Obxecto: subministración de material de oficina consumible con destino á Deputación Provincial da Coruña.
Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.
Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 2003.
Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.
Orzamento: 71.251,76 euros, desagregado en 18 lotes.
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: lotes 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 11, 13, 14, 15, 16, 17 e 18: non se esixe. Lote 12: 4% do prezo de adxudicación.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.
Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP da Coruña.
A Coruña, 3 de abril de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña

