centro cultural veciñal da parroquia de Sobrán e dotalo de instalacións axeitadas para o adestramento do remo e almacenaxe de embarcacións.

Porto: Vilaxoán.

Adxudicatario: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Prazo: 20 anos.

Resolución: 20-1-2003.

Obxecto: modificación da concesión administrativa outorgada por Resolución do 19-10-2000 para a construcción dun local para almacén e instalacións do club no porto de Corcubión, consistente na instalación dun bar nunha dependencia do local en cuestión.

Porto: Corcubión.

Adxudicatario: Club Marítimo Carrumeiro.

Prazo: ata o 24-10-2015.

Resolución: 3-3-2003.

Obxecto: legalización de almacén de aceites, material de recambios para barcos e taller de reparación de pezas destes.

Porto: Burela.

Adxudicatario: Frenos Carpe, S.L.

Prazo: 15 anos.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución que faga público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia