Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 24 de marzo de 2003, acordou a aprobación inicial do proxecto de delimitación do polígono ou unidade de actuación delimitado polos eixes das rúas nº 6, 18 e 20 polo límite norte e polo límite sur paseo marítimo, correspondente ó ámbito da modificación puntual de Barraña, aprobada polo Concello Pleno en sesión extraordinaria realizada o día 20 de xuño de 2001 e cunha superficie total bruta de 16.094 m e unha edificabilidade de 0,8 m/m.

O que se fai público, de acordo co disposto nos artigos 111 e seguintes, 123 e seguintes e 134 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren oportunas respecto da iniciativa durante o prazo de 20 días contados a partir da publicación deste anuncio no DOG, así como examina-lo expediente completo na Secretaría Xeral da Corporación, en horario de oficina.

Boiro, 4 de abril de 2003.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde-presidente