Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións, polo procedemento aberto, para o equipamento con destino a distintos servicios cirúrxicos e ó de anestesia-reanimación. Plan de Necesidades 2003. Referencia C. 173/2003.

O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

Nº referencia expediente: C. 173/2003.

Obxecto: equipamento con destino a distintos servicios cirúrxicos e o de anestesia-reanimación. Plan de Necesidades 2003.

Orzamento total: 232.972 A.

Garantía provisional: 5.339,44 A.

Lote nº 1: estacións de traballo de anestesia (2 unidades). (Hospital Juan Canalejo).

Prezo máximo: 68.000 A (2 unidades).

Lote nº 2: equipo de anestesia (1 unidade). (Sala de exploracións de endoscopias dixestivas).

Prezo máximo: 25.000 A.

Lote nº 3: estación de traballo de anestesia (1 unidade). (Hospital Materno-Infantil).

Prezo máximo: 32.000 A.

Lote nº 4: microscopio cirúrxico (1 unidade). (Servicio de Neurocirurxía).

Prezo máximo: 100.256 A.

Lote nº 5: mesa cirúrxica (1 unidade). (Servicio de Cirurxía Xeral B).

Prezo máximo: 41.716 A.

1. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministracións.

2. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

4. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73, fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http://www.sergas.es

7. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

8. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xestión do complexo hospitalario universitario (planta soto do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de maio de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña