Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 23 de xaneiro de 2003, relativo á concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter comercial, resulta necesario darlle publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora de carácter comercial; no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia,
RESOLVO:
Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 23 de xaneiro de 2003, polo que se outorga a concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Radio Popular, S.A. COPE, para a localidade de Vilagarcía de Arousa, coas características técnicas que figuran no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2003.
Ignacio José Otero López
Director xeral de Comunicación e Audiovisual
ANEXO
Que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintetrés de xaneiro de dous mil tres, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Outorga-la concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor da empresa Radio Popular, S.A. COPE, para a localidade de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
As características técnicas que se asignan a esta emisora son as seguintes:
-Frecuencia (MHz): 89.6.
-Localidade: Vilagarcía de Arousa.
-Provincia: Pontevedra.
-Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude): 008º W 41' 41''; 42º N 28' 05''.
-Cota (m): 613.
-Denominación da emisión: 256KF8EHF.
-Potencia radiada aparente máxima: 2 kW.
-Potencia máxima do equipo transmisor: 933 W.
-Potencia de saída autorizada do transmisor: 933 W.
-Directividade: directiva.
-Sectores de radiación: 280:20.
-Altura sobre o chan, do centro eléctrico da antena (m): 39.
-Altura do mastro sobre o chan (m): 60.
-Altura efectiva máxima (m): 619.
-Polarización da emisión: polarización vertical lineal.
-Observacións:-.

