O Pleno deste concello, na súa sesión do 9 de abril de 2003, acordou aprobar inicialmente o expe
diente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no ámbito da denominada Unidade de Execución Integral UEI-4, na Rúa do Rollo-Cal das Barras. En cumprimento do artigo 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no expediente queda exposto ó público no servicio de urbanismo deste concello durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación, para os efectos de cumpri-lo trámite esixido no citado artigo.
Betanzos, 10 de abril de 2003.
Manuel Lagares Pérez
Alcalde

