O Pleno do concello, en sesión celebrada o día 24 de marzo de 2003, aprobou o prego de condicións económico-administrativas e técnicas que rexen o concurso para a adxudicación por concesión da xestión integral dos servicios municipais de captación, distribución e subministración domiciliaria de auga potable, saneamento e depuración das augas residuais, prego que se somete a información pública polo prazo de 8 días hábiles a partir da publicación desta edición.
Simultaneamente, convócase o concurso para a adxudicación para a concesión administrativa, concurso que só se suspenderá se durante a información pública do prego se producen reclamacións.
As características do concurso figuran no prego de condicións e resúmense a continuación:
-Entidade adxudicadora: Concello de Moaña. Secretaría xeral do concello.
-Obxecto do contrato: adxudicación por concesión administrativa da xestión indirecta do servicio inte
gral de abastecemento de augas, saneamento e depuración de residuais.
-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso, procedemento aberto e tramitación ordinaria.
-Duración do contrato: 25 anos.
-Canon da concesión: o concello percibirá en concepto de canon a diferencia entre o ingreso polas tarifas vixentes e o custo unitario do servicio.
-Prezo do concesionario: o custo unitario do servicio ofertado polo licitador adxudicatario e as súas revisións periódicas.
-Ofertas: versarán sobre o custo unitario do servicio coa proposta de tarifas e melloras ou investimentos.
-Obrigas específicas do concesionario: pagar por conta do Concello de Moaña ó Concello de Vigo a cantidade de 1.058.146,30 euros, a Espina e Delfín, S.A. 311.810,13 euros e a Augas de Galicia 59.456,48 euros.
-Garantía provisional: 6.000 euros.
-Documentación: o licitador deberá presentar tres sobres pechados e asinados, no que no primeiro, denominado sobre A, conterá a documentación xeral esixida para formar parte no concurso, o segundo, sobre B, a documentación correspondente ás referencias técnicas, e o terceiro, sobre C, a proposición económica axustada ó modelo.
-Lugar de presentación: na secretaría xeral do Concello de Moaña, casa do concello, rúa Ramón Cabanillas, 108, 36950 Moaña, ou por correo de maneira regulamentaria.
-Data límite de presentación de ofertas: o último día dos 26 días naturais seguintes ó de publicación do anuncio da convocatoria no BOP de 9 a 14 horas de luns a venres, tendo en conta que se o último día do prazo fora sábado ou festivo o prazo prorrogarase ata o día hábil seguinte.
-Apertura de plicas: no salón de actos da casa do concello, rúa Ramón Cabanillas 108, Moaña, ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, ou, se coincidira en sábado, o día hábil seguinte. Se se recibisen anuncios de presentacións de plicas por correo a apertura posporíase ata o día hábil seguinte ó de cumprirse dez días naturais desde o remate do prazo licitatorio.
-Gastos de anuncios: por conta do licitador adxudicatario.
As condicións completas, do que este anuncio é un resumo, figura no prego de condicións que consta no expediente á disposición dos posibles licitadores na secretaría xeral do Concello de Moaña e no BOP
en que se anuncia convocatoria do concurso en que se publican integramente.
Moaña, 3 de abril de 2003.
O alcalde
Rubricado

