Por acordo plenario, con data do 11 de abril de 2003, aprobouse definitivamente o estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes na rúa Tiro Naval Janer, esquina camiño de Señoráns.
Faise constar que con data do 15 de abril se remitiu á Dirección Xeral de Urbanismo, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, copias autenticadas, debidamente dilixenciadas, dos planos e documentación que contén o estudio de detalle.
O devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo.
Marín, 15 de abril de 2003.
Antonio Santiago Fernández
Alcalde-presidente

