Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración sucesiva de lencería por procedemento aberto e tramitación ordinaria (C.P. 20/2003).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), unha vez rematados os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria:

1. Obxecto e orzamento.

A adquisición de lencería para o Hospital Comarcal Valdeorras por un importe máximo de 36.545,99 euros, IVE incluído.

O obxecto deste concurso divídese en seis lotes, que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separada:

Lote nº 1: roupa para persoal de oficio, 1.667,24 A.

Lote nº 2: outra roupa de persoal, 6.415,25 A.

Lote nº 3: lencería de camas, 13.333 A.

Lote nº 4: lencería de pacientes, 5.610,50 A.

Lote nº 5: lencería de quirófano, 3.010 A.

Lote nº 6: lencería de aseo, 6.510 A.

2. Prazo de execución.

A execución do contrato terá lugar desde a súa formalización ata o 31 de decembro de 2003.

3. Prazo de entrega.

O material obxecto deste concurso deberá ser entregado mediante entregas periódicas segundo as necesidades do servicio de lencería do centro.

4. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras; rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300), tfno.: 988 33 90 61.

5. Garantías.

Deberá consignarse unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por importe de setecentos trinta euros con noventa e dous céntimos (730,92 A). No suposto de non participar en tódolos lotes, o importe da garantía que se vai constituír por cada un deles é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. Así mesmo, deberase constituír unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación. As ditas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia económica, financeira e técnica.

Acreditaranse por calquera dos medios, alomenos un en cada caso, sinalados nos artigos 16 e 18 da citada norma.

7. Clasificación.

Non se precisa.

8. Criterios de adxudicación.

1º) Prezo: ata 40 puntos.

2º) Prazo de entrega: ata 30 puntos.

3º) Melloras na calidade: ata 30 puntos.

9. Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha ou de dúas variantes.

10. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data

de imposición do envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 11 de abril de 2003.

Dionisio López Bellido

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras