Convócanse, mediante procedemento aberto o concurso, para a adxudicación da obra de abastecemento de auga a Padrenda conforme o proxecto técnico e as cláusulas administrativas particulares que se consideran parte integrante deste contrato.
1. Obxecto do contrato: é a adxudicación da obra de abastecemento de auga a Padrenda. 2. Prazo xeral de execución: fíxase en catro meses desde a data da realización da comprobación do replanteo. 3. Tipo de licitación: o orzamento total do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total de 76.721,63 euros, IVE incluído. 4. Capacidade para contratar: están capacitados para contrata-las persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c, ou a solvencia económica, financeira e técnica nos termos dos artigos 16 e 17 do TRLCAP, e que non estean afectados por ningunha das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar. 5. Garantías. Provisional: non
se esixe. Defintiva: será do 4% do importe de adxudicación. O período de garantía fíxase nun ano desde a aprobación da acta de recepción da obra, durante o cal a conservación das obras será por conta do contratista. 6. Presentación de proposicións. Lugar e prazo: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación, no BOP ou DOG. 7. Documentación: a esixida na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares. 8. Obtención e documentación e información: no Concello de Meaño; rúa Campo da Feira, nº 1, As Covas, 36968 Meaño. Teléfono 986 74 71 02 e fax 986 74 73 91. 9. Criteros que servirán de base para a adxudicación: os que figuran no cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares. 10. Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase ás 13 horas do día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de
proposicións. 11. Gastos de publicación: será por conta do adxudicatario o anuncio de licitación. 12. Tramitación ordinaria; procedemento aberto e forma concurso.
Meaño, 8 de abril de 2003.
Jorge Domínguez Rosal
Alcalde

