O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 10 de abril de 2003, aprobou a iniciación do procedemento de contratación da obra de rehabilitación Castelo de Moeche 2ª fase e a iniciación do correspondente expediente de licitación mediante concurso con procedemento aberto e tramitación urxente. De conformidade co artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase o correspondente concurso coas seguintes características:
1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Moeche, dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: é obxecto do concurso a adxudicación do contrato de obras de rehabilitación Castelo de Moeche, 2ª fase.
b) Lugar de execución: Moeche.
c) Prazo de execución: 8 meses.
3. Procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 455.014,25 euros.
5. Garantía provisional: 9.100,29 euros.
6. Obtención de información: entidade: Concello de Moeche; domicilio: San Ramón, s/n; localidade: Moeche, teléfono: 981 40 40 06.
7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría D.
8. Presentación de ofertas: data límite de presentación: 13 días naturais a partir da publicación do último anuncio (BOP ou DOG).
Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.
Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Moeche.
9. Apertura de ofertas.
Entidade: Concello de Moeche; data e hora: 12 horas do quinto día hábil (agás sábados) contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Moeche, 11 de abril de 2003.
Julio López Romeo
Alcalde en funcións

