No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra tramítase o recurso número 73/03-C (procedemento abreviado) interposto por
Patricia Varela Rodríguez na súa condición de aspirante incluída na lista para vinculacións temporais da categoría de ATS/DUE (Vigo), publicado pola dirección provincial deste organismo con data do 23 de setembro de 2002. A recorrente, que figura con 8,39 puntos, pretende a asignación dun total de 11,27 puntos.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2003.
José Ignacio Lema Piñeiro
Director xeral da División de Recursos Humanos

