A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 30-4-2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela número 2 (avda. Ramón Ferreiro-rúa Salvador de Madariaga) da unidade de actuación Centro Sur nº 6, do PXOU vixente, promovido por Promociones Seminario Mayor, S.L.
Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.
Lugo, 2 de maio de 2003.
P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Infraestructura e Medio Ambiente

