Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa sesión do día 31 de outubro de 2002, relativo á concesión definitiva do servicio de radiodifusión en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, resulta necesario darlle publicidade,
unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesións de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes de emisoras de FM para a súa explotación polas corporacións locais. En consecuencia,
RESOLVO:
Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 31 de outubro de 2002, polo que se lle outorga a concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, a favor do Concello de Redondela (Pontevedra) para esa mesma localidade, coas características técnicas que figuran no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2003.
Ignacio José Otero López
Director xeral de Comunicación Social
e Audiovisual
ANEXO
O Consello da Xunta de Galicia, en reunión do día 31 de outubro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Outorga-la concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal, a favor do Concello de Redondela (Pontevedra) para esa mesma localidade.
As características técnicas que se lle asignan son:
-Frecuencia (MHz): 94.9.
-Localidade: Redondela.
-Provincia: Pontevedra.
-Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude): 08º W 36' 26''; 42º N 17' 13''.
-Cota (m): 5.
-Denominación da emisión: 256KF8EHF.
-Potencia radiada aparente máxima: 150 W.
-Potencia máxima do equipo transmisor: 100 W.
-Potencia de saída autorizada do transmisor: 97 W.
-Sistema radiante (tipo/elementos): omnidireccional/2.
-Ganancia máxima da antena (dB): 0.
-Directividade: non directiva.
-Sectores de radiación: -
-Altura sobre o chan, do centro eléctrico da antena (m): 28.
-Altura do mastro sobre o chan (m): 28.
-Altura efectiva máxima (m): 70.
-Polarización da emisión: polarización mixta.
-Observacións: -.

