Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Pleno Corporativo, en sesión de data 10 de abril de 2003, aprobou o prego de condicións técnicas e económico-administrativas que rexerán a venda polo procedemento restrinxido e de poxa de parcela de titularidade municipal de 3.200 m no monte Carrascal e Laxedo da parroquia de Atios, o que se expón ó público durante un prazo de 8 días contados a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, acórdase a apertura do procedemento de adxudicación e a convocatoria da licitación, que se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se presenten reclamacións contra o prego de condicións.

Procedemento: restrinxido e de poxa.

Prazo de presentación de solicitudes de participación: 10 días contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Tipo de licitación: 125.056 euros, IVE non incluído mellorables á alza.

Os interesados poderán consulta-lo expediente na secretaría da corporación en horas hábiles de oficina.

O Porriño, 10 de abril de 2003.

Xosé Manuel Barros González

Alcalde