Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003 pola que se anuncia a poxa que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento mediante poxa por procedemento aberto, da parcela R.8.4 do polígono B do SUNP-6 de San Lázaro.

Orzamento de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é de 418.302 euros IVE incluído.

Neste prezo non están os custos de urbanización que serán por conta do adxudicatario nas condicións establecidas no prego de cláusulas económico-administrativas que rexe esta contratación.

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas das 9 ás 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Fianza provisinal: 2% do tipo de licitación: 8.366,04 euros.

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación das proposicións.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde