Por decreto da Alcaldía-Presidencia, do 22 de abril de 2003, aprobouse inicialmente o proxecto do Plan de sectorización de Cidade Xardín en Vinculeiro,
coa condición de completa-la documentación e formaliza-las observacións contidas no informe do enxeñeiro, antes da aprobación definitiva, e somete-lo proxecto a información pública durante o prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG, con notificación persoal ós propietarios dos terreos afectados, de acordo co establecido no artigo 86 da Lei 9/2000, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ferrol, 22 de abril de 2003.
Xaime Bello Costa
Alcalde

