De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación
personal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego do Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luis Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, á norte) da Coruña, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 7 de abril de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 15-3620/2002.
Interesado: Unitec Coruña, S.A.
NIF/CIF: B-15375082.
Acto notificado: incoación.

