O Pleno da corporación, en sesión do 27 de febreiro de 2003, aprobou a exclusión das parcelas 4, 5, 6, 7 e 8 do expediente de expropiación do polígono 6-7 do Plan parcial de Fontiñas, redactado por Emuvissa.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello, no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2003.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo

