Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes que se citan.

Subministracións:

Expediente nº: 020/03.

Obxecto: forno incinerador de residuos animais para a facultade de veterinaria.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 165.800 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 3.316 euros.

Prazo de entrega: 4 meses.

Expediente nº 023/03.

Obxecto: equipamento de devasas e redes privadas virtuais para a rede de datos da USC.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 40.600 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: 812 euros.

Prazo de entrega: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) División por lotes e número: os especificados nos pregos de cláusulas.

d) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

e) Prazo de entrega/execución: o mencionado para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Unidixital, Rosalía de Castro, 45, 15706 Santiago de Compostela (teléfono 981 55 30 32); correo electrónico: info*unidixital.com; páxina web: unidixital.com ou na copistería Unicopia, avenida de Madrid, 11-15, 27002 Lugo (teléfono 982 28 03 85).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 54 70 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se ten que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

-Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado. Rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradorio, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

-Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: Servicios Centrais do Campus de Lugo (edifico Biblioteca Intercentros).

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2003.

P.D. (Resolución 10-7-2002)

Miguel A. Vázquez Taín

Vicerrector de Economía e Financiamento