Polo prazo de trinta días hábiles e para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación de gando porcino en Teixeiro-Curtis, promovido por General Ganadera Gallega, S.A., que estará exposto nos seguintes organismos: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente (A Coruña), Concello de Curtis.
Teixeiro, Curtis, 20 de marzo de 2003.
Javier Cainzos Vázquez
Alcalde-presidente

