Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.940

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2003 pola que se publican as axudas concedidas por importe superior ós 50.000.000 de pesetas (300.506,05 euros).

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece, no seu artigo 11, a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, un extracto das resolucións de concesión de axudas cando o importe destas supere os 50.000.000 de pesetas ou así o establezan as bases reguladoras.

Co obxecto de cumpri-lo establecido na citada norma, e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas por un importe superior ós 50.000.000 de pesetas (300.506,05 A), ós beneficiarios que se relacionan no anexo que se xunta

a esta resolución, no que se especifican os seguintes datos:

Nome do beneficiario, norma reguladora, crédito orzamentario, anualidade, cantidade concedida e finalidade da axuda.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio