Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003 pola que se anuncia concurso público para a contratación das obras de construcción dunha edificación nos terreos lindantes ó balneario de Cortegada (concello de Cortegada-Ourense), para a súa dedicación a actividades turístico-termais, polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto e trámite de urxencia das obras que se citan:

-Obxecto: obras de construcción dunha edificación nos terreos lindantes ó balneario de Cortegada (concello de Cortegada-Ourense), para a súa dedicación a actividades turístico-termais.

-Orzamento de licitación: 1.502.530,26 euros (un millón cincocentos dous mil cincocentos trinta euros con vinteseis céntimos), IVE incluído.

-Clasificación: grupo C, subgrupos todos, categoría e.

-Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

-Prazo de execución: 14 meses.

-Exposición de proxectos: o proxecto e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural.

-Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, unicamente, no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do Complexo Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, tendo que aterse ó disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

-Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do vixésimo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a mesa realizarase o día hábil seguinte.

-Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo