A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense; rúa Ramón Puga, número 52, 32005 Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.
c) Número de expediente: C.P. 33/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: servicio de transporte e distribución de carros de comidas no Complexo Hospitalario de Ourense.
b) Data de publicación: Diario Oficial de Galicia do 17-1-2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: 133.000 euros (IVE incluído).
5. Adxudicación:
a) Data: 26 de marzo de 2003.
b) Adxudicatario: Severiano Gestión, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 130.277,55 euros (IVE incluído).
e) Período de execución do contrato: dous anos.
Ourense, 31 de marzo de 2003.
Alfonso Clemente González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense

