Por resolución desta alcaldía nº 1731/2003, do 25 de abril de 2003, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle en parcela sita en Mera, rúa Cividanes nº 15, Serantes, tramitado por 2007 Gestión Urbanística, S.L.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presentar as alegacións que se estimen oportunas.
Oleiros, 29 de abril de 2003.
Esther Pita Pita
Alcaldesa presidenta

