A Comisión de Goberno, en sesión do 17 de febreiro de 2003, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado por Construcuatro, S.A., coa finalidade de reordenación de volumes e reaxuste de aliñacións do soar sito nos nº 24 e 25 da praza de Barcelos, dentro do rueiro 42 do vixente PXOU, en cumprimento das condicións impostas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, nº 2, desta cidade), e formula-las alegacións e xustificacións que estime procedentes.
Pontevedra, 6 de marzo de 2003.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado
da Área de Urbanismo e Medio Ambiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

