No Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra tramítase o recurso número 42/2003 (procedemento abreviado) interposto por Margarita Santos Costa na súa condición de aspirante incluída na lista para vinculacións temporais da categoría de celador (Pontevedra-norte) publicado pola dirección provincial deste organismo con data 23 de setembro de 2002. A recorrente, que figura con 6,89 puntos, pretende a asignación dun total de 8 puntos.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2003.
José Ignacio Lema Piñeiro
Director xeral da División de Recursos Humanos

