De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento das empresas relacionadas no anexo, relativo á axuda ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable (Orde do 7 de xullo de 1997, DOG nº 139, do 21 de xullo), que o presidente do Igape acordou iniciar expediente de incumprimento, ó estimar que a entidade non
acreditou ningunha das condicións establecidas na resolución de concesión.
Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n, e concédeselle un prazo de quince días desde a súa publicación no DOG para que alegue e presente os documentos e xustificantes que estime pertinentes ó seu dereito.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2003.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica
ANEXO
EMPRESA EXPEDIENTE INCUMPR. CONCESIÓN AXUDA
Nº
DATA INICIO
DATA RES.
ROM VIDEO DIXITAL, S.L. 97/0008/PO 14-2-2003 27-7-1999
GALIVISION, S.A. 97/0015/PO 14-2-2003 27-7-1998
CANTERAS OCIMAR, S.L. 98/0013/LU 17-2-2003 1-3-1999
PIROTECNIA ARTEFOGO, S.L. 98/0060/CO 13-2-2003 30-12-1998
ESCUELA INFANTIL TRASNOS, S.L. 98/0064/CO 14-2-2003 1-3-1999
HOTELES BRADOMIN, S.L. 97/0012/PO 14-2-2003 27-7-1998
GESTION ECUESTRE DE GALICIA, S.L. 98/0064/PO 17-2-2003 1-3-1999

