Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Concepción Sieiro González e a Asociación de Técnicos da Función Administrativa do Servicio Galego de Saúde.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso número 1/12/2003 interposto por María Concepción Sieiro González e a Asociación de Técnicos da Función Administrativa do Sergas contra as ordes do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño), da Consellería de Sanidade, polas que se convocan procesos extraordinarios de consolidación de emprego para as categorías de técnico superior en organización e administración sanitaria e técnico de grao medio en organización e administración sanitaria.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos