Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o obxecto do contrato é a prestación do servicio de conservación e mantemento das instalacións de iluminación pública e instalacións eléctricas das dependencias municipais do Concello de Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: o prezo de licitación establécese na cantidade máxima de 704.831,11 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o contrato terá unha duración de 2 anos prorrogables.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela ata as 14 horas do día 6 de xuño de 2003.

Información: Sección de Contratación do Concello de Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copistería Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación do contratista.

Grupo P, subgrupo 1, categoría d.

Grupo III, subgrupo 7, categoría d (disposición transitoria única, número 2, do RXLCAP).

Criterios de adxudicación: son os sinalados no número 17 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías. Provisional: 2% do tipo de licitación (14.906,62 euros). Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello o día 9 de xuño de 2003, ás 12 horas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde