Por decreto de Alcaldía-Presidencia, de data 19 de decembro de 2002, foi aprobado inicialmente o proxecto de urbanización do ámbito delimitado en Vertín-Mondego, e tramitado por instancia de Promociones Nova Sada, S.L. Dando cumprimento ó disposto na Lei do solo de Galicia o expediente sométese a un período de información pública polo prazo dun mes contado a partir da última publicación do anuncio do DOG ou no xornal El Ideal Gallego, podendo os interesados presentar cantas alegacións estimen oportunas, estando o expediente á súa disposición na secretaría municipal.
Sada, 2 de abril de 2003.
Ramón Rodríguez Ares
Alcalde

