O Pleno do concello, en sesión celebrada o 28 de febreiro de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle para establece-lo sinalamento de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes para a parcela sita na avda. da Mariña, s/n, San Cibrao, promovida por Ramón Otero Vázquez e redactado pola arquitecta Nuria Campos Díaz.
Segundo.-Publica-lo presente acordo de aprobación definitiva no prazo dun mes desde a súa adopción no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP.
Terceiro.-Dar traslado dunha copia autenticada e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do concello, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.
Cuarto.-Liquidar á promotora os gastos derivados da tramitación do expediente.
Contra o citado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.
Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo de interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, ou noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.
Cervo, 31 de marzo de 2003.
José Insua Pernas
Alcalde

