1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Outes.
2. Obxecto do contrato.
a) Subministración dun tractor para arrastre de máquina limpapraias.
b) Prazo de entrega: 15 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.
4. Orzamento base da licitación: 60.372 euros, IVE incluído.
5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Outes. Teléfono: 981 85 00 03. Fax: 981 85 03 87.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: 2 sobres pechados coa documentación e requisitos da cláusula 9ª dos pregos.
c) Lugar de presentación: rexistro do concello, en horario de 9 a 13 horas.
8. Apertura das ofertas.
a) Na casa do concello, ás 14 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de coincidir en sábado trasladarase ó luns.
9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.
Outes, 15 de abril de 2003.
Carlos E. López Crespo
Alcalde

