Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de abril de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Santiaguiño e outro pertencentes á parroquia de Louredo do concello de Mos.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 19 de outubro de 2000, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Mos.

Parroquia: Louredo.

Nome do monte: Santiaguiño.

Superficie: 0,5886 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: termo municipal de Redondela.

Sur: estrada que vai ós Cabaleiros.

Leste: camiño veciñal e estrada.

Oeste: monte veciñal en man común de Guizán nunha liña recta desde o Miliario Romano (Marco de Padrón de Ante) pasando pola esquina norte da capela de Santiaguiño (fachada de levante) e toma dirección sur en liña recta ata a estrada que vai ós Cabaleiros.

Servidumes e ocupacións:

No norte desta parcela unha vivenda con industria a nome de Camilo Campos Pedrido e fillos. Parte do xardín da capela do Santiaguiño na zona sur da parcela.

Nome do monte: Santiaguiño de Abaixo.

Superficie: 1,210 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Luis Lago Lago, Carmen Alonso Lago, José Pereira Alonso, Antonio Pereira Ricón, Francisco Lago Rodríguez e Jesús Pereira Alonso.

Sur e oeste: estrada de Louredo a Vilar.

Leste: camiño.

Servidumes e ocupacións:

Gasoducto 28x4 m. Arqueta de auga. Apoio e voos de liñas de media e baixa tensión.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir perante este tempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º

do Decreto 260/1992, do 2 de setembro, polo que se aproba a Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 3 de abril de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra