Por resolución da Alcaldía número 187/2003, do 1 de abril de 2003, aprobouse definitivamente a delimitación da unidade de actuación e a determinación do sistema de actuación por compensación con relación á parcela de 3.773 m, sita no lugar de Sobre a Igrexa, parroquia de Guísamo, deste concello, e propiedade de Antonio Pérez Barrio, S.L., representada por Roberto Pérez Manuel.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da devandita publicación.
Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no número 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.
Bergondo, 1 de abril de 2003.
José Fernández Ramos
Alcalde-presidente

