Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia de Ourense, pola que se acorda a revisión das táboas salariais para o ano 2003.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia de Ourense (código convenio 3200545), publicado no BOP nº 150, do 2 de xullo de 2002, pola que se acorda a revisión da táboa salarial para o ano 2003, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31 de xaneiro de 2003, subscrito con data do 23 de xaneiro de 2003, pola comisión paritaria deste, en representación da parte económica e da parte social, esta delegación provincial de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de febreiro de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo

do comercio de alimentación da provincia

de Ourense para os anos 2002-2003

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Rafael Souto Outeda.

Francisco Duarte Vázquez.

Luis García Cabreros.

Pola parte sindical:

CC.OO.: José Gómez Gómez.

UGT: Concepción López Caride.

CIG: Virxiña Cortiñas Bolaño.

FETICO: Luis Cardero.

USO: José Luis Valcarcel Baiget.

En Ourense, sendo as 17.30 horas do día 23 de xaneiro de 2003, reúnense os membros da comisión paritaria do convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia de Ourense para os anos 2002 e 2003 co fin de actualiza-los salarios para o segundo ano de vixencia do convenio.

A representante empresarial di que, segundo o establecido no artigo 10 do convenio colectivo, o incremento salarial para o 2003 será o IPC+1%. Tendo en conta que o IPC o 31 de decembro foi o 4% o incremento para aplicar é dun 5%.

Tendo isto en conta, chégase ós seguintes acordos:

1. Modificación do artigo 12 que actualiza a contía das axudas de custo.

A contía destas será a seguinte:

-Axuda de custo completa: 31,90 euros.

-Xantar: 11,96 euros.

-Cea: 7,97 euros

-Almorzo: 2,40 euros

2. Modificación do artigo 20 que actualiza a gratificación de actividade.

Tódolos traballadores percibirán en concepto de gratificación de actividade a cantidade de 40,90 euros mensuais, aplicándose a citada cantidade en 12 mensualidades.

E sen máis puntos que tratar levántase a sesión cando son as 18.15 horas no mesmo lugar e data establecido no inicio, levantándose para o efecto esta acta, que en proba de conformidade, asinan os presentes por exemplar sextuplicado.

ANEXO

Táboa salarial para o ano 2003

GrupoCategoríasSalario

base

Salario

anual

I.A)Director817,8612.267,90
I.B)Xefe de administración, xefe de vendas, xefe de compras766,7511.501,25
I.C)Supervisor, coordinador xeral, xefe de centro715,6010.734
II.A)Xefe de almacén, xefe de supermercado, xefe de sección674,7310.120,95

GrupoCategoríasSalario

base

Salario

anual

II.B)Analista, responsable de expedición, recepcionista665,289.979,20
II.C)Oficial administrativo, programador644,059.660,75
III.A)Mecánico, electricista, oficial de 1ª chofer, operador informática, capataz, viaxante623,6359.354,45
III.B)Dependente, oficial de 2ª chofer, auxiliar de caixa repoñedor, auxiliar de caixa dependente, auxiliar de caixa, auxiliar de gravación, auxiliar administrativo, axudante mecánico, axudante electricista, peón de mantemento, mozo especializado 592,958.894,25
III.C)Telefonista, mozo de reparto, mozo repoñedor, oficial de 3ª, axudante, persoal de limpeza572,50 8.587,50