De conformidade e para os efectos previstos nos artigos 48.2º e 50.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, artigo 8.D da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo (artigo 92.2º da vixente Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia), e artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 14 de marzo de 2003, aprobou definitivamente a modificación puntual nº IV das NOSP referente á nova redacción do capítulo VIII para a incorporación dunha nova característica de solo de tipo comercial para o desenvolvemento previsible no solo apto para urbanizar normal, e fíxase a unidade mínima de actuación en SAU/N outorgando nova redacción ó capítulo VIII.3 para mellor definición e cuantificación superficial da unidade mínima de actuacións en SAU/N, coa delimitación de 3 sectores de planeamento para o seu
desenvolvemento mediante os respectivos plans parciais.
A Estrada, 26 de marzo de 2003.
Ramón Campos Durán
Alcalde

