A Comisión de Goberno, en sesión de 19-8-2002, adoptou o seguinte acordo:
Aprobar, con carácter definitivo, a proposta -instada por iniciativa particular pola entidade mercantil Construcuatro, S.A.- de modificación da delimitación da unidade de actuación núm. 34 do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, e sita entre as rúas Doutor Loureiro Crespo e a avenida José Malvar Figueroa, coa finalidade de excluír do seu ámbito un edificio xa construído e existente no seu ámbito e os terreos do mesmo expropiados para a execución do Anel da Eiriña, hoxe avenida José Malvar Figueroa, así como axusta-los seus límites ó parcelario real, fundamentándose esta modificación nun proxecto técnico redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas e Gustavo Pérez Álvarez, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG de data 15-12-1998, desestimándose as alegacións, formuladas por Manuel Cascón Vázquez e Jesús Vázquez Fernández, no período de información pública, de conformidade coas argumentacións expresadas no expositivo do presente, e, fundamentalmente á vista dos
informes do arquitecto xefe da OTPXU que se incorporan a este acto como motivación e fundamento del, nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó se tratar de cuestións alleas ó expediente que nos ocupa, sen prexuízo da consideración do alegado no momento da redacción do Plan Especial de Reforma Interior da devandita unidade.
O que se fai público para a súa executividade, suliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.
Pontevedra, 11 de febreiro de 2003.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Medio Ambiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

