O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), resolve convoca-los concursos públicos seguintes:
Expediente C.P. 16/2003.
Obxecto: adquisición de froitas e hortalizas frescas (2 lotes).
Orzamento: 181.187,85 A, IVE incluído.
Expediente C.P. 17/2003.
Obxecto: adquisición de productos conxelados (2 lotes).
Orzamento: 206.567,50 A, IVE incluído.
Expediente C.P. 20/2003.
Obxecto: adquisición de productos de panadería; lácteos e derivados; e ovos (6 lotes).
Orzamento: 188.932,56 A, IVE incluído.
Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran nos pregos.
Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario.
Prazo de execución: un ano desde a formalización do contrato, en entregas sucesivas, segundo necesidades.
Admisión de variantes: non se admiten.
Solvencia económica, financeira e técnica: ver puntos 16 y 17 da cara dos pregos de cláusulas.
Criterios de adxudicación: 1) Prezo, ata 50 puntos. 2) Calidade, ata 35 puntos. 3) Melloras sobre o servicio, ata 15 puntos.
Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas e demais documentación complementaria deben ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario de Ourense; rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración, planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http://www.sergas.es.
Fianzas: provisional: ver punto 10 da cara dos pregos. Definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote/s adxudicado/s, á formalización do contrato.
Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.
Apertura de proposicións: en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos do complexo hospitalario, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.
Ourense, 14 de abril de 2003.
P.D. (Decreto 211/1998; DOG do 13 de xuño)
Francisco Javier Puente Prieto
Director operativo do Complexo Hospitalario
de Ourense en funcións de xerente xeral

