Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 17 de febreiro de 2003, aprobou definitivamente a delimitación do polígono ou unidade de actuación delimitado polos eixes das rúas nº 6, 17 e 18 polo límite norte e polo límite sur paseo marítimo, correspondente ó ámbito da modificación puntual de Barraña, aprobada polo Concello Pleno en sesión extraordinaria realizada o día 20 de xuño de 2001 e cunha superficie total bruta de 10.458 metros cadrados.

O que se fai público co fin de que os propietarios interesados presenten no prazo de vinte días o proxecto de reparcelación, para os efectos previstos no art. 117 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo e sen prexuízo da notificación persoal a cada un dos interesados ou o exercicio de calquera outro recurso que se considere pertinente.

Boiro, 4 de abril de 2003.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde-Presidente