No uso das facultades que me confire o artigo 41.14º c) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, procedo a convoca-las probas selectivas para cubrir vacantes existentes no cadro de persoal municipal, sendo as bases xerais e específicas aprobadas pola Comisión de Goberno en sesión do día 3 de marzo de 2003, as seguintes:
Bases xerais e específicas
A) Persoal funcionario.
I. Obxecto da convocatoria.
É a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 2002, que se acordan ofertar e que son as seguintes:
Técnico admón. xeral: 1 praza.
Administrativo de admón. xeral: 2 prazas.
Auxiliar de admón. xeral: 7 prazas.
Auxiliar de servicios internos: 12 prazas.
Subalternos: 4 prazas.
Técnico de prevención de riscos laborais: 1 praza.
Diplomado en traballo social: 3 prazas.
Enxeñeiro técnico industrial: 1 praza.
Enxeñeiro técnico de montes: 1 praza.
Técnico medio laboratorio: 1 praza.
Delineante: 1 praza.
Monitor de educación física: 1 praza.
Garda: 30 prazas.
Oficial de extinción de incendios: 1 praza.
Bombeiro: 3 prazas.
Conductor-bombeiro: 5 prazas.
II. Natureza e características.
En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distintas da libre.
III. Publicidade das convocatorias.
As convocatorias xunto coas súas bases publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio no Boletín Oficial del Estado e na prensa local.
IV. Condicións dos e das aspirantes.
a) Ser español/a.
Os nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea poderán acceder en idénticas condicións cás dos españois a aqueles sectores da función pública ós que, segundo o dereito comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
As reservas a aspirantes de nacionalidade española deberán estar motivadas en estar relacionadas específica e directamente co exercicio do poder público e farase constar expresamente en cada convocatoria específica.
b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 55, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra idade de xubilación distinta dos 65 anos ou unha idade máxima distinta para o ingreso, o que se fará constar nas bases específicas.
c) Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela, na data que remate o prazo de presentación de instancias.
No caso de equivalencia ou homologación deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas.
d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con minusvalidez en igualdade de condicións cos demais aspirantes.
As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas salvo que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.
Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou períodos de prácticas se estivesen previstos, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización. Os interesados deberán formula-la correspondente petición concreta na solicitude de participación.
Para resolver, os tribunais poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.
Nas convocatorias específicas deberá reservarse un 3% das vacantes como mínimo, tanto en quenda libre como en promoción interna, para seren cubertas entre persoas con discapacidade en grao igual ou superior ó 33%, sempre que superen as probas selectivas e que, antes do nomeamento acrediten o indicado grao de discapacidade e a súa compatibilidade co desempeño das funcións propias da praza.
e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.
f) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
g) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na Tesourería municipal do concello ou xustificante de ter ingresado na conta de Caixanova nº 2080 0000 71 0040070137 as cantidades seguintes en concepto de dereitos de exame: para prazas do grupo A e B, 26,74 A; prazas dos grupos C D e E, 15,01 A, no que deberán facer constar a que praza corresponden.
h) De confomidade co artigo 36 do Regulamento de funcionarios da Administración local os aspirantes non poderán ser presidente nin membros electivos da Corporación de Vigo ou presidente ou membros electivos doutra corporación que teña xurisdicción dentro dos límites territoriais da entidade afectada; así mesmo, tampouco poderán ser parentes dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade do presidente nin parentes dentro do cuarto grao de consanguinidade ou segundo de afinidade de calquera dos membros electivos, neste caso excepto cando se trate de oposición; as autoridades que exerzan xurisdicción no territorio da entidade; quen teña contratos ou compromisos de obras, servicios e subministracións coa entidade, ou con establecementos dependentes dela; os que se atopen en litixio coa entidade ou con establecementos que dela dependan, agás que se refira á defensa de dereitos inherentes ó cargo; os debedores directos ou sub
sidiarios a fondos públicos, contra quen se expedise mandamento de constrinximento por resolución firme.
i) Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.
No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título esixido para o acceso á praza e certificado expedido de oficio polo secretario xeral, no que se faga constar que o interesado/a cumpre as condicións para participar, esixidas na convocatoria e, en todo caso, carta de pagamento dos dereitos de exame.
Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.
V. Forma de presentación da documentación que se achegará para a fase de concurso.
Cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición, os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada.
Para a xustificación dos méritos o/a aspirante que deba achegar documentación proveniente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes do remate do prazo de presentación de instancias, deberá achegar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida. En todo caso non procederá a súa valoración se non fose achegada antes da data de celebración da sesión de valoración do concurso.
O tribunal poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustifica-los méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos soamente alegados.
Como excepción se o mérito que se alega é ter prestados servicios no Concello de Vigo, bastará con face-lo constar en declaración xurada que se achegará xunto coa solicitude e na que figure a data ou datas de inicio e finalización dos servicios ó Concello e o departamento, servicio ou unidade na que se prestaron. No caso contrario deberase achega-la correspondente certificación dos servicios prestados por parte do aspirante.
VI. Presentación de solicitudes.
As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Vigo, e presentaranse no rexistro xeral no prazo dos 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para persoal funcionario e anuncio da convocatoria no BOP para persoal laboral por promoción interna.
As instancias tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No rexistro xeral facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.
Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o/a aspirante cando se convoque conxuntamente (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).
VII. Admisión.
Rematado o prazo de presentación de instancias a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e a data da realización das probas e a designación do tribunal cualificador.
A resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, e conterá a indicación de que as listas certificadas completas de admitidos e excluídos encóntranse expostas ó público no taboleiro de edictos da corporación xunto coa composición do tribunal cualificador, concedéndose un prazo de 10 días, a partir do seguinte ó da publicación da resolución no BOP para a corrección por parte de quen fose excluído/a, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da dita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.
A dita lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar que a provisional, así como a resolución das solicitudes de abstención ou recusación, sen necesidade de novo anuncio nos diarios oficiais, nun prazo máximo de un mes a partir da finalización do prazo de reclamacións.
VIII. Tribunal cualificador.
O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros, con voz e voto:
-Presidente: o da corporación ou concelleiro/a en quen delegue.
-Secretario: un funcionario/a con habilitación de carácter nacional ou da corporación integrado na escala de Administración xeral, subescala técnica, designado/a polo órgano convocante.
-Vocais: un representante da corporación. Un representante designado pola Comunidade Autónoma. O xefe/a do servicio correspondente á especialidade. Un ou unha representante da xunta de persoal designado/a por aquel, que deberá contar coa condición de funcionario de carreira da Administración.
Calquera outro que fose preceptivo nomear segundo a normativa vixente, e que se fará constar nas bases específicas.
O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos/as suplentes que serán designados/as xunto cos/coas titulares.
Tódolos membros do tribunal deberán contar cun nivel de titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente, ou estar integrados/as no grupo de titulación que corresponda a aquela.
O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións dun asesor/a, con voz e sen voto, cando excepcionalmente se requira para a adecuada cualificación. Así mesmo, na proba de coñecemento de idiomas oficiais da Comunidade Autónoma, o tribunal poderá acorda-la incorporación como asesor, que será designado pola alcaldía, tamén contará coa asistencia técnico-administrativa dun funcionario/a da Unidade de Persoal.
O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas que se convocan, incorréndose en caso contrario en nulidade de pleno dereito.
Tódalas actuacións do tribunal publicaranse no taboleiro de edictos da corporación e no de anuncios do lugar onde se leven a cabo as probas.
Os membros do tribunal e os asesores que poida designar aquel, que asistan ás sesións percibirán axudas de custo por asistencia na contía legalmente establecida. Para tal efecto as categorías dos tribunais serán as seguintes:
1ª Selección de funcionarios/as do grupo A.
2ª Selección de funcionarios/as do grupo B e C.
3ª Selección de funcionarios/as do grupo D e E.
IX. Comezo dos exercicios.
O comezo dos exercicios deberá anunciarse con 15 días de antelación no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, atrasándose a data de inicio das probas para cumpri-lo citado prazo, se fose preciso.
Os exercicios e probas practicaranse en chamamento único.
Nos concursos-oposicións comezarase pola fase de concurso, reuníndose o tribunal coa antelación necesaria para que se cumpra a data dos exercicios e probas.
A cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición así como a relación de aprobados por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de edictos e no de anuncios do lugar onde se realicen.
X. Sistemas de selección.
Con carácter xeral establécese o concurso-oposición, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro sistema.
1. Fase de concurso:
Para a cualificación da fase de concurso rexerá o seguinte baremo de méritos, salvo que legalmente se esixa outro:
a) Coñecemento e experiencia profesional:
Valorarase con 0,20 puntos por ano ou fracción superior a seis meses sempre despois do primeiro ano, ata un máximo de 2 puntos. Deberase acreditar que corresponden a funcións propias da praza á que se aspira, e acreditaranse con certificación de servicios prestados expedida polo organismo oficial no que se prestaron; ou vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social á que deberá achegarse contrato de traballo inscrito no Inem ou nóminas se os servicios se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se corresponden coas da praza.
b) Por participación en cursos homologados, o certificado de asistencia dos cales sexa expedido por un organismo oficial, centro homologado para impartilos ou colexio profesional, e que teña relación coas funcións de calquera dos postos ós que se adscriba a praza.
No caso de centros ou cursos homologados na certificación que o aspirante presente dentro do prazo para isto establecido, deberá constar a resolución expresa de homologación.
Se se trata de persoal de oficios tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo Inem ou organismo que o substitúa nas distintas comunidades autónomas sempre que teñan relación coas funcións do posto ó que se aspira. Así mesmo, tamén poderán valorarse os impartidos por outros organimos oficiais competentes para imparti-los cursos propios de cada oficio e, os derivados dos Acordos nacionais de formación continua (FORCEM) impartidos por sindicatos ou confederación de empresarios, sempre e cando teñan relación coas funcións do posto ó que se aspira.
-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.
-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.
-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.
-Por cada curso no que non se especifique a duración: 0,10 puntos.
A puntuación máxima por este epígrafe non poderá exceder de 2 puntos.
Nas convocatorias específicas poderá figurar a relación de cursos con dereito a ser valorados.
c) Titulacións ou certificados de estudios que teñan relación coas funcións da praza.
-Por cada título expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores que se alegan como mérito: 1 punto, se son superiores
ós do grupo de titulación da praza; 0,50 puntos se son do mesmo nivel.
-Por cada título expedido por outros organismos oficiais cos mesmos requisitos anteriores: 0,50 puntos.
Neste último caso deberá acreditarse de maneira que faga fe que a duración dos estudios necesarios para obte-lo título é como mínimo dun curso académico ou no seu defecto nove meses.
A puntuación por este epígrafe non poderá exceder de 2 puntos.
2. Fase de oposición:
Salvo que por disposición legal, regulamentaria ou nas bases específicas se dispoña outra cousa, a fase de oposición constará como mínimo de 2 exercicios, un teórico e outro práctico.
O exercicio teórico realizarase con carácter xeral por escrito. Así mesmo, o tribunal poderá acorda-la lectura dos exercicios polos/as aspirantes unha vez finalizada a súa realización, sempre en sesión pública, no caso de que o exercicio sexa eliminatorio o aspirante que non acuda á lectura pública será declarado «non apto» e polo tanto eliminado do proceso selectivo.
A forma de practicarse o exercicio será acordada polo tribunal en cada caso en función das características da praza e o previsto nas bases específicas de cada convocatoria.
No exercicio práctico o tribunal poderá propoñe-los casos prácticos que se sinalen nas bases específicas de cada convocatoria, sempre relacionados coas materias do temario específico, e de acordo con eles establece-la súa duración, sen prexuízo do que poida establecerse nas bases específicas. Así mesmo, cando as características deste exercicio requira o uso de lexislación, non se permitirá o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
A solución dos casos prácticos, ou cando menos os criterios para a súa valoración, deberán ser fixados polo tribunal antes de iniciarse o exame e constar na correspondente acta.
Tamén se poderá practicar unha proba de informática, adecuada ó nivel de titulación e funcións da praza, o que figurará nas bases específicas.
Ademais practicarase unha proba de coñecemento do idioma galego, que fixará o tribunal atendendo á categoría e funcións da praza, sen prexuízo do establecido regulamentariamente ou nas bases específicas de cada convocatoria.
Os exercicios teórico e práctico cualificaranse cun máximo de 10 puntos cada un, quedando eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.
A proba de informática cualificarase cun máximo de 5 puntos, quedando obrigado o aspirante que non obteña un mínimo de 2,5 puntos a participar no
primeiro curso que realice o concello, co fin de obte-la debida capacitación, agás que nas bases específicas se dispoña outra cualificación.
A proba de coñecemento de idioma galego, cualificarase cun máximo de 2 puntos.
A/o aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realize o concello, co fin de obte-la debida capacitación.
A puntuación obtida polo/a aspirante na fase de concurso non poderá exceder do 40% do total da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición, rebaixándose cando fose preciso para non exceder do dito tope.
A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso -co límite máximo do 40% da puntuación total-, nos exercicios da oposición e nas probas de coñecemento de informática e de idioma galego, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.
A puntuación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros do tribunal asistentes á sesión. Non se valorarán a puntuación máis alta e a máis baixa (só unha delas en caso de empate), sempre que entre elas exista unha diferencia de 3 puntos ou máis.
Segundo os grupos ós que pertenzan as prazas, o número de temas será como mínimo o seguinte:
-Grupo A: 90 temas.
-Grupo B: 60 temas.
-Grupo C: 40 temas.
-Grupo D: 20 temas.
-Grupo E: 10 temas.
No temario deberán figura-los temas a que fai referencia o R.D. 896/1991, do 7 de xuño.
Se os exames non foran corrixidos ó remate da proba, introduciranse nun sobre que se pechará e selará, asinando sobre o precinto tódolos membros do tribunal presentes, así como o mesmo número de aspirantes elixidos ó chou. O sobre quedará baixo a custodia do secretario/a para a súa apertura ó inicio da sesión na que se corrixan.
A orde de puntuación dos membros do tribunal será o seguinte: primeiro, o técnico/a do concello; segundo, o/a representante da Comunidade Autónoma; terceiro, o/a representante do comité de persoal; cuarto, o representante da corporación; quinto, o secretario/a e sexto o presidente/a.
Os membros do tribunal só poderán cualifica-los exames daqueles aspirantes ós que corrixiran o exame, ou presenciasen a súa lectura, se é o caso.
No caso de empate, o desempate resolverase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persisti-lo empate polo que obtivese maior
puntuación polo epígrafe de coñecementos ou experiencia profesional; se seguira persistindo o empate, a/o de maior idade.
Naqueles exercicios nos que sexa preciso establecer unha orde de actuación dos/as aspirantes, o tribunal antes do primeiro exercicio da oposición e en sesión pública, efectuará o sorteo para establece-la devandita orde.
XI. Calendario preciso para a realización das probas.
Para o seu inicio aplicarase o disposto na base IX.
Entre a celebración de cada un dos exercicios da oposición (excluídos os non eliminatorios), deberá transcorrer un mínimo de 72 horas e un máximo de 45 días.
XII. Quenda de promoción interna.
A selección por esta quenda rexerase polas mesmas bases que na quenda libre coas seguintes especialidades:
1. A promoción interna consiste no ascenso do persoal dun grupo inferior a un grupo superior dentro da mesma escala ou dunha categoría a outra, dentro do mesmo grupo. Tamén no cambio de escala dentro do mesmo grupo, sempre que se trate de prazas de contido similar e se faga constar nas convocatorias específicas.
2. Réxime de promoción interna:
a) Os/as aspirantes -o persoal municipal que non se atope en situación administrativa de suspensión firme -deberán estar en posesión da titulación esixible legalmente para o acceso á praza ou cumpri-los requisitos que legalmente se autorice que a substitúan e contar cunha antigüidade de cando menos dous anos no corpo ou escala á que pertenzan o día da finalización do prazo de presentación de instancias.
b) As prazas que non se cubran por esta quenda, acumularanse ás de quenda libre, sempre que os exercicios se celebren antes ou simultaneamente cos desta, e o persoal poderá presentarse a ámbalas dúas.
c) Establécese como sistema de promoción o concurso-oposición, salvo que por imperativo legal se esixa outro.
d) Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo, salvo que legalmente se esixa outro ou que nas bases específicas se estableza outro:
1. Antigüidade. Por cada ano ou fracción superior a seis meses, despois do primeiro ano, integrado no grupo ou escala de orixe: 0,30 puntos, ata un máximo de 3 puntos.
2. Por participación en cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, cursos oficiais derivados do cumprimento dos acordos de formación continua de administracións públicas (I, II e III AFCAP), dentro do seu labor de formación e capa
citación permanente do persoal, Academia Galega de Seguridade, outros organismos oficiais competentes para imparti-los cursos, cursos incluídos nos plans anuais de formación do concello, sempre que o certificado de asistencia o expida o concello, e cursos impartidos por colexios profesionais e centros homologados.
Se se trata de persoal de oficios tamén computarán como mérito os cursos impartidos polo Inem ou organismo que o substitúa nas distintas comunidades autónomas sempre que teñan relación coas funcións do posto ó que se aspira. Así mesmo, tamén poderán valorarse os impartidos por outros organimos oficiais competentes para imparti-los cursos propios de cada oficio e, os derivados dos Acordos nacionais de formación continua (FORCEM) impartidos por sindicatos ou confederación de empresarios, sempre e cando teñan relación coas funcións do posto ó que se aspira.
-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.
-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.
-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.
-Por cada curso no que non se especifique a duración: 0,10 puntos.
No caso de centros ou cursos homologados, na certificación que o aspirante presente dentro do prazo para isto establecido, deberá consta-la resolución expresa de homologación.
Para que os cursos poidan ser valorados deberán ter relación coas funcións dos postos ós que poidan ser adscritos os titulares da praza.
Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a poder ser valorados.
A puntuación máxima por este epígrafe non poderá exceder de 2 puntos.
3. Titulacións académicas:
a) Por estar en posesión de titulación superior á esixida para o acceso á praza: 1 punto (só se puntuará unha como máximo).
b) Por estar en posesión doutras titulacións do mesmo nivel que o esixido para o ingreso na praza como mínimo, excluída a que serviu para obte-la que se alega como mérito, sempre que teña relación directa coas funcións dos postos ós que se poida adscribi-la praza segundo a RPT vixente: 1 punto.
A puntuación máxima por este epígrafe non poderá exceder de 2 puntos.
4. Coñecemento do idioma galego:
-Por supera-lo curso/validación de iniciación: 0,25 puntos.
-Por supera-lo curso/validación de perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídico-administrativa: 0,50 puntos.
-Por supera-lo curso de linguaxe xurídico-administrativa media: 0,75 puntos.
-Por supera-lo curso de linguaxe xurídico-administrativa superior: 1 punto.
Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.
O/a aspirante que non acredite ter realizado ningún dos anteriores cursos, efectuaráselle unha proba de coñecementos que se valorará cun máximo de 0,25 puntos. A proba realizarase despois da fase de concurso e antes de iniciarse o da oposición, se estivese prevista, para o que se convocará ós aspirantes que non aporten certificación de contar con ningún curso de lingua galega a través do taboleiro de anuncios.
e) Fase de oposición.
Aplicaranse as mesmas previsións que na quenda libre.
Con carácter xeral o temario dos exercicios será igual para a quenda libre e a promoción interna. Non obstante, sen quebra dos principios de mérito e capacidade, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a comproba-lo coñecemento da praza á que se aspira promocionar.
Por esta quenda non se realizarán exames de coñecemento de idioma galego, salvo que as bases específicas establezan o contrario.
Os aspirantes provenientes desta quenda terán preferencia para elixir destino.
XIII. Achega de documentos.
Tendo en conta que as/os aspirantes para tomar parte nas probas so precisan manifestar na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base IV anterior -salvo a carta de pagamento dos dereitos de exame e os documentos que xustifiquen os méritos que deban ser tidos en conta na fase de concurso- os/as aspirantes propostos/as para ocupa-las prazas convocadas achegarán na Secretaría Xeral (Unidade de Persoal), dentro do prazo de 20 días naturais contados desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos que xustifiquen as condicións de capacidade e demais requisitos contidos na base IV.
A xustificación das condicións dos aspirantes acreditaranse coa seguinte documentación: as das alíneas a) e b) mediante fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de extranxeiros, debidamente compulsados por ámbolos dous lados; a da alínea c) con copia do título oficial ou no seu defecto xustificante de ter efectuado o depósito para obte-lo (no caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá acompañarse certificación do Ministerio de Educación e Ciencia na que se faga consta-la súa equivalencia coa esixida
para o acceso); a da alínea d) deberá acreditarse a través da superación do correspondente recoñecemento médico que contará, con carácter xeral coa amplitude necesaria para acreditar que non padece enfermidade ou defecto físico que lle impida o desenvolvemento das funcións do cargo, e sen prexuízo das probas concretas que poidan esixirse nas bases específicas de cada convocatoria. Se non se esixise o anterior requisito, o aspirante deberá achegar Certificado Médico Oficial ó efecto; ás dos apartados e), f) e h) con declaración xurada ó efecto.
Se dentro do prazo indicado, e salvo causa de forza maior, as/os aspirantes propostos non presentaran a documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer por falsidade.
Quen tivese a condición de funcionario/a público/a está exento/a de presenta-la documentación acreditativa de condicións e requisitos xa acreditados no momento da súa toma de posesión, substituíndoa por un certificado para o efecto do organismo no que prestou os seus servicios.
XIV. Período de prácticas e cursos selectivos.
Nas convocatorias específicas poderase contempla-la realización dun período de prácticas ou un curso selectivo por parte dos/as aspirantes aprobados, durante o cal serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas.
Por resolución motivada do órgano convocante os/as aspirantes que non superen o período de prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados/as funcionarios/as de carreira.
Poderán incorporarse, en todo caso, ó curso inmediatamente seguinte que se realice coa puntuación asignada ó último dos participantes naquel. De non superalo tampouco, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.
XV. Nomeamento.
Finalizado o proceso selectivo e o período de prácticas ou curso selectivo, se é o caso, os/as que o superen serán nomeados/as funcionarios/as de carreira.
Os nomeamentos deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia.
XVI. Toma de posesión.
Os nomeamentos notificaránselles ós interesados/as para que tomen posesión no prazo dun mes. Quen non o faga sen causa xustificada será declarado en situación de cesante.
Previamente deberán prometer ou xura-lo cargo na forma establecida no artigo 1 do R.D. 707/1979, do 5 de abril, esixíndose ademais no caso dos funcionarios do corpo da policía local o compromiso de portar armas.
Na dilixencia de toma de posesión, farase consta-la manifestación do/a interesado/a de non vir desempeñando ningún posto ou actividade no sector público e que non realiza actividade privada incompatible ou suxeita a recoñecemento de compatibilidade, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade, por dereitos pasivos ou por calquera réxime da Seguridade Social, público e obrigatorio.
Se a persoa interesada viñese percibindo algunha pensión, a súa percepción quedará en suspenso durante o tempo que dure o desenvolvemento do cargo. Se viñera desenvolvendo outro compatible co novo, terá que optar por un deles dentro do prazo de toma de posesión. Se se tratara de cargos susceptibles de compatibilidade, deberá instala nos dez primeiros días de prazo de toma de posesión, entendéndose este prorrogado en canto recae resolución.
XVII. Incidencias.
As convocatorias e as súas bases e cantos actos administrativos se deriven destas e da actuación dos tribunais poderán ser impugnadas polas e polos interesados nos casos, termos e forma que prevé a Lei de procedemento administrativo.
O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da selección. Así mesmo, o tribunal poderá declarar durante o transcurso do proceso selectivo como excluidos a aqueles aspirantes que fagan uso de calquera actuación fraudulenta nos exercicios das probas selectivas.
B) Persoal laboral.
Rexerán as bases do persoal funcionario coas seguintes modificacións:
a) Modifícase a base I, que queda redactada así:
I. Obxecto da convocatoria.
A provisión de prazas de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Vigo, que se acorda ofertar no ano 2002 a través de convocatoria pública e que son as seguintes:
Auxiliar servicios internos: 14 prazas.
Oficial mecánico: 1 praza.
Oficial xardineiro: 2 prazas.
Oficial conductor: 2 prazas.
Oficial desinfector: 1 praza.
Oficial albanel: 1 praza.
Oficial sepultureiro: 1 praza.
Axudante de oficios: 8 prazas.
Operario-peón: 1 praza.
b) Na base IV substitúese a alínea b) por:
«b) Ter cumpridos 18 anos ou 16 sempre que o menor viva de forma independente, con consentimento dos seus pais ou titores, ou, con autorización de persoa ou institución que os teña ó seu cargo».
c) Modifícase a base VIII, que queda redactada así:
VIII. Tribunal cualificador.
O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:
-Presidente: o da corporación ou concelleiro/a en quen delegue.
-Secretario: o secretario xeral da corporación ou técnico de Administración xeral, designado/a polo alcalde, (con voz e sen voto).
-Vocais: tres representantes da corporación. Tres representantes do comité de empresa, que conten coa condición de persoal funcionario de carreira ou laboral da Administración.
-Asesor: o xefe/a do servicio correspondente á especialidade ou técnico cualificado (con voz e sen voto).
Xunto cos titulares designaranse os respectivos suplentes.
Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario/a e o asesor, que só contarán con voz.
Todos eles, agás o presidente, deberán contar cun nivel de titulación igual ou superior á esixida para o acceso as prazas.
O tribunal poderá autoriza-la presencia dun asesor/a, con voz e sen voto. Ademais poderá autorizarse a participación doutro na proba de coñecemento de idiomas oficiais, experto no idioma correspondente ó exercicio, tamén contará coa asistencia técnica-administrativa dun funcionario da Unidade de Persoal.
O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó de prazas convocados.
En canto á actuación do tribunal e axudas de custo por asistencia, aplicaranse as mesmas previsións que para os tribunais de selección de persoal funcionario.
d) As bases XIII, XV e XVI, substitúense pola seguinte:
XIII. Contratación.
Unha vez aprobada a proposta polo órgano competente, notificaráselles ós/ás interesados/as para que subscriban os seus contratos laborais-fixos no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación do acordo.
Quen non o subscriba no citado prazo perderá o dereito a acceder ó posto de traballo.
Previamente deberán ser presentada na Oficina de Persoal, toda a documentación esixida na base IV en relación coa XII, no prazo máximo de 20 días naturais contados a partir da publicación da lista de aspirantes aprobados/as no taboleiro de anuncios.
No contrato farase consta-la manifestación da persoa interesada de non estar desempeñando ningún posto ou actividade no sector público, e que non
realiza actividade privada remunerada, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade por dereitos pasivos de calquera réxime da Seguridade Social público e obrigatorio.
Outras disposicións comúns.
Tódalas referencias que nas bases para cubrir prazas de funcionarios/as se efectuen a persoal funcionario entenderanse referidas a persoal laboral» e as que se fagan a «grupo de titulación a equiparado ó grupo de titulación.
Os candidatos que non superasen o proceso selectivo, pero que aprobasen tódalas probas da fase de oposición para ingreso nos correspondentes grupos, corpos, escalas, formarán parte dunha lista de substitucións para os efectos de poder ser nomeados ou contratados como persoal interino ou laboral, segundo o disposto na disposición transitoria do Decreto 116/1993, do 3 de xullo, da Consellería de Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia en concordancia co disposto no artigo 3.3º da Orde 1461/2002, do 6 de xuño, do MAP.
ANEXO
Salvo que nas bases específicas se indique outra cousa, existirá un grupo de temas comúns para tódalas probas derivadas da oferta, segundo o grupo de titulación -ou a súa equivalencia no caso do persoal laboral-, e que serán 18 temas para o grupo A, 12 temas para o grupo B, 8 temas para o grupo C, 4 temas para o grupo D, e 3 temas para o grupo E, tal como se enumeran de seguido:
Grupo A.
Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.
Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.
Tema 3. Os poderes do Estado. A división de poderes. A coroa.
Tema 4. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.
Tema 5. Formas de actuación administrativa: fomento, policía e servicio público.
Tema 6. Organización e funcionamento da Administación xeral do Estado. Organización central. Organismos públicos, organismos autónomos. Entidades públicas empresariais.
Tema 7. A Unión Europea: nacemento e fases da súa evolución. Exame xeral da Acta de adhesión de España á Unión Europea. Tratado da Unión Europea.
Tema 8. O ordenamento xurídico comunitario. As súas fontes. Relación co dereito interno dos estados. As liberdades básicas do sistema comunitario, libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.
Tema 9. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Tema 10. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.
Tema 11. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.
Tema 12. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.
Tema 13. Organización municipal.
Tema 14. Competencias municipais.
Tema 15. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.
Tema 16. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.
Tema 18. Ordenanzas e regulamentos. Procedemento de elaboración. Os bandos.
Grupo B.
Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.
Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.
Tema 3. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.
Tema 4. Organización e funcionamento da Administación xeral do Estado. Organización central. Organismos públicos, organismos autónomos. Entidades públicas empresariais.
Tema 5. Significado da Unión Europea. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.
Tema 6. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Tema 7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.
Tema 8. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.
Tema 9. Organización e competencias municipais.
Tema 10. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.
Tema 11. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Tema 12. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.
Grupo C.
Tema 1. Referencia ós principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia.
Tema 2. Organización e funcionamento da Administación xeral do Estado. Organización central. Organismos públicos, organismos autónomos. Entidades públicas empresariais.
Tema 3. Significado da Unión Europea. As súas institucións. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.
Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.
Tema 5. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.
Tema 6. Organización e competencias municipais.
Tema 7. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.
Tema 8. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Grupo D.
Tema 1. Referencia ós principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia.
Tema 2. O municipio: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais.
Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.
Tema 4. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requi
sitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Grupo E.
Tema 1. Breve referencia ó significado da Constitución e ó Estatuto de autonomía de Galicia.
Tema 2. O municipio: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais.
Tema 3. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
O tema 3 para o grupo D, no caso de que se trate de probas para seleccionar persoal laboral substituirase polo seguinte:
Tema 3. Dereitos e deberes dos traballadores segundo o estatuto. Faltas e sancións, procedemento sancionador do persoal laboral segundo o Acordo regulador de condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo.
Bases específicas
1. Técnico/a de Administración xeral.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
Enmarcada no grupo A; escala, Administración xeral; subescala, técnica; clase, superior. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A, e as complementarias propias dos posto de traballo ó que resulte adscrita a praza do/a aspirante.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademáis das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión dos títulos de licenciado en dereito, ciencias políticas, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario.
V. Exercicios da oposición.
Constará des seguintes exercicios:
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.
Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de 2 horas, un tema de carácter xeral, determinado polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio e relacionado co programa que se achega á convocatoria, aínda que non se ateña ó epígrafe concreto deste, tendo os aspi
rantes ampla liberdade en canto a súa forma de exposición se refire.
Neste exercicio valorarase a formación xeral universitaria, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita, a achega persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese.
Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito, nun tempo máximo de tres horas a catro temas extraídos ó chou entre os comprendidos no programa anexo á convocatoria, dous da primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral e outros dous da segunda parte: dereito administrativo local, dereitos reais administrativos e acción administrativa.
Neste exercicio valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos.
Concluída a lectura da totalidade dos temas o tribunal poderá pedirlle ó aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
Terceiro exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.
Desenvolverase por escrito, durante un período máximo de catro horas, e consistirá na redacción dun informe, con proposta de resolución, sobre dous supostos prácticos que proporá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a tarefas administrativas propias das funcións asignadas á subescala.
Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais, coleccións de xurisprudencia e libros de consulta dos que acudan provistos, non permitíndose o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Neste exercicio avaliarase fundamentalmente a capacidade de raciocinio, a sistemática na presentación e formulación de conclusións e o coñecemento e axeitada interpretación da normativa aplicable.
Cuarto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet en ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), no tempo que estableza o tribunal.
Quinto exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo, non impedirá o nomeamento.
Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base X das xerais.
A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un
deles. A cualificación do cuarto será de 0 a 5 puntos, e o quinto cun máximo de 2 puntos, de acordo co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario
(Non é de aplicación o temario común do grupo incluído como anexo as bases xerais).
Primeira parte: dereito político, constitucional e administrativo xeral.
Tema 1. Teoría do Estado. Xustificación e fins do Estado. Elementos do Estado. Formas do Estado.
Tema 2. Funcións do Estado: a división de poderes.
Tema 3. As formas de goberno.
Tema 4. A Constitución española de 1978: principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas na nosa Carta Magna, a súa protección xurisdiccional.
Tema 5. A Coroa. As funcións constitucionais do xefe do Estado. O referendo. O Tribunal Constitucional: composición e competencias. O recurso de amparo.
Tema 6. O poder lexislativo e a súa regulación. As Cortes Xerais. Control lexislativo da acción do Goberno. O Tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.
Tema 7. O poder xudicial e a súa regulación: o Consello Xeral do Poder Xudicial. Planta e organización dos xulgados e tribunais. Principais competencias dos órganos xurisdiccionais.
Tema 8. O poder executivo e a sua regulación. Composición e funcións do Goberno da Nación. A súa relación cos outros poderes.
Tema 9. Organización e funcionamento da Administación xeral do Estado. Organización central. Organismos públicos, organismos autónomos. Entidades públicas empresariais.
Tema 10. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas: organización e competencias. Os estatutos de autonomía.
Tema 11. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xeais e análise do seu contido.
Tema 12. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo. O Tribunal de Contas de Galicia.
Tema 13. A Xunta de Galicia e o seu presidente.
Tema 14. A Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. A Administración periférica. A administración institucional e corporativa.
Tema 15. A Unión Europea: nacemento e fases da súa evolución. Exame xeral da acta de adhesión de España á Unión Europea. O tratado da Unión Europea.
Tema 16. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes: o Consello de
Ministros, a Comisión e o Parlamento Europeo. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Tema 17. O ordenamento xurídico comunitario: as súas fontes. Relación co dereito interno dos Estados. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercaderías, servicios e capitais. Restriccións.
Tema 18. Sometemento da administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.
Tema 19. A lei. Concepto e caracteres. As leis estatais no sistema español. Normas do Goberno con forza de lei. Os tratados internacionais como normas de dereito interno.
Tema 20. As relacións entre o ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. Distinción entre lexislación básica, plena e supletoria.
Tema 21. O regulamento: concepto e clases. Procedemento de elaboración. Límites da postestade regulamentaria. Principio de inderrogabilidade singular de regulamentos.
Tema 22. Principios da organización administrativa. Principios rectores das relacións entre as administracións. Os órganos colexiados. A abstención e recusación.
Tema 23. O acto administrativo: concepto e clases. Requisitos: producción, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Obriga de resolver e actos presuntos.
Tema 24. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio.
Tema 25. Os recursos administrativos. Reclamacións previas á vía xudicial. A execución dos actos administrativos: motivos da súa suspensión.
Tema 26. O procedemento administrativo común: principios xerais e competencia. Os interesados.
Tema 27.-Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e finalización.
Tema 28. A xurisdicción contencioso-administrativa. Extensión e límites. As partes no proceso. Procedemento. As sentencias e a súa execución. Recursos contra as sentencias.
Tema 29. A contratación administrativa. Diferencias cos contratos de carácter privado. Negocios e contratos excluídos da Lei de contratos das administracións públicas.
Tema 30. Clases de contratos administrativos e o seu réxime xurídico. Contratos administrativos especiais e o seu réxime xurídico.
Tema 31. Requisitos dos contratos. Capacidade e solvencia. Clasificación e rexistro de empresas.
Tema 32. O expediente de contratación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.
Tema 33. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos administrativos.
Tema 34. As garantías no contrato administrativo. Execución do contrato. Risco e ventura. Recepción do obxecto do contrato.
Tema 35. Dereitos e deberes da Administración e dos contratistas. Modificación dos contratos. Revisión de prezos. Interpretación e resolución contractual. A impugnación dos contratos públicos: xurisdicción competente.
Tema 36. Aspectos xerais sobre as formas de acción administrativa.
Tema 37. O fomento e os seus medios.
Tema 38. A policía administrativa. O poder de policía e os seus límites. Os medios: especial consideración da potestade sancionadora da administración.
Tema 39. O servicio público. Evolución do concepto. Servicio público e prestacións administrativas. Análise xeral dos modos de xestión dos servicios públicos.
Tema 40. A xestión directa dos servicios públicos.
Tema 41. A xestión indirecta dos servicios públicos.
Tema 42. A expropiación forzosa: concepto e elementos. Procedemento xeral. Referencias ós procedementos especiais. Garantías xurisdiccionais.
Tema 43. O dominio público. Concepto e natureza. Bens que o integran. O réxime xurídico do dominio público. As mutacións demaniais.
Tema 44. Uso e utilización do dominio público. Estudio especial da concesión e da reserva demanial.
Tema 45. A responsabilidade da Administración pública: principios e procedemento. A responsabilidade das autoridades e do persoal ó servicio das administracións públicas.
Segunda parte: dereito administrativo local, dereitos reais administrativos e acción administrativa.
Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 2. Os entes locais de Galicia: natureza e características.
Tema 3. O municipio. Os réximes municipais especiais de Galicia.
Tema 4. O territorio do municipio: alteracións dos termos municipais.
Tema 5. A poboación. O estatuto do veciño. O empadroamento.
Tema 6. A organización municipal. Distribución de atribucións entre os órganos municipais.
Tema 7. Réxime de funcionamento dos órganos colexiados das corporacións locais.
Tema 8. Competencias municipais e servicios obrigatorios nas corporacións locais. Actividades complementarias doutras administracións públicas.
Tema 9. Impugnación de actos e acordos das entidades locais e exercicio de accións.
Tema 10. A provincia no réxime local: especial consideración das súas competencias en relación cos pequenos municipios na Lei de administración local de Galicia.
Tema 11. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos.
Tema 12. Transferencia e delegación de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nas entidades locais. A encomenda de xestión.
Tema 13. Relacións entre as administracións públicas galegas: colaboración, cooperación e auxilio. A Comisión Galega de Cooperación Local. A coordinación.
Tema 14. O estatuto dos membros das corporacións locais.
Tema 15. O persoal ó servicio das entidades locais. A función pública local e a súa organización. Normas sobre ingreso.
Tema 16. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais.
Tema 17. Réxime disciplinario dos funcionarios de Administración local. O seu procedemento.
Tema 18. A información e a participación cidadá.
Tema 19. Os bens das entidades locais.
Tema 20. Medios de intervención das corporacións locais na actividade dos seus cidadás.
Tema 21. Os servicios públicos locais: especial consideración da reserva nos servicios locais.
Tema 22. Os contratos das administracións locais: especialidades repecto á normativa legal.
Tema 23. A Lei xeral tributaria: principios e contido.
Tema 24. A Lei xeral orzamentaria: principios e contido.
Tema 25. As facendas locais. As ordenanzas fiscais.
Tema 26. A función recadadora nas facendas locais.
Tema 27. As contribucións especiais, as taxas e os prezos públicos.
Tema 28. A imposición local autónoma.
Tema 29. Réxime xurídico do gasto público local.
Tema 30. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.
Tema 31. Os dereitos e garantías dos contribuíntes fronte á facenda pública.
Tema 32. A función inspectora nas corporacións locais.
Tema 33. A lexislación de augas: obxecto e fíns. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 34. A lexislación de costas e portos: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 35. A lexislación de montes: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións. Especial consideración sobre a normativa de montes en man común.
Tema 36. A lexislación de obras públicas: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 37. A lexislación de estradas: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 38. Estatuto xurídico básico da propiedade do solo na Lei 6/1998, do 13 de abril. Dereitos e deberes dos propietarios.
Tema 39. Normas sobre valoracións, expropiacións e indemnizacións na Lei 6/1998, do 13 de abril.
Tema 40. O planeamento urbanístico e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 41. A xestión urbanística e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 42. A disciplina urbanística e a súa regulación. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 43. A lexislación ambiental: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 44. A lexislación en materia de educación: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.
Tema 45. A lexislación sobre patrimonio histórico: obxecto e fins. Distribución de competencias entre as administracións.
2. Administrativo/a de Administración xeral.
I. Número de prazas: 2.
II. Características.
Enmarcada no grupo C; escala, Administración xeral; subescala, administrativa. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo C e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición, e resérvasen as prazas para promoción interna entre auxiliares de Administración xeral, que conten cando menos cunha antiguidade de dous anos no corpo ou escala ó que se aspira ingresar.
A fase de concurso valorarase de conformidade co previsto na base XII das xerais.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior, FP2 ou equivalente, ou contar con 10 anos de antigüidade integrados/as no grupo D de titulación.
Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar un cuestionario tipo test con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa que figura como anexo a estas bases.
O número de preguntas non poderá ser inferior a 40, e a duración do exame será fixado polo tribunal antes de inicia-lo exercicio.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver dous casos prácticos propostos polo tribunal, que finalizarán nun informe-proposta ó órgano competente para resolver, en materias relacionadas co temario anexo, nun prazo máximo de 2 horas.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), no tempo que estableza o tribunal.
A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais, coa particularidade de que os tres exercicios se cualificarán de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.
ANEXO
Temario
(Exclúese o común para prazas do grupo C, que figura como anexo ás bases xerais).
Primeira parte: dereito político e constitucional.
Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.
Tema 2. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.
Tema 3. A Constitución española de 1978. Principios xerais.
Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
Tema 5. A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.
Tema 6. O goberno e a Administración do Estado.
Tema 7. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.
Segunda parte: dereito administrativo.
Tema 1. A Unión Europea. A Acta Única Europea. Examen xeral da Acta de Adhesión de España á Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.
Tema 2. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Tema 3. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.
Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.
Tema 5. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.
Tema 6. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.
Tema 7. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público. A lei: as súas clases.
Tema 8. O acto administrativo. Concepto. Elementos.
Tema 9. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábi
les: cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.
Tema 10. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.
Tema 11. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.
Tema 12. Os recursos administrativos: concepto e clases.
Tema 13. Concepto e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e a Administración.
Tema 14. As formas da actividade administrativa. O fomento. A policía.
Tema 15. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.
Terceira parte: Administración local.
Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais.
Tema 2. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.
Tema 3. Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.
Tema 4. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadronamento.
Tema 5. Organización municipal.
Tema 6. Competencias municipais.
Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 8. A función pública local e a súa organización.
Tema 9. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.
Tema 10. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.
Tema 11. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.
Tema 12. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.
Tema 13. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.
Tema 14. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Tema 15. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.
Tema 16. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.
Tema 17. Facendas locais. Clasificacións dos ingresos. Ordenanzas fiscais.
Tema 18. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.
3. Auxiliar de Administración xeral.
I. Número de prazas: 7.
II. Características.
Enmarcadas no grupo D; escala, Administración xeral; subescala, auxiliar. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos/as aspirantes.
Ademáis das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, FP1 ou equivalente.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos/as aspirantes.
Consistirá nunha copia á máquina durante 10 minutos dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima e excluinte de 200 pulsacións por minuto. Se o/a aspirante utilizase máquina eléctrica -está prohibida a electrónica- a velocidade mínima e excluínte será de 230 pulsacións por minuto.
Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito, de acordo cun baremo obxectivo que estableza o tribunal antes de iniciarse o exercicio, que deberá comunicarse ós aspirantes no momento de comeza-la proba e incluírse na correspondente acta.
Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test proposto polo tribunal de 40 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas tamén como mínimo, relacionado cos temas do programa que figura como anexo ás presentes bases, no tempo que fixe o tribunal.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación outorgada a cada pregunta acertada.
Terceiro exercicio. Tamén de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 60 minutos un tema xeral sinalado polo tribunal e que garde relación co contido do programa.
Avaliaranse os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral, a composición gramatical, a corrección ortográfica e a claridade da exposición.
Cuarto exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), no tempo que estableza o tribunal.
Quinto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade co previsto na base X das xerais, coa particularidade de que os catro exercicios se cualificarán de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un de eles.
ANEXO
Temario
(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais).
Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A Coroa.
Tema 2. Os poderes do Estado: a división de poderes.
Tema 3. A Unión Europea. A acta única europea. As libertades básicas do sistema comunitario: libre circulación de persoas, mercadorías, servicios e capitais. Breve referencia ás institucións da Unión Europea.
Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.
Tema 5. A Administración pública no ordenamento español. Administración do Estado. Administracións autonómicas. Administración local. Administración institucional e corporativa.
Tema 6. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordenación. Sometemento da administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.
Tema 7. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.
Tema 8. Formas da acción administrativa. Fomento. Policía. Servicio público.
Tema 9. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 10. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Breve referencia á provincia. A súa organización e competencias.
Tema 11. Organización municipal. Competencias.
Tema 12. Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.
Tema 13. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 14. A función pública local e a súa organización.
Tema 15. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O procedemento disciplinario.
Tema 16. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións dos acordos.
Tema 18. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local. Os orzamentos locais.
Tema 19. Partes dun ordenador. Memoria e os seus tipos. Periféricos de entrada, saída e almacenamento. Software básico e de aplicación. Os principais sistemas operativos e a súa función.
Tema 20. Tratamento de textos: principais operacións nun tratamento de texto, finalidade, principais programas existentes. Bases de datos: concepto e finalidade.
4. Auxiliar servicios internos.
I. Número de prazas: 12.
II. Características.
Enmarcada no grupo D; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.
Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición, e resérvasen as prazas para promoción interna entre funcionarios/as de carreira integrados no grupo E de titulación.
A fase de concurso valorarase de conformidade co previsto na base XII das xerais.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademáis das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar, FP1 ou equivalente.
Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test proposto polo tribunal de 40 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas tamén como mínimo, relacionado cos temas do programa que figura como anexo ás presentes bases, no tempo que fixe o tribunal.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación outorgada a cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Igualmente obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico proposto polo tribunal, en materias relacionadas co temario anexo, no tempo que fixe o tribunal.
Terceiro exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), no tempo que estableza o tribunal.
A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais.
ANEXO
(Exclúese o temario común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais).
Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios fundamentais. Dereitos e deberes fundamentais dos españoles.
Tema 2. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno. O Poder Xudicial.
Tema 3. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais e estructura.
Tema 4. A Unión Europea. A acta única europea. As liberdades básicas do sistema comunitario. Breve referencia ás institucións da Unión Europea.
Tema 5. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.
Tema 6. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.
Tema 7. Formas da acción administrativa. Fomento. Policía. Servicio público.
Tema 8. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 9. O municipio. O termo municipal. Poboación. O empadroamento.
Tema 10. Organización municipal. Competencias.
Tema 11. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 12. A función pública local e a súa organización.
Tema 13. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios públicos locais. O procedemento disciplinario.
Tema 14. Facendas locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.
Tema 15. O administrado. Os dereitos e deberes dos veciños no ámbito local. O cidadán como cliente e como usuario dos servicios públicos.
Tema 16. A atención ó público. Atención telefónica.
Tema 17. O rexistro de documentos: concepto. O rexistro de entrada e saída. Requisitos da presentación de documentos. A informatización dos rexistros. Comunicacións e notificacións.
Tema 18. O arquivo. Clases de arquivo e funcionamento. O dereito dos cidadáns ó acceso a arquivos e rexistros.
Tema 19. Os documentos administrativos. Especial referencia ó expediente.
Tema 20. Breve referencia á prevención de riscos laborais.
5. Subalterno.
I. Número de prazas: 4.
II. Características da praza.
Enmarcada no grupo E; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo E e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.
Estarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de certificado de estudios primarios ou equivalente.
Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test proposto polo tribunal de 20 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas tamén como mínimo, relacionado cos temas do programa que figura como anexo ás presentes bases, no tempo que fixe o tribunal.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación outorgada a cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na realización dun suposto práctico relacionado co contido do programa, no tempo que marque o tribunal.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
(Exclúese o temario común para prazas do grupo E, que figura como anexo ás bases xerais).
Tema 1. Organización municipal e competencias.
Tema 2. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario.
Tema 3. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións. Práctica da notificación.
Tema 4. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.
Tema 5. Mantemento básico e sistemas de seguridade de edificios e instalacións. Vixilancia e custodia interior de oficinas e despachos.
Tema 6. O sistema de arquivo: arquivos de oficina, administrativos e históricos. A clasificación de documentos. A ordenación de documentos e expedientes.
Tema 7. Os dereitos dos cidadás frente á administración. Atención ó público, directa e telefónica. Coñecemento, utilización e atención dun servicio telefónico. Envíos e recibos postais.
Tema 8. Funcións propias da subescala de subalternos. Especial referencia a saúde laboral e prevención de riscos laborais.
Tema 9. Breve descrición do termo municipal de Vigo. Principais vías urbanas, monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade, centros oficiais.
Tema 10. Nocións básicas sobre máquinas reproductoras, fotocopiadoras, encadernadoras e análogas.
Tema 11. Estadías dos usuarios dos servicios do centro. Información, orientación e asistencia. Servicio de chaves e o seu control, correspondencia. Recados e mensaxes. Correspondencia oficial: entradas, saídas e repartición.
6. Técnico de prevención de riscos.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
Enmarcada no grupo B; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, FP3 ou equivalente e posuír dúas das tres especialidades ou disciplinas preventivas, debidamente homologadas, a que fai referencia o R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.
Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 2 horas catro temas extraídos ó chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ó temario común para o grupo B de titulación e tres ó temario específico.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Os opositores nun período máximo de 3 horas, deberán desenvolver por escrito dous supostos, para o que o tribunal achegará un de cada especialidade, podendo elixi-los aspirantes ós que se refiran ás súas especialidades.
Terceiro exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.) ou sistemas de xestión de prevención de riscos laborais, no tempo que estableza o tribunal.
Cuarto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade o previsto na base X das xerais.
Temario específico
Tema 1. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
Tema 2. R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro. Regulamento dos servicios de prevención.
Tema 3. Sistema de xestión de riscos laborais: modalidades de organización. Integración da prevención na empresa. Requirimentos legais.
Tema 4. Avaliación de riscos laborais. Definición. Obxectivo. Tipos de avaliación e metodoloxía. Requirimentos legais. Planificación. Revisión e control.
Tema 5. Investigación e análise de accidentes de traballo. Rexistro e clasificación.
Tema 6. Técnicas de seguridade. Analíticas e operativas.
Tema 7. Inspeccións de seguridade. Metodoloxía.
Tema 8. Actuación das mutuas en materia preventiva.
Tema 9. Evolución da sinistralidade en España. Índices estatísticos. Sistemas de representación.
Tema 10. As normas de seguridade. Características e procedemento de elaboración.
Tema 11. Risco eléctrico. Factores que interveñen no risco eléctrico. Técnicas de seguridade contra contactos eléctricos. Riscos nos traballos de alta tensión e electricidade estática.
Tema 12. Sinalización nos centros de traballo. R.D. 485/1997, do 14 de abril.
Tema 13. Risco de incendios e explosións. Avaliación do risco de incendio. Prevención e protección contra incendios. Manual de autoprotección: documentos.
Tema 14. Plan de emerxencia. Elaboración e implantación.
Tema 15. Seguridade en máquinas: Real decreto 1435/1992, do 27 de novembro, polo que se dictan as disposicións de aplicación da directiva do Consello 89/392/CEE, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados membros sobre máquinas.
Tema 16. Equipos de traballo. Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.
Tema 17. Lugares de traballo. R.D. 486/1997, do 14 de decembro.
Tema 18. Protección individual. R.D. 773/1997, do 30 de maio.
Tema 19. Protección colectiva.
Tema 20. Hixiene industrial. Concepto, funcións e terminoloxía.
Tema 21. Contaminantes químicos. Clasificación. Vías de entrada no organismo.
Tema 22. Toxicoloxía dos contaminantes químicos.
Tema 23. Criterios de valoración do risco hixiénico.
Tema 24. Mostraxe de contaminantes químicos.
Tema 25. Análise de contaminantes químicos.
Tema 26. Avaliación do risco hixiénico. Enquisa hixiénica.
Tema 27. Avaliación do risco hixiénico. Control do risco.
Tema 28. Axentes físicos ambientais. Ruído: equipos de medida e método de avaliación.
Tema 29. Axentes físicos ambientais. Ruído: protección dos traballadores contra os riscos derivados do ruído.
Tema 30. Axentes físicos ambientais. Vibracións.
Tema 31. Axentes físicos ambientais. Estrés térmico. Métodos de avaliación.
Tema 32. Axentes físicos ambientais. Iluminación.
Tema 33. Axentes físicos ambientais. Radiacións ionizantes.
Tema 34. Axentes físicos ambientais. Radiacións non ionizantes.
Tema 35. Exposición a contaminantes químicos. Métodos de avaliación.
Tema 36. Exposición a contaminantes químicos. Protección colectiva e individual.
Tema 37. Almacenamento de productos químicos.
Tema 38. Contaminantes biolóxicos. R.D. 664/1997.
Tema 39. Ergonomía. Conceptos fundamentais. Programa de ergonomía.
Tema 40. Ergonomía. Métodos de valoración.
Tema 41. Carga física: esforzos, posturas e movementos repetitivos.
Tema 42. Manipulación manual de cargas. R.D. 487/1997, do 14 de abril.
Tema 43. Ambiente térmico. Confort térmico.
Tema 44. Ruído. Solución ós problemas de ruído. Efectos molestos do ruído.
Tema 45. Calidade do aire nos espacios interiores.
Tema 46. A alimentación e o traballo. Necesidades enerxéticas no traballo.
Tema 47. A carga e a fatiga mental.
Tema 48. Ergonomía nas organizacións. Comunicación. Participación, automatización.
Tema 49. Ergonomía nas organizacións. Formación. Información.
Tema 50. O tempo de traballo. Horario flexible, traballo a quendas, semana reducida.
Tema 51. Iluminación no postos de traballo.
Tema 52. Pantallas de visualización de datos. R.D. 488/1997, do 14 de abril.
Tema 53. R.D. 1627/1997, do 24 de outubro. Obras de construcción.
Tema 54. Funcións e niveis de capacitación para asumir tarefas preventivas.
7. Diplomado/a en traballo social.
I. Número de prazas: 3.
II. Características.
Enmarcada no grupo B; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado/a en traballo social.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.
Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 2 horas catro temas extraídos ó chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ó temario común para o grupo B de titulación e tres ó temario específico.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico proposto polo tribunal e relacionado co contido do temario específico, no tempo que aquel estableza.
Teceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), no tempo que estableza o tribunal.
Cuarto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade o previsto na base X das xerais.
Temario específico
Tema 1. Lei de servicios sociais de Galicia.
Tema 2. Historia e evolución dos sistemas de protección social en España.
Tema 3. Servicios sociais de base. Programas e equipamentos.
Tema 4. Servicios sociais especializados. Programas e equipamentos.
Tema 5. Prestacións relacionadas cos distintos sectores de poboación.
Tema 6. Principios básicos da acción social no ámbito municipal.
Tema 7. Convenio de colaboración entre as administracións públicas en materia de servicios sociais.
Tema 8. Renda de integración social de Galicia.
Tema 9. Concepto de exclusión social. Itinerarios da pobreza.
Tema 10. O I Plan Galego de Inclusión. Fases do proceso de inserción laboral.
Tema 11. Servicios sociais centralizados: o departamento municipal de servicios sociais. Concepto. Organización. Funcións. Áreas de intervención. Recursos.
Tema 12. O servicio de axuda a domicilio.
Tema 13. O cheque asistencial.
Tema 14. Prestacións asistenciais: pensións non contributivas
Tema 15. Soportes documentais en traballo social. Documentos xerais e comúns a outros departamentos. Documentos específicos dos servicios sociais.
Tema 16. Técnicas aplicadas ó proceso metodolóxico en traballo social.
Tema 17. Planificación estratéxica nos servicios sociais. Método inductivo/deductivo na planificación social
Tema 18. Planificación e organización en servicios sociais. Os obstáculos na planificación.
Tema 19. A investigación en traballo social. A investigación adaptada ós grupos de discusión.
Tema 20. A avaliación en traballo social: proceso e técnicas.
Tema 21. A intervención comunitaria: tipoloxía de proxectos
Tema 22. A animación sociocultural e o traballo social. Xénese. Analoxías entre a ASC e o traballo social.
Tema 23. Técnicas e instrumentos de animación sociocultural utilizadas en traballo social.
Tema 24. Asociacionismo e participación cidadá. Incidencia no traballo social.
Tema 25. Intervención do traballo social no hábitat.
Tema 26. O desgaste profesional no traballador social: fases, manifestacións e causas.
Tema 27. Habilidades sociais: estilos de comportamento.
Tema 28. O modelo de competencia social e os servicios sociais.
Tema 29. Voluntariado, ONG e asociacionismo.
Tema 30. Sistema informático de usuarios dos servicios sociais.
Tema 31. Intervención e coordinación no traballo con familias en situación de desvantaxe social.
Tema 32. Infancia e mocidade: prestacións e axudas
Tema 33. O proceso de adopción internacional. O papel da axencias de adopción internacional.
Tema 34. O fenómeno da inmigración e o retorno. A súa integración social.
Tema 35. A cuarta idade: nova necesidade social que protexer.
Tema 36. Os estereotipos negativos da vellez na interacción social.
Tema 37. Minusválidos: aspectos sociais e prestacions.
Tema 38. Toxicomanías: o papel do traballador social.
Tema 39. A intervención social en procesos de exclusión con persoas sen fogar.
Tema 40. O desemprego. A súa incidencia nos servicios sociais. O papel do traballador social.
Tema 41. A problemática da vivenda. Os seus efectos sociais.
Tema 42. A acción interdisciplinar no traballo social.
Tema 43. Vantaxes e desvantaxes do traballo en equipo. Factores de tensión.
Tema 44. Movimientos sociais urbanos.
Tema 45. Esixencias deontolóxicas e normas de actuación en traballo social.
Tema 46. Saúde mental comunitaria: definición e características. Saúde mental positiva.
Tema 47. Política da Unión Europea. Piares da estratexia europea para o emprego. Diagnose da Comisión Europea sobre Galicia.
Tema 48. O Consello de Niza: obxectivos para a loita contra a exclusión social e eliminación de pobreza.
8. Enxeñeiro técnico industrial.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
Enmarcada no grupo B; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de enxeñeiro técnico industrial.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.
Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 2 horas catro temas extraídos ó chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ó temario común para o grupo B de titulación e tres ó temario específico.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico proposto polo tribunal e relacionado co contido do temario específico, no tempo que aquél estableza.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos
ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.) ou auto-cad ou microstation, no tempo que estableza o tribunal.
Cuarto exercicio. Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
Temario específico
Tema 1. Sector do gas: xeración e distribución.
Tema 2. Normalización e homologación de productos industriais.
Tema 3. Técnicas de soldadura e o seu control de calidade.
Tema 4. O servicio público de gases combustibles.
Tema 5. Normalización industrial. Concepto e consecuencias.
Tema 6. Principios xerais do mantemento de medios e instalacións.
Tema 7. Enxeñería de tráfico. Actuacións para regula-lo uso das vías urbanas de circulación.
Tema 8. Técnicas e productos empregados na sinalización horizontal. Marcas viais.
Tema 9. O transporte de mercadorías perigosas por estrada.
Tema 10. Xeración de enerxía eléctrica, transporte, transformación e distribución en núcleos urbanos.
Tema 11. Luz pública. Características e condicións que deben reuni-las instalacións.
Tema 12. Graos de electrificación en instalacións eléctricas de edificios. Potencias.
Tema 13. Orixe, efectos, loita e control da contaminación urbana.
Tema 14. A contaminación atmosférica, consideracións xerais e medidas de protección.
Tema 15. O ruído como contaminante ambiental urbano. Medidas de protección e control.
Tema 16. Tecnoloxía dos residuos urbanos: recollida e transporte. Plantas de transferencia e outros medios.
Tema 17. O vertido dos residuos sólidos urbanos. Vertedoiros, tipos e condicións de explotación.
Tema 18. As plantas incineradoras de lixo. As empacadoras de residuos.
Tema 19. Residuos e tratamentos especiais. Recollidas selectivas. Vidro, plásticos, cartón, residuos hospitalarios, lodos e residuos industriais.
Tema 20. Normas sobre protección contra incendios nos edificios.
Tema 21. Clasificación dos tipos de lume, segundo a natureza do combustible. Formas de combatelo.
Tema 22. Os proxectos industriais. Enxeñería básica e de desenvolvemento. Obxectivo dun proxecto.
Tema 23. Garantía de calidade. Producción e control de calidade.
Tema 24. Factores que condicionan a localización de instalacións industriais segundo o tipo de empresa.
Tema 25. Normas de instalación de gas.
Tema 26. Normas sobre climatización, calefacción e auga quente sanitaria.
Tema 27. A prevención dos riscos laborais: aspectos técnicos.
Tema 28. Estudios e proxectos de estradas. Clasificación e normativa.
Tema 29. Drenaxes. Superficiais, de plataforma e profundos. Solucións.
Tema 30. Os firmes das estradas de nova construcción. Bases de proxectos. Normativa española.
Tema 31. Os firmes de aglomerado asfáltico. Clase e experiencias.
Tema 32. Os firmes de estradas de base granular con tratamentos superficiais. Clase e experiencias.
Tema 33. Os firmes ríxidos. Clases e experiencias.
Tema 34. Reforzo de firmes. Avaliación da necesidade de reforzo. Reforzo de firmes flexibles. Reforzo de firmes semi-ríxidos. Reforzos de pavimentos de formigón. Renovación superficial. Problemas constructivos.
Tema 35. Conservación de estradas. Organización e métodos de conservación. Vialidade invernal.
Tema 36. Terrapléns, pedrapléns e recheos localizados.
Tema 37. Escavacións, explanacións e gabias.
Tema 38. O control das obras. Materiais e maquinaria. Sistemas de realización do control.
Tema 39. Rede de sumidoiros. Clasificación de augas residuais. Sistema de evacuación. Características da rede de sumidoiros. Instalacións de recollida e almacenamento.
Tema 40. Materiais de construcción de sumidoiros e colectores. Aspectos que hai que contemplar nos vertidos. Tubaxes e materiais constructivos. Clasificación dos conductos.
Tema 41. Execución dos programas de actuación urbanística. O urbanismo concertado.
Tema 42. O control de calidade. A definición no proxecto. Prego de condicións e normas técnicas. Laboratorios de control de obra.
Tema 43. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para implantación de servicios na vía pública: pricipios xerais e normas xerais sobre instalación de servicios.
Tema 44. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para implantación de servicios na vía pública: licencias, procedemento para a súa obtención. Inspección municipal.
Tema 45. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servicios na vía pública: infracción e sancións.
Tema 46. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para implantación de servicios na vía pública: sinalización e balización das ocupacións na vía pública.
Tema 47. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para implantación de servicios na vía pública: disposición de servicios, gabias e reposición de pavimentos. Normativa do anexo III da ordenanza.
Tema 48. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servicios na vía pública: as galerías de servicios visitables e as pasaxes permanentes.
9. Enxeñeiro técnico de montes.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
Enmarcada no grupo B; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de enxeñeiro técnico agrícola ou enxeñeiro técnico forestal.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.
Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 2 horas catro temas extraídos ó chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ó temario común para o grupo B de titulación e tres ó temario específico.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico proposto polo tribunal e relacionado co contido do temario específico, no tempo que aquel estableza.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.) ou auto-cad, microstation e programas de xestión de zonas verdes, no tempo que estableza o tribunal.
Cuarto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
Temario específico
Tema 1. Xardíns históricos. Protección. Mantemento e conservación. Restauración e recuperación.
Tema 2. Patrimonio natural e paisaxístico de Galicia. Consideracións xerais. Serras e montañas. Bosques naturais. Leitos fluviais. Lagoas de interior. O litoral.
Tema 3. Xestión do arborado das vías da cidade. Planificación. Execución. Mantemento. Plans de sensibilización cidadá.
Tema 4. Plan director dun espacio público. Obxectivos. Instrumentos de xestión e ordenación. Usos e servicios xerais do espacio.
Tema 5. Eleccións de especies adaptadas ó medio urbano. Criterios de selección. Adaptabilidade. Xardinería diferenciada ou adaptada ó medio.
Tema 6. Tratamento de residuos verdes. O compost. Fases. Xustificación de utilización do mulch en xardinería.
Tema 7. Rede de espacios periurbanos de Vigo. Configuración. Importancia. Usos, alternativas potenciais.
Tema 8. A educación ambiental. Os parques. Usos didácticos e recreativos.
Tema 9. A sanidade vexetal nos espacios verdes públicos. Prevención. Factores que afectan á selección de plantas e ó seu mantemento.
Tema 10. Seguridade e hixiene no traballo. Avaliación de riscos laborais. Plan de prevención de riscos. Lexislación aplicable.
Tema 11. Enfermidades do céspede. Sistemas preventivos e curativos. Enfermidades mais frecuentes e o seu control.
Tema 12. Pragas do céspede. Valoración xeral. Larvas de insectos. Axentes abióticos.
Tema 13. Técnicas mixtas de revexetación de noiros. Operacións previas. Soportes biodegradables e non biodegradables.
Tema 14. Restauración de ríos. Funcións da vexetación de ribeira. Métodos de restauración de marxes e ámbito de aplicación.
Tema 15. O deseño de áreas de xogos infantís. Criterios que hai que ter en conta. Superficies de absorción de impactos. Normativas. Mantemento.
Tema 16. Hixiene das áreas en zonas de xogos infantis. Esixencias hixiénico-sanitarias. Diluíntes e aparellos. Tratamento das mostras. Métodos operativos. Conclusións e informe.
Tema 17. Cubertas axardinadas intensivas. Elementos integrantes. Requisitos esenciais que deben cumpri-las cubertas.
Tema 18. Análise visual do arborado. Consideracións xerais. Metodoloxía (avaliación de riscos).
Tema 19. O deseño de zonas verdes de uso público. Consideracións xerais. Condicionantes do deseño. Criterios. As formas e a cor no xardín.
Tema 20. Orzamentos. As unidades de obra. Prezos descompostos. Medicións. Valoración.
Tema 21. Pregos de condicións técnicas. A súa importancia. Contido. Pregos de condicións técnicas particulares.
Tema 22. A dirección de obra. Inicio. Seguimento. Consideracións legais. Certificacións. Recepción.
Tema 23. A camelia. O xénero da camelia en Galicia. Criterios xerais para o seu cultivo e reproducción. Pragas máis frecuentes. Danos e control.
Tema 24. Protección de elementos vexetais nos traballos de construcción. Medidas de protección. Protección de áreas de vexetación. Protección na zona radical. Verificacións.
Tema 25. A poda do arboredo. Obxetivos. Maquinaria, equipos, ferramentas. Inspección técnica de poda. Técnicas de poda. Tipo de poda. Limpeza, retirada e xestión de residuos de poda.
Tema 26. Mantemento de elementos do mobiliario. Obxectivos. Clasificación dos elementos do mobiliario. Operacións e programas de mantemento.
Tema 27. Valoración do arboredo ornamental. Norma granada. Antecedentes. Xustificación. Valoración.
Tema 28. A accesabilidade en parques, xardíns e espacios de uso público. Condicións de accesibilidade. Características do mobiliario, sinais e elementos verticais. Programas de actuación e medidas de fomento.
Tema 29. Calidade das plantas de viveiro. Características de producción. Transporte, recepción e amoreamento.
Tema 30. O céspede. Acondicionamento do solo, sembra ou implantación e mantemento. Traballos anteriores á entrega ou recepción.
Tema 31. A hidrosementeira. Preparación a superficie. Materiais para hidrosementeira. Execución. Maquinaria. Verificacións.
Tema 32. A plantación de árbores e arbustos. Época. Preparación do solo. Titores e soportes. Tratamentos complementarios. Rego.
Tema 33. O mantemento do arboredo. Obxectivos. Maquinaria, equipos e ferramentas. Materiais. Operacións de mantemento.
Tema 34. O solo. Constituíntes do solo. Propiedades físicas e químicas. Propiedades biolóxicas do solo.
Tema 35. Substratos para o cultivo de plantas ornamentais. Propiedades dos substratos. Compoñentes máis frecuentes. Formulación para o cultivo en macetas.
Tema 36. A materia orgánica do solo. Orixe e constituíntes. Descomposición da materia orgánica. Factores que inflúen no contido en materia orgánica. Funcións da materia orgánica.
Tema 37. Degradación do solo. Tipos de degradación. Consecuencias. Avaliación. Importancia e problemática.
Tema 38. Contaminación do solo. Concepto. Evolución. Axentes e a súa procedencia. Tratamentos de descontaminación.
Tema 39. Os pesticidas. Tipos. Formulacións e compoñentes. Maquinaria. Resistencia. Toxicidade.
Tema 40. Restauración de espacios degradados. Bases da restauración. Planificación e criterios de deseño. Factores que inflúen na restauración.
Tema 41. Loita biolóxica e integral das pragas. Insectos útiles e pragas que controlan. Características da loita integral.
Tema 42. A árbore no medio urbano. Deficiencias nutritivas. Problemas sanitarios e edafolóxicos. Mellora do seu estado.
Tema 43. Outras formas de cubri-lo solo. Plantas tapizantes. Conservación de zonas verdes deportivas.
Tema 44. Os fertilizantes: nitroxenados, fosfatados e potásicos. Elementos secundarios e microelementos. Fertilizantes compostos.
Tema 45. A multiplicación das plantas. Locais e recipientes. Reproducción sexual e asexual. Vantaxes e inconvenientes.
Tema 46. A cidade como ecosistema urbano: a auga, o solo, o clima e as zonas verdes. Protección e coidado.
Tema 47. As palmeiras. Tipos. Operacións de poda e limpeza. Mantemento do solo.
Tema 48. Fertirrigación. Concepto. Ventaxas e inconvenientes. Selección de fertilizantes. Preparación da disolución.
10. Técnico medio de laboratorio.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
Enmarcada no grupo B; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición, e resérvase a praza para promoción interna entre funcionarios de carreira do grupo C de titulación, que pertenzan á escala de Administración especial; subescala, servicios especiais e que cumpran os requisitos esixidos na base XII das xerais, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público do ano 2002.
A fase de concurso valorarase de conformidade co previsto na base XII das xerais.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado en física, química, ciencias ambientais, farmacia, bioloxía e ciencias e tecnoloxía dos alimentos.
Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 2 horas 4 temas extraidos ó chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un dos temas corresponderá ó temario común para o grupo B de titulación e tres ó temario específico.
Segundo exercicio. Igualmente obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na resolución de dous casos prácticos, relacionados coas funcións do posto, propostos polo tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio que deberá ser desenvolvido polos aspirantes no tempo que estableza o tribunal.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio. Proba de informática.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou simi
lares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), así como programas específicos de laboratorio, no tempo que estableza o tribunal.
A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario específico
Tema 1. Inspección de alimentos. Toma de mostras oficiais. Levantamento de actas. Analise contradictoria e dirimente.
Tema 2. Regulamentación técnico sanitaria do comercio retallista de alimentación.
Tema 3. Espectofotometría de absorción atómica. Estudio e aplicacións.
Tema 4. Cromatografía de gases líquidos, estudio e aplicacións.
Tema 5. Augas potables de consumo público. Parámetros e límites, segundo a lexislación vixente.
Tema 6. Métodos de analises microbiolóxicas dos parámetros lexislados, para unha auga de consumo público.
Tema 8. Métodos de analises químicas para unha auga de consumo público.
Tema 9. Calidade das augas de baño (Directiva 176/160/CEE).
Tema 10. Regulamento técnico sanitario de piscinas de uso colectivo na Comunidade Autónoma galega.
Tema 11. Estacións depuradoras de auga potable: tratamento e desinfección. Estudio do cloro como desinfectante.
Tema 12. Depuracións das augas residuais: depuración mecánica, depuración fisicoquímica, depuración biolóxica. Estudio da fosa séptica.
Tema 13. Estudios dos niveis de inmisión dos seguintes contaminantes atmosféricos: partículas, anhídrico sulfuroso e chumbo. Criterios de calidade atmosférica para cada contaminante segundo a lexislación vixente.
Tema 14. Augas residuais industriais: DBO, DQO, sólidos en suspensión, aceites e graxas.
Tema 15. Ordenanza municipal reguladora dos vertidos non domésticos de augas residuais.
Tema 16. Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Tema 17. Desinfección, desinsectación, desratización, descrición destas tres operacións de saneamento e estudio dos fundamentais principios activos utilizados en cada unha delas.
Tema 18. Pratos preparados. Nova lexislación.
Tema 19. Legionella. Normativa e accións preventivas.
Tema 20. Moluscos bivalvos vivos.
Tema 21. Condicións sanitarias aplicables á producción, comercialización da carne picada e preparados de carne.
Tema 22. Tratamentos térmicos do leite: pasteurización, UHT, esterilización.
Tema 23. Productos de confitería-pastelería. Estudio dos parámetros microbiolóxicos e criterios de calidade.
Tema 24. Investigación de coliformes fecais nos alimentos. Estudios das distintas técnicas e medios de cultivo empregados.
Tema 25. Investigación de salmonella en alimentos. Métodos de illamento en medio de cultivos empregados.
Tema 26. Investigación de estafilococos enterotosíxenos en alimentos. Métodos en medios de cultivo máis empregados para o seu illamento.
Tema 27. Cepas de referencia, reserva e traballo.
Tema 28. Guía para a acreditación de laboratorios que realizan analises microbiolóxicas.
Tema 29. Regulamento de manipuladores de alimentos.
Tema 30. Elaboración de procedementos normalizados de traballo, segundo ISO17025.
Tema 31. Calibración de equipos térmicos.
Tema 32. Determinación de auga en alimentos. Métodos para a súa determinación.
Tema 33. Determinación do nitróxeno total nos alimentos.
Tema 34. Investigación de Listeria monocitígenes nos alimentos.
Tema 35. Determinación da materia graxa nos alimentos.
Tema 36. Validación de métodos nun laboratorio.
Tema 37. Compostos nitroxenados na auga. Lexislación e importancia sanitaria.
Tema 38. Investigación de clostridium na auga.
Tema 39. Manipuladores de alimentos, novo regulamento.
Tema 40. Investigación de legionella nas augas.
Tema 41. Materiais de referencia no laboratorio.
Tema 42. Investigación de enterococos fecais nas augas.
Tema 43. Técnicas rápidas para a valoración do contido do nitróxeno total nos peixes.
Tema 44. Investigación de Pseudomonas aeruginosa nas augas envasadas.
Tema 45. Ensaios intercomparativos no laboratorio.
Tema 46. Determinación de hidrocarburos en augas por infravermellos.
Tema 47. Toma de mostras de augas e alimentos: equipos e materiais de mostraxe.
Tema 48. Prevención de riscos ambientais no laboratorio. Residuos do laboratorio.
11. Delineante.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
Enmarcada no grupo C; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo C e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademáis das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de FP2 rama delineación.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.
Consistirá en contestar por escrito durante un período máximo dunha hora e cuarto, catro temas elixidos ó chou dos que figuran no anexo a estas bases. Un tema corresponderá á parte xeral para o grupo C o tres á parte específica que figura no anexo.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Constará de dúas partes que se practicarán sen solución de continuidade entre unha e a outra. A primeira parte referirase á resolución dun suposto práctico relacionado cos temas do temario específico. A segunda parte consistirá nunha proba de microstation ou auto cad, ámbolos dous no tempo que estableza o tribunal para cada un deles.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade o previsto na base X das xerais.
Temario específico
Tema 1. Ordenanza xeral reguladora das obras e conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servicios na vía pública: normas xerais sobre instalación de servicios.
Tema 2. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para implantación de servicios na vía pública: licencia para obras na vía pública.
Tema 3. Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para implantación de servicios na vía pública: sinalización e balización das ocupacións na vía pública.
Tema 4. Contratos das administracións públicas en xeral: ámbito de aplicación da lei.
Tema 5. Lei de ordenación da edificación: disposicións xerais e esixencias técnicas e adminitrativas.
Tema 6. Normas de contido mínimo das diferentes figuras de planeamento: proxectos de urbanización. Composición, condicións e garantías e contido da cada un dos proxectos componentes.
Tema 7. Regulamento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia: disposicións preliminares.
Tema 8. Segmento. Operacións con segmentos.
Tema 9. Ángulo. Construcción e operaciones con ángulos.
Tema 10. Polígonos regulares. Triángulo: clasificación e construcción.
Tema 11. Cuadrilátero: clasificación e construcción.
Tema 12. Tanxencias entre rectas e circunferencias: resolución de tanxencias por lugares xeométricos e problemas.
Tema 13. Tanxencias entre rectas e circunferencias: resolución de tanxencias por dilatacións.
Tema 14. Tanxencias entre rectas e circunferencias: resolución de tanxencias por potencia na circunferencia.
Tema 15. Curvas cónicas: definición e clases. Estudio gráfico da elipse, hipérbola e parábola.
Tema 16. Óvalos, ovoides e espirais. Construcción.
Tema 17. Principios xerais de representación: vistas, liñas, cortes e seccións, outros convenios.
Tema 18. Acoutación: principios xerais, definicións, métodos de execución e indicacións especiais.
Tema 19. Proporcionalidade ou escala. Escala numérica. Clases de escalas. Triángulo universal de escalas. Escala gráfica.
Tema 20. Planos acotados: definición, determinación do plano, pertenzas, paralelismo, perpendicularidade.
Tema 21. Perspectiva cónica ou lineal: definición e clases. Elementos. Principios fundamentais.
Tema 22. A perspectiva: conceptos intuitivos e elementos. Regras perspectivas fundamentais. Perspectiva cabaleira.
Tema 23. Topografía: coordenadas xeográficas, partes principais, conceptos topográficos, instrumentos empregados en topografía.
Tema 24. Curvas de nivel. Perfil topográfico. Cálculo do movemento de terras e cálculo de superficies.
Tema 25. Movementos de terras: roza, desmonte e terraplén. Talud e escavación.
Tema 26. Naturareza dos terreos. Clasificación e recoñecemento do terreo.
Tema 27. Materiais illantes. Xeneralidades. Illamento e clases de materiais illantes.
Tema 28. Conceptos relativos á imaxe: píxel, resolución, tamaño. Tipos de arquivo de imaxes. Conceptos relativos á cor.
Tema 29. Almacenamento de ficheiros en ordenador. Ficheiros en memoria ou en soporte magnético. Estructura de directorios. Copias de seguridade.
Tema 30. Debuxo por ordenador: programas GIS. Mapas temáticos. Relacións entre bases de datos e programas de debuxo.
Tema 31. Bases de datos: definición. Táboas, consultas, formularios, informes, etc. Relacións entre táboas. Tipos de relacións.
Tema 32. Proxecto de arquitectura: elaboración, fases e documentación do traballo.
12. Monitor de educación física.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
Enmarcada no grupo D; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes.
Consistirá en contestar por escrito durante un período máximo dunha hora e media, catro temas elixidos ó chou dos que figuran no anexo a estas bases. Un tema corresponderá á parte xeral para o grupo D o tres á parte específica que figura no anexo.
Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico proposto polo tribunal e relacionado co contido do temario específico, no tempo que aquél estableza.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final, farase de conformidade o previsto na base X das xerais.
Temario específico
Tema 1. O deporte na prevención e tratamento das drogodependencias.
Tema 2. Plan de Galicia sobre drogas. Programas e recursos.
Tema 3. Plan local sobre drogas e outras adiccións. Obxectivos.
Tema 4. A unidade de día. Concepto e características.
Tema 5. Os programas de educación física e deporte como instrumento terapéutico na unidade de día.
Tema 6. O ocio e o tempo libre como espacio terapéutico na programación da unidade de día.
Tema 7. Estratexias para a abordaxe dos déficits máis relevantes en drogodependentes por medio da actividade física.
Tema 8. Beneficios e riscos da práctica deportiva no ámbito das drogodependencias.
Tema 9. Habilidades sociais. Utilidade no manexo de suxeitos drogodependentes.
Tema 10. Planificación do entrenamento deportivo. Teoría e modelos principais.
Tema 11. Avaliación de programas deportivos. Obxectivos e características.
Tema 12. A sesión de adestramento. Concepto e metodoloxía.
Tema 13. O efecto de supercompensación no adestramento. Fundamentos e características.
Tema 14. Condición e capacidade física. Conceptos e características.
Tema 15. O feed-back: a súa importancia na aprendizaxe de habilidades deportivas.
Tema 16. A praxe do monitor deportivo. Principios básicos.
13. Garda da policía local.
I. Número de prazas: 30.
II. Características.
Enmarcadas no grupo D; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local; categoría, garda. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.
Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de oposición libre, por esixilo así a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademáis das que figuran na base IV das xerais, establécense as seguintes:
a) Contar coa condición de cidadán español, debido a que as funcións destas prazas comportan exercicio de autoridade.
b) Ter cumpridos 18 anos e non excede-los 30 anos de idade.
c) Estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.
d) Ser titular do permiso de conducir clase A e clase B, con autorización BTP.
e) Posuír unha estatura mínima de 1,70 m para homes e 1,65 m para mulleres.
f) Compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada por escrito.
g) Acredita-la aptitude física, mediante a presentación xunto coa instancia dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.
Todos estes requisitos deberán referirse á data na que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.
V. Identificación dos opositores.
Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser esixido polo tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.
VI. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que se van desenvolver, contidas no artigo 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade do Estado.
Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.
O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.
Segundo exercicio. Probas de aptitude física.
Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Previamente ó seu inicio o tribunal deberá proceder a comprobar que os aspirantes cumpren o requisito da alínea e), do punto IV Condicións dos aspirantes, destas bases específicas, declarando eliminados ós que non a cumpran.
Consistirá na realización da seguintes probas físicas:
1ª Proba: salto vertical.
Obxectivo. Medi-la potencia do tren inferior (músculos extensores).
Material. Encerado milimetrado.
Posición inicial. Erguido lateralmente e o carón do encerado. Pés xuntos e co ombro pegado á parede. Desde esta posición elevación do brazo máis achegado á parede ata a súa máxima extensión vertical. Non se poderá realizar ningún movemento a nivel de cadeira. A articulación da moneca deberá estar en prolongación co eixo do brazo. Nesta posición realízase a primeira marca no encerado.
Execución. O aspirante saltará tan alto como poida e marcará cos dedos o nivel conseguido.
Regras. O candidato pode move-los brazos, flexiona-lo tronco e os xeonllos. Non se permite o salto se o aspirante non adoptou a posición inicial correcta. Mídese a distancia entre a marca feita na posición inicial e a conseguida no salto. Permítense dous intentos, apuntándose a mellor marca das dúas.
2ª Proba: flexións de brazos.
Obxectivo. Medi-la forza dos músculos flexores dos antebrazos y os da cintura escapulo-umeral.
Material. Unha barra fixa de ximnasia deportiva.
Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara a diante. Brazos e pernas estendidas. Os pés sen toca-lo solo.
Execución. Levanta-lo corpo cos brazos ata que o queixo pase a barra. Baixa-lo corpo ata que os
brazos queden completamente estendidos. Repeti-lo exercicio tantas veces como se poida.
Regras. A flexión non é un movemento de latigazo, non se poden levanta-los xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá se-lo máis uniforme posible. O queixo non pode toca-la barra e debe superala. Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.
3ª Proba: circuíto de axilidade.
Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).
Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos pegados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.
Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.
Execución. Cando se dea o sinal, correrase na dirección que indica o dibuxo, no menor tempo posible.
Regras. O cronómetro eléctrico porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco (cando pase o último valo co tronco). Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó excedelo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.
4ª Proba: 100 m lisos.
Obxectivo. Medi-la velocidade de desprazamento do corpo.
Material. Instalacións de atletismo e cronometraxe eléctrica.
Execución. Estableceranse as quendas que o tribunal estime oportuno, asignándose unha rúa a cada participante, sendo as voces de mando que se utilizarán dúas: 1. «Ós seus postos». A esta voz os participantes deberán ocupa-la súa posición detrás da liña de saída da súa respectiva rúa. Permitirase o uso de tacos de saída debendo se-la posición a seguinte: as dúas mans e un xeonllo deberán estar en contacto co chan e os dous pés cos tacos de saída. Non se pode toca-la liña de saída nin o chan por diante dela con ningunha parte do corpo. 2. «Listos». A esta voz os participantes deberán tomar sen perda de tempo a posición final de saída e permanecer inmóbiles ata a detonación da pistola ou aparello de saídas. A posición será coas dúas mans en contacto co chan e os pés cos tacos de saída. Se un participante se move antes da detonación considerarase a saída falsa, dando o xuíz de saída o disparo definitivo soamente cando comprobe que tódolos participantes adoptaron a posición axeitada.
Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do borde máis próximo da liña de meta co seu tronco. É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ó interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.
5ª Proba. Carreira de 1.000 m.
Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica láctica.
Material. Instalación de atletismo e cronometraxe eléctrica.
Descrición. Estableceranse as quendas que o tribunal estime oportuno. Os aspirantes situaranse por orde a tres metros da liña de saída, e a única voz que se utilizará é a de «Ós seus postos», debendo neste momento situarse detras da liña de saída sen pisala e de pé. O disparo de saída efectuarase unha vez que o xuíz comprobe que tódolos participantes están na posición axeitada.
Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do borde máis próximo da liña de meta co seu tronco.
6ª Proba. 50 m natación.
Obxectivos. Control do medio acuático.
Material. Piscina de 25 m.
Descrición. O aspirante nadará co estilo que queira a distancia de 50 m. A saída será desde o borde da piscina ou poyete desta, en posición de salto e o final da proba será cando o aspirante toque a parede tras percorre-los 50 m.
Regras. Tras cada longo debe tocarse a parede da piscina. A indumentaria estará composta únicamente
por bañador, gafas e gorro. Non se poderá interferir nas vías dos demais aspirantes, pois significaría a descualificación. O interferido poderá repeti-la proba tras un descanso e anotaráselle o mellor tempo realizado.
Táboas de puntuación
de brazos axilidade 100 m lisos 1.000 m lisos 50 m libre
Salto vertical Flexións
Circuíto
Carreira
Carreira
Natación
cm Repetición Tempo Tempo Tempo Tempo
Homes
55 14 10'' 20 13'' 20 3' 14'' 40'' 0
Mulleres
43 4 11'' 14'' 70 3' 56'' 46'' 0
Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.
Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos os tempos sinalados nos cadros anteriores.
Terceiro exercicio. Exercicio teórico para avaliación de coñecementos xerais e específicos de materias relacionadas co exercicio profesional, de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito no prazo máximo de dúas horas a 4 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo I a estas bases, dous da parte xeral e dous da parte específica.
Cuarto exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.
A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.
Así mesmo, o tribunal reserva para si a posibilidade, se o estima oportuno, de realizar probas de control antidopping.
Quinto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego, das institucións e do dereito básico de Galicia. Cualificarase cun máximo de 2 puntos de conformidade co previsto na base X das xerais.
VII. Valoración dos exercicios.
O primeiro, segundo e cuarto exercicio valoraranse como apto ou non apto.
O terceiro exercicio valoraranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non acade como mínimo 5 puntos.
O quinto exercicio valorase cun máximo de 2 puntos.
A suma das puntuacións obtidas nos exercicios terceiro e quinto servirá para elabora-la relación de
aprobados/as por orde de puntuación que serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas.
VII. Curso selectivo de formación e prácticas.
De conformidade co previsto na base XIV das xerais e no decreto da Xunta de Galicia 204/2000, do 21 de xullo, os/as aspirantes aprobados/as deberán superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.
Ademais os/as aspirantes que superen o curso deberán realizar un período de prácticas no concello que será valorado pola Alcaldía tralo informe do xefe do corpo, debendo obte-la cualificación de apto para superalo.
Superado o período de formación, os/as alumnos/as recibirán o diploma acreditativo e poderán ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.
O/a alumno/a que por enfermidade ou algunha outra causa xustificada perda máis do 15% das clases do curso de formación será declarado/a non apto e poderá incoporarse ó seguinte curso cando a causa determinante llo permita.
O/a alumno/a que non supere o curso de formación teórico-práctica poderá repetilo por unha soa vez, debendo neste caso incorporarse ó curso seguinte.
ANEXO I
Temario específico
(Exclúense os temas para prazas do grupo D, que figuran como anexo ás bases xerais).
Parte xeral.
Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes dos españois.
Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais. A Xunta de Galicia e o seu presidente.
Tema 3. O territorio, a poboación e a organización municipal. Competencias municipais.
Tema 4. Delictos e faltas. Persoas responsables criminalmente. Eximentes, atenuantes e agravantes. As penas e a súa execución.
Tema 5. A detención: supostos. Dereitos dos detidos. Especial referencia ó habeas corpus e a asistencia letrada ó detido. O depósito de detidos.
Tema 6. O homicidio e as súas formas. Delictos de lesións. Delictos contra a liberdade.
Tema 7. Delictos contra a liberdade e a indemnidade sexual. Da omisión do deber de socorro. Delictos contra o patrimonio.
Tema 8. Lei 5/2000 reguladora da responsabilidade penal do menor: ámbito de aplicación. Detención dos menores. Medidas cautelares. Dereitos e deberes dos menores internados. Responsabilidade civil.
Tema 9. Actuacións básicas ante emerxencias: avaliación do índice de risco. Avaliación de víctimas.
Actuacións ante accidentes de tráfico. Afogamentos. Electrocucións.
Tema 10. Formalidades da denuncia e os seus efectos. A identificación das persoas. O atestado policial.
Parte específica.
Tema 11. A Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade: disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. Especial consideración do título V «Das policías locais».
Tema 12. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Normas básicas de estructura, organización e actuación das policías locais. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario.
Tema 13. O regulamento de armas: as armas prohibidas. A tenza ilícita de armas.
Tema 14. A Lei de seguridade vial: antecedentes e desenvolvemento regulamentario. Competencias dos municipios en materia de tráfico e circulación. Inmobilización e retirada de vehículos: supostos. Especial referencia ás denominadas Zona ORA.
Tema 15. Delictos contra a seguridade do tráfico. A alcoholemia: concepto, taxas, modo de intervir. Delictos contra a saúde pública.
Tema 16. Regulamento xeral de circulación: elementos de seguridade casco-cinto. Regulamento xeral de conductores: permisos de conducción dos estranxeiros. Regulamento xeral de vehículos: especial referencia á matriculación.
Tema 17. Permisos e licencias de conducir e documentación de vehículos.
Tema 18. Ordenanzas municipais e bandos da Alcaldía en materia de limpeza e ornato, venda ambulante, establecementos públicos, contedores, valos e estadas, mercados e outras da vía pública.
Tema 19. Dereitos e deberes dos funcionarios do corpo da policía local. Procedemento disciplinario.
Tema 20. Breve descrición do termo municipal de Vigo. Principiais vías urbanas, monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade. Centros oficiais.
ANEXO II
Exclusións médicas
1. Exclusións circunstanciais.
Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións policiais.
Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.
2. Exclusións definitivas.
2.1. Ollo e visión.
2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.
2.1.2. Queratotomía radial.
2.1.3. Desprendemento e retina.
2.1.4. Estrabismo.
2.1.5. Hemianopsias.
2.1.6. Discromatopsias.
2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.
2.2. Oído e audición:
Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hercios a 35 decibelios, ou de 4.000 hercios a 45 decibelios.
2.3. Outras exclusións:
2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).
2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.
2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo pasa-las cifras en repouso de 145 mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.
2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o pneumotorax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.
2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función policial.
2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eczema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.
2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías gra
ves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.
Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o punto 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.
ANEXO III
Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico
Tendo en conta as funcións que para o corpo da policía local se establecen no artigo 53 da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, os test irán dirixidos a excluí-los/as aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do corpo, e que se traduce nas seguintes:
1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e á desconsideración cara a normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.
2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.
3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vengativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.
4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.
5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorbar ós demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.
6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.
7. Histeira: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.
8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.
9. Introversión social: refírese á tendencia ó aillamento de contactos sociais, apatía, inseguridade, incapacidade de tomar decisións, lentitude, inflexibilidade de pensamento, etc.
Así mesmo, o tribunal fixará uns criterios mínimos antes da realización dos exercicios tanto a nivel intelectual como de personalidade que de non ser alcanzados excluirán o/a candidato, e que se traducen en:
1. Forza da persoa mesma: refírese a unha boa integración persoal e unha estructura compacta da personalidade que lle serve para actuar ante presións externas e tensións emocionais. Desta forma pódese desenvolver un traballo de forma desenvolta e aproveitando as circunstancias.
2. Dominancia: refírese á iniciativa social, persistencia, esforzo, preocupación, capacidade para o mando e identificación coa sociedade.
3. Responsabilidade: refírese á aceptación das consecuencias ocasionadas pola conducta, á conciencia das obrigas propias traducíndose en ser digno de confianza, con gran sentido de pertenza ó grupo co que actúa e a mostrar unha integridade total.
4. Control: refírese ó autocontrol que poidan presenta-las persoas en calquera momento.
14. Oficial extinción de incendios.
I. Número de prazas: 1.
II. Características da praza.
Enmarcada no grupo B; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, extinción de incendios. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición, e resérvase a praza para promoción interna entre funcionarios de carreira do grupo C de titulación do Servicio de Extinción de Incendios que conten cunha antiguidade de cando menos dous anos no corpo u escala a que se aspira ingresar.
Na fase de concurso ademais do establecido na base XII das xerais, valorarase:
Por desenvolver un posto superior ó base do grupo C (sarxento), por cada ano ou fracción superior a
seis meses sempre despois do primeiro ano, 0,20 puntos ata un máximo de 1 punto.
Por impartición de cursos homologados relacionados coas funcións do posto a que se aspira: 0,05 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto-técnico, FP3 ou equivalente.
Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.
V. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 2 horas 4 temas extraídos ó chou dos que figuran como anexo a estas bases. Un dos temas corresponderá ó temario común para o grupo B de titulación e tres ó temario específico.
Neste exercicio valoraranse os coñecementos sobre os temas expostos.
Concluída a lectura da totalidade dos temas o tribunal poderá pedirlle ó aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
Segundo exercicio. Así mesmo obrigatorio e eliminatorio.
Desenvolverase por escrito, durante un período máximo dunha hora, e consistirá en desenvolver un suposto real proposto polo tribunal e relacionado coas funcións propias asignadas á subescala.
Terceiro exercicio. Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na presentación e defensa dun proxecto profesional relacionado co posto de traballo que van desenvolver. Este proxecto deberá ser presentado no momento que o tribunal o acorde expresamente, por escrito e defendido oralmente ante o tribunal cualificador.
Este exercicio valorarase de 0 a 10 puntos.
A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais.
VI. Curso selectivo.
De conformidade co previsto na base XIV das xerais, o aspirante aprobado, unha vez presentada toda a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan a dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 6 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.
Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:
a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.
b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.
c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.
d) Non superar-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.
Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:
Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación e Transportes.
Secretario: un técnico de Administración xeral ou funcionario con habilitación de carácter nacional.
Vocais: o xefe do servicio. Dous representantes do comité de persoal.
A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten os profesores do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.
Temario específico
Tema 1. Plans territoriais e espaciais.
Tema 2. Regulamento de instalacións de protección contra incendios.
Tema 3. A fisioloxía do lume, fenómeno físicoquimico.
Tema 4. Cadea de incendio. Ignición. Propagación. Consecuencias.
Tema 5. Comportamento das estructuras ante os incendios.
Tema 6. Protección estructural ante os incendios.
Tema 7. Sistemas de detección e alarma de incendios. Tipos e descrición.
Tema 8. Os apontoamentos. Técnicas. Materiais empregados.
Tema 9. Fisuras e gretas. Análise dos diferentes tipos. Modos de actuación.
Tema 10. O Departamento de Extinción de Incendios. O departamento de Prevención de Incendios. Estructura, organización e funcións.
Tema 11. Proteccións personais contra incendios en ambientes tóxicos. Tipos e descrición.
Tema 12. Organización e funcionamento do Servicio contra Incendios e Salvamento. Misións encomendadas a cada posto.
Tema 13. Vehículos do servicio. Descrición do seu equipamento e servicios nos que debe intervir.
Tema 14. As comunicacións no servicio. No interior, exterior coa base, con outros móbiles e con outros servicios ou administracións.
Tema 15. Actuación coordinada do Servicio de Extinción de Incendios cos demais servicios de Protección Civil e Policía Local no caso de gran sinistro.
Tema 16. Ordes de saída dos diferentes vehículos e dotacións en función das dispoñibilidades e tipo de solicitude de intervención.
Tema 17. A coordinación das intervencións ente o parque central e o auxiliar. Xerarquización das ordes e instruccións de saída.
Tema 18. Transporte de mercadorías perigosas por estrada. O ADR.
Tema 19. Líquidos combustibles e inflamables. Prevención e extinción de incendios.
Tema 20. Extinción de incendios. Principais axentes extintores: auga, escumas, pos, halóns, outros.
Tema 21. A problemática dos incendios nos barcos. Actuación conxunta con outras administracións con especial incidencia en Protección Civil e Policía Local.
Tema 22. Aspectos económicos da prestación do servicio de extinción de incendios. Dotación orzamentaria. Clasificación económico-funcional dos gastos. A taxa pola prestación do servicio.
Tema 23. Corrente eléctrica: continua e alterna. Transformadores. Conductores e illamentos. Voltaxe, intensidade e resistencia.
Tema 24. A corrente eléctrica e os incendios.
Tema 25. Áreas e volumes usuais. Representación gráfica dos puntos nun sistema de coordenadas.
Tema 26. Forzas. Representación, sistemas de forzas. Centro de gravidade. Acción e reacción.
Tema 27. A función directiva na organización e mando do persoal. Técnicas de mando. Formas e estilos de mando. Funcións do mando, planificación, organización e control de traballos.
Tema 28. Fenómenos da calor: temperaturas, termómetros. Calor específico. Caloría. Dilatacións pola calor. Transmisións. Estado dos corpos e cambios de estado pola calor.
Tema 29. Os principios da termodinámica. Entropía.
Tema 30. Química dos hidrocarburos. Comportamento, familias.
Tema 31. A estructura da materia. Grupos e familias. O seu comportamento nos diferentes tipos de reaccións.
Tema 32. O risco de orixe nuclear. Radioactividade natural e artificial. Tipos de radiacións. Medidas protectoras.
Tema 33. Gases licuados do petróleo. GLP. Líquidos crioxénicos.
Tema 34. Gases tóxicos. Cloro. Amoníaco. As nubes de gas tóxico. Prevención. Medidas que hai que tomar.
Tema 35. Traxes de protección especial: NBQ.
Tema 36. Os límites inferior e superior de inflamabilidade e explosividade dos productos. O seu significado. Medición destes.
Tema 37. Deflagracións. Definición. Causa e efectos. Medidas de prevención.
Tema 38. Explosións. Denifición. Causa e efectos. Medidas de prevención.
Tema 39. Explosións BLEVE. Requisitos para que se xere. Características das ditas explosións. Medidas de prevención.
Tema 40. Os incendios forestais. Causas. Factores de propagación destes. Investigación.
Tema 41. Os accidentes de circulación na estrada. Excarceración de persoas e víctimas. Equipos e utensilios. Técnicas de intervención.
Tema 42. Ferramentas e útiles empregados na intervención contra incendios. Equipos de iluminación e sinalización.
Tema 43. Equipos de salvamento acuático. Equipamento persoal dos mergulladores. Locomoción na auga. Materiais especiais.
Tema 44. A NBE-CPI-96. Aspectos fundamentais referidos á compartimentación e evacuación.
Tema 45. Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais. Real decreto 786/2001.
Tema 46. O Regulamento de policía e espectáculos públicos e actividades recreativas. Aspectos fundamentais referidos á evacuación e ó contido da sección terceira: precaucións e medidas contra incendios.
Tema 47. A prevención de incendios en xeral con especial incidencia no informe dos proxectos, as inspeccións posteriores, as inspeccións consecuencia de denuncias de particulares e as visitas ós lugares de maior risco.
Tema 48. Coñecemento da cidade. Vías principais de circulación. Barrios. Parroquias. Edificios singulares. Situación dos puntos de máximo risco.
15. Bombeiro.
I. Número de prazas: 3.
II. Características.
Enmarcadas no grupo D, escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, extinción de incendios; categoría, bombeiro. Estarán
dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriben as prazas.
Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.
Deberán presentar xunto coa instancia certificado médico oficial co obxecto de acredita-la aptitude física, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.
IV. Sistema de selección.
Establécese o de oposición libre, de conformidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
V. Identificación dos opositores.
Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser esixido polo tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.
VI. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que hai que desenvolver.
Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.
O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.
Segundo exercicio. Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na realización das seguintes probas físicas:
a) Eliminatorio composto de tres probas:
1ª Subir e baixar a pulso unha corda lisa de sete metros sen axuda dos pés e sen impulso.
Descanso de 30 segundos.
2ª Pasar unha escaleira horizontal e sen soltarse realizar 12 flexións consecutivas, brazos totalmente
estendidos en posición prono e debendo supera-lo queixo a barra, non permitíndose balanceo na realización das flexións.
Descanso de 45 segundos.
3ª Executar 30 repeticións en press de banca con 40 kg, nun tempo inferior ou igual a 30 segundos, debendo executa-lo exercicio en cada unha das flexións tocando o peito coa barra e elevándoa á máxima extensión dos brazos.
As flexións teñen como obxectivo. Medi-la forza dos músculos flexores dos antebrazos y os da cintura escapulo-umeral.
Material. Unha barra fixa de ximnasia deportiva.
Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara a diante. Brazos e pernas estendidas. Os pés sen toca-lo solo.
Execución. Levanta-lo corpo cos brazos ata que o queixo pase a barra. Baixa-lo corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Repeti-lo exercicio tantas veces como se poida.
Regras. A flexión non é un movemento de latigazo, non se poden levanta-los xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá se-lo máis uniforme posible. O queixo non pode toca-la barra e debe superala. Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.
É necesario supera-las tres probas para poder continuar cos seguintes exercicios.
b) Consistirá na realización das probas físicas que se relacionan de seguido xunto coas marcas e puntuacións:
1ª Proba: 100 m lisos.
Obxectivo. Medi-la velocidade de desprazamento e a axilidade.
Material. Instalacións de atletismo e cronometraxe eléctrico.
Execución. Estableceranse as quendas que o tribunal estime oportuno, asignándose unha rúa a cada participante, sendo as voces de mando a utilizar dúas: 1. «Ós seus postos». A esta voz os participantes deberán ocupa-la súa posición detrás da liña de saída da súa respectiva rúa. Permitirase o uso de tacos de saída debendo se-la posición a seguinte: as dúas mans e un xeonllo deberán estar en contacto co chan e os dous pés cos tacos de saída. Non se pode toca-la liña de saída nin o chan por diante desta con ningunha parte do corpo. 2. «Listos». A esta voz os participantes deberán tomar sen perda de tempo a posición final de saída e permanecer inmóbiles ata a detonación da pistola ou aparello de saídas. A
posición será coas dúas mans en contacto co chan e os pés cos tacos de saída. Se un participante se move antes da detonación considerarase a saída falsa, dando o xuíz de saída o disparo definitivo soamente cando comprobe que tódolos participantes adoptaron a posición axeitada.
Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco. É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ó interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.
2ª Proba: carreira 200 m con carga 30 k.
Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica.
Terreo. Instalación de atletismo.
Descrición. Posición inicial: á voz de «listo» o executante sitúase detrás da liña de chegada dos 100 m cun saco de area de 30 kg de peso ós seus pés.
Ó oí-lo disparo tomará o saco do chan e correrá cara á liña de saída dos 100 m, sorteará un corpo xeométrico e volverá cara á chegada completando un percorrido de 200 m.
Normas. O saco deberá transportarse durante a totalidade da proba. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco.
3ª Proba: circuíto de axilidade.
Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).
Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos pegados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.
Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.
Execución. Á sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.
Regras. O cronómetro eléctrico porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco (cando pase o último valo co tronco). Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó pasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.
4ª Proba: carreira 1.000 m.
Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica láctica.
Material. Instalación de atletismo e cronometraxe eléctrica.
Descrición. Estableceranse as quendas que o tribunal estime oportuno. Os aspirantes situaranse por orde a tres metros da liña de saída, e a única voz que se utilizará é a de «Ós seus postos», debendo neste intre situarse detras da liña de saída sen pisala e de pé. O disparo de saída efectuarase unha vez que o xuíz comprobe que tódolos participantes están na posición axeitada.
Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco.
5ª Proba: natación 100 m.
Descrición: o aspirante nadará no seu estilo preferido a distancia de 100 m en piscina. Á voz de «xa» comezará a proba que finalizará no momento no que o executante toque a parede da piscina do lugar de saída.
Normas. Durante a proba deberá tocarse a parede dos extremos da piscina. A indumentaria para a execución da proba consistirá en bañador, gorro e lentes, unicamente. Non se permitirá a utilización de elementos que faciliten a acción de nadar.
Marcas e puntuacións.
Marcas Puntuación
100 m lisos 11'' 80 20 11'' 82 18 11'' 85 16 11'' 90 14 11'' 97 12 12'' 07 10 12'' 22 8 12'' 44 6
Marcas Puntuación
12'' 74 4 13'' 10 2 Carreira 200 m con carga 30 kg 33'' 20 33'' 20 18 33'' 50 16 34'' 00 14 34'' 70 12 35'' 60 10 36'' 70 8 38'' 00 6 39'' 40 4 41'' 00 2 Axilidade 8'' 80 20 8'' 83 18 8'' 88 16 8'' 95 14 9'' 04 12 9'' 15 10 9'' 28 8 9'' 44 6 9'' 63 4 9'' 85 2 Carreira 1.000 m 2' 50'' 20 2' 51'' 18 2' 52'' 16 2' 54'' 14 2' 56'' 12 2' 59'' 10 3' 02'' 8 3' 06'' 6 3' 10'' 4 3' 14'' 2 Natación 100 m 1' 15'' 20 1' 16'' 18 1' 18'' 16 1' 21'' 14 1' 24'' 12 1' 27'' 10 1' 31'' 8 1' 35'' 6 1' 40'' 4 1' 45'' 2
Tódolos/as aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.
Nas probas desta alínea b) os aspirantes quedan obrigados a chegar en calquera das probas a un mínimo de 2 puntos, se non serán declarados non aptos, quedando eliminados do proceso selectivo. Así mesmo, tamén quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 10 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.
Para as mulleres rexerán os mesmos criterios sinalados no parágrafo anterior, coa salvidade de que á puntuación que obteñan se lle incrementará un 20%.
Terceiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test de 40 preguntas como mínimo, con tres respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo I destas bases, no tempo que estableza o tribunal.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Cuarto exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como
anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.
A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.
Así mesmo o tribunal reserva para si a posibilidade, se o estima oportuno, de realizar probas de control antidopping.
Quinto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
O primeiro e cuarto exercicio cualificaranse como apto ou non apto.
O segundo exercicio cualificaranse as probas do apartado a) como apto ou non apto e nas da alínea b), puntuarase de 0 a 20 puntos, quedando os aspirantes obrigados a chegar en calquera das probas un mínimo de 2 puntos, se non quedará eliminado. Así mesmo, tamén quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 10 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.
O terceiro exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos.
A cualificación do quinto exercicio farase conforme o previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos.
A suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición segundo, terceiro e quinto, suporá a puntuación total da proba selectiva, que servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.
VII. Curso selectivo.
De conformidade co previsto na base XIV das xerais, o aspirante aprobado, unha vez achegada toda a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.
Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:
a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.
b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.
c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.
d) Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.
e) Non supera-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.
Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:
Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación e Transportes.
Secretario: un técnico de administración xeral ou funcionario con habilitación de carácter nacional.
Vocais: o xefe do servicio. O suboficial, e no seu defecto o sarxento ou cabo de maior antigüidade. Dous representantes do comité de persoal.
A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten os profesores do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.
ANEXO I
(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais).
Parte xeral.
Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.
Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.
Tema 3. Organización e competencias municipais.
Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.
Parte específica.
Tema 5. Líquidos inflamables e combustibles.
Tema 6. Gases.
Tema 7. Química e física do lume.
Tema 8. Teoría da extinción do lume.
Tema 9. Explosións.
Tema 10. Clasificación dos incendios atendendo á súa natureza.
Tema 11. Tipos de extintores, as súas clases e forma de emprego en cada un dos tipos de incendios.
Tema 12. Incendios forestais. Tipoloxía e formas de combatelos.
Tema 13. Comportamento ante o lume dos diferentes tipos de estructuras.
Tema 14. Gases licuados do petróleo (GLP).
Tema 15. Xeneralidade da NBE/CPI-96.
Tema 16. Socorrismo. Principios xerais. Actuación en caso de accidentes con síntomas de fracturas, conmoción, queimaduras e intoxicación.
Tema 17. Resistencia e reacción ó lume.
Tema 18. A auga e os seus activos na loita contra o lume.
Tema 19. Transporte de mercadorías perigosas ADR. Etiquetaxe e sinalización de vehículos. Definición e clasificación das materias perigosas. Carta de porte e ficha de seguridade.
Tema 20. Vehículos, equipos e roupa protectora dos servicios contra incendios.
ANEXO II
Exclusións médicas
1. Exclusións circunstanciais.
Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións de bombeiro.
Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.
2. Exclusións definitivas:
2.1. Ollo e visión.
2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.
2.1.2. Queratotomía radial.
2.1.3. Desprendemento e retina.
2.1.4. Estrabismo.
2.1.5. Hemianopsias.
2.1.6. Discromatopsias.
2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.
2.2. Oído e audición:
Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hercios a 35 decibelios, ou de 4.000 hercios a 45 decibelios.
2.3. Outras exclusións:
2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño
do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).
2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.
2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo excede-las cifras en repouso de 145 mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.
2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o pneumotorax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro.
2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función de bombeiro.
2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función de bombeiro.
2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función de bombeiro.
Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o punto 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.
ANEXO III
Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico
Tendo en conta as funcións que debe realiza-lo Servicio de Extinción de Incendios, os test irán dirixidos a excluí-los aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do servicio, e que se traducen nas seguintes:
1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e á desconsideración cara a normas sociais. Aparentemente
esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia móstranse agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.
2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.
3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vengativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.
4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.
5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorbar ós demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.
6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.
7. Histeira: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.
8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.
Así mesmo, o tribunal fixará uns criterios mínimos antes da realización dos exercicios tanto a nivel intelectual como de personalidade que de non ser alcanzados excluirán o/a candidato, e que se traducen en:
1. Nivel intelectual: refírese a capacidade para toma de decisións, capacidade de aprendizaxe, atención e concentración na tarefa.
2. Nivel de personalidade: refírese a factores como estabilidade emocional, orde e minuciosidade, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo, sociabilidade e capacidade de adaptación ó grupo, capacidade de concentración e capacidade para afrontar actuacións novas que impliquen risco.
16. Conductor-bombeiro.
I. Número de prazas: 5.
II. Características.
Integradas no grupo D de titulación, escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriben as prazas.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre, de confomidade co previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente e en posesión do carné de conducir da clase C+E con BTP na data de finalización do prazo de presentación de instancias.
Deberán presentar xunto coa instancia certificado médico oficial co obxecto de acredita-la aptitude física, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.
V. Identificación dos opositores.
Os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do seu DNI, que poderá ser esixido polo tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba.
VI. Exercicios da oposición.
Primeiro exercicio. Exame psicotécnico, de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que se van desenvolver.
Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.
O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.
Segundo exercicio. Probas de aptitude física. Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na realización das seguintes probas físicas:
a) Eliminatorio composto de tres probas:
1ª Subir e baixar a pulso unha corda lisa de sete metros sen axuda dos pés.
Descanso de 30 segundos.
2ª Pasar unha escaleira horizontal e sen soltarse realizar 10 flexións consecutivas, brazos totalmente estendidos e debendo supera-lo queixo a barra.
Descanso de 30 segundos.
3ª Executar 25 repeticións en press de banca con 40 kg, nun tempo inferior ou igual a 40 segundos, debendo executa-lo exercicio en cada unha das flexións tocando o peito coa barra e elevándoa á máxima extensión dos brazos.
As flexións teñen como obxectivo. Medi-la forza dos músculos flexores dos antebrazos y os da cintura escapulo-umeral.
Material. Unha barra fixa de ximnasia deportiva.
Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara a diante. Brazos e pernas estendidas. Os pés sen toca-lo solo.
Execución. Levanta-lo corpo cos brazos ata que o queixo pase a barra. Baixa-lo corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Repeti-lo exercicio tantas veces como se poida.
Regras. A flexión non é un movemento de latigazo, non se poden levanta-los xeonllos. Non se permite dar impulso sacudindo as pernas. Non se permite o balanceo do corpo. O movemento de flexo-extensión deberá se-lo máis uniforme posible. O queixo non pode toca-la barra e debe superala. Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.
É necesario supera-las tres probas para poder continuar cos seguintes exercicios.
b) Consistirá na realización das probas físicas que se relacionan de seguido xunto coas marcas e puntuacións:
1ª Proba: 100 m lisos.
Obxectivo. Medi-la velocidade de desprazamento e a axilidade.
Material. Instalacións de atletismo e cronometraxe eléctrica.
Execución. Estableceranse as quendas que o tribunal estime oportuno, asignándose unha rúa a cada participante, sendo as voces de mando que se utilizarán dúas: 1. Ós seus postos. A esta voz os participantes deberán ocupa-la súa posición detrás da liña de saída da súa respectiva rúa. Permitirase o uso de tacos de saída debendo se-la posición a seguinte: as dúas mans e un xeonllo deberán estar en contacto co chan e os dous pés cos tacos de saída. Non se pode toca-la liña de saída nin o chan
por diante dela con ningunha parte do corpo. 2. Listos. A esta voz os participantes deberán tomar sen perda de tempo a posición final de saída e permanecer inmóbiles ata a detonación da pistola ou aparello de saídas. A posición será coas dúas mans en contacto co chan e os pés cos tacos de saída. Se un participante se move antes da detonación considerarase a saída falsa, dando o xuíz de saída o disparo definitivo soamente cando comprobe que tódolos participantes adoptaron a posición axeitada.
Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco. É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ó interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.
2ª Proba: carreira 200 m con carga 30 k.
Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica.
Terreo. Instalación de atletismo.
Descrición. Posición inicial: á voz de listo o executante sitúase detrás da liña de chegada dos 100 m cun saco de area de 30 kg de peso ós seus pés.
Ó oí-lo disparo tomará o saco do chan e correrá cara á liña de saída dos 100 m, sorteará un corpo xeométrico e volverá cara á chegada completando un percorrido de 200 m.
Normas. O saco deberá transportarse durante a totalidade da proba. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do borde máis próximo da liña de meta co seu tronco.
3ª Proba: circuíto de axilidade.
Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade).
Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos pegados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.
Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.
Execución. Ó sinal, correrase na dirección que indica o debuxo, no menor tempo posible.
Regras. O cronómetro eléctrico porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco (cando pase o último valo co tronco). Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó pasalo. Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.
4ª Proba: carreira 1.000 m.
Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica láctica.
Material. Instalación de atletismo e cronometraxe eléctrica.
Descrición. Estableceranse as quendas que o tribunal estime oportuno. Os aspirantes situaranse por orde a tres metros da liña de saída, e a única voz que se utilizará é a de «Ós seus postos», debendo neste intre situarse detras da liña de saída sen pisala e de pé. O disparo de saída efectuarase unha vez que o xuíz comprobe que tódolos participantes están na posición axeitada.
Regras. O cronómetro porase en marcha no momento da detonación e deterase cando o participante alcance a vertical do bordo máis próximo da liña de meta co seu tronco.
5ª Proba: natación 100 m.
Descrición. O aspirante nadará no seu estilo preferido a distancia de 100 m en piscina. Á voz de «xa» comezará a proba que finalizará no momento no que o executante toque a parede da piscina do lugar de saída.
Normas. Durante a proba deberá tocarse a parede dos extremos da piscina. A indumentaria para a execución da proba consistirá en bañador, gorro e lentes, unicamente. Non se permitirá a utilización de elementos que faciliten a acción de nadar.
Marcas e puntuacións.
Marcas Puntuación
100 m lisos 12'' 00 10 12'' 03 9 12'' 07 8 12'' 13 7 12'' 22 6 12'' 34 5 12'' 51 4 12'' 74 3
Marcas Puntuación
13'' 04 2 13'' 40 1 Carreira 200 m con carga 30 kg 36'' 00 10 36'' 30 9 36'' 80 8 37'' 50 7 38'' 40 6 39'' 50 5 40'' 08 4 42'' 30 3 44'' 00 2 46'' 00 1 Axilidade 9'' 30 10 9'' 32 9 9'' 36 8 9'' 42 7 9'' 50 6 9'' 60 5 9'' 72 4 9'' 86 3 10'' 04 2 10'' 30 1 Carreira 1.000 m 3' 00'' 10 3' 01'' 9 3' 02'' 8 3' 04'' 7 3' 06'' 6 3' 09'' 5 3' 12'' 4 3' 17'' 3 3' 21'' 2 3' 26'' 1 Natación 100 m 1' 22'' 10 1' 23'' 9 1' 25'' 8 1' 27'' 7 1' 30'' 6 1' 34'' 5 1' 38'' 4 1' 42'' 3 1' 47'' 2 1' 52'' 1
Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.
Nas probas desta alínea b) os aspirantes quedan obrigados a chegar en calquera das probas a un mínimo de 1 punto, se non serán declarados non aptos, quedando eliminados do proceso selectivo. Así mesmo, tamén quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 5 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.
Para as mulleres rexerán os mesmos criterios sinalados no parágrafo anterior, coa salvidade de que á puntuación que obteñan se lle incrementará un 20%.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá nun exame práctico composto de dúas partes, un de axilidade, manexo e aptitude no que se refire a execución de manobras e outro de habilidade na conducción dun vehículo do servicio polo circuíto proposto polo tribunal.
Para a realización deste exercicio deberán comparecer provistos do permiso de circulación esixido, declarando o tribunal excluído do proceso selectivo, ó aspirante que non cumpra os requisitos esixidos nestas bases, respecto do dito permiso.
Este exercicio cualificarase a primeira parte como apto ou non apto e o segundo de 0 a 10 puntos.
Cuarto exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test de 40 preguntas como mínimo, con tres respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo I destas bases, no tempo que estableza o tribunal.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Quinto exercicio. Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria, de carácter obrigatorio e eliminatorio.
A toma de mostras farase inmediatamente despois da realización das probas físicas.
Así mesmo, o tribunal reserva para si a posibilidade, se o estima oportuno, de realizar probas de control antidopping.
Sexto exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
O primeiro e quinto exercicio cualificaranse como apto ou non apto.
No segundo exercicio cualificaranse as probas da alínea a) como apto ou non apto e nas da alínea b), quedará eliminado o aspirante que non acade un mínimo de 5 puntos como resultado de dividi-lo total de puntos obtidos en cada unha das probas por cinco.
O terceiro exercicio cualificarase a primeira parte como apto ou non apto e o segundo de 0 a 10 puntos.
O cuarto exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos.
A cualificación do sexto exercicio farase conforme o previsto na base X das xerais, cun máximo de 2 puntos.
A relación de aprobados por orde de puntuación, farase de conformidade coa base X das xerais.
VII. Curso selectivo.
De conformidade co previsto na base XIV das xerais, o aspirante aprobado, unha vez presentada toda a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 3 meses de duración como máximo, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.
Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:
a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.
b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.
c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.
d) Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo II.
e) Non superar-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.
Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:
Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación e Transportes.
Secretario: un técnico de administración xeral ou funcionario con habilitación de carácter nacional.
Vocais: o xefe do servicio. O suboficial, e no seu defecto o sarxento ou cabo de maior antigüidade. Dous representantes do comité de persoal.
A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle faciliten os profesores do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.
ANEXO I
(Exclúese o común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais).
Parte xeral.
Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.
Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.
Tema 3. Organización e competencias municipais.
Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.
Parte específica incendios.
Tema 1. Teoría da extinción do fogo.
Tema 2. Tipos de extintores, as súas clases e forma de emprego en cada un dos incendios.
Tema 3. Incendios forestais. Tipoloxía, formas de combatilos.
Tema 4. Clasificación dos incendios atendendo á súa natureza.
Tema 5. Gases.
Tema 6. Gases licuados do petróleo (GLP).
Tema 7. Socorrismo. Principios xerais. Actuación en caso de accidentes con síntomas de fracturas, conmocións, queimaduras e intoxicación.
Tema 8. Vehículos, equipos e roupa protectora dos servicios contra incendios.
Tema 9. Breve descrición do termo municipal de Vigo. O núcleo urbano. Principais vías urbanas e de circunvalación. Monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade.
Parte específica mecánica.
Tema 1. Motor de gasolina. Descrición dos seus elementos e funcionamento.
Tema 2. Motor diésel. Principios fundamentais e funcionamento.
Tema 3. Circuíto de alimentación e de inxección en motores diésel. Equipo eléctrico dos vehículos con motor diésel e gasolina. Arranque. Iluminación.
Tema 4. Engraxamento. Misións do engraxamento e sistemas.
Tema 5. Cambio de velocidades. Descrición e funcionamento.
Tema 6. Freos. Elementos de que se compoñen. Clases. Funcionamento. Embrague. O seu obxecto. Elementos de que se compón. Funcionamento.
Tema 7. Turbocompresores. Sobrealimentación. Refrixeración. O seu obxecto. Fundamento e descrición dos seus elementos.
ANEXO II
Exclusións médicas
1. Exclusións circunstanciais.
Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións de conductor-bombeiro.
Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.
2. Exclusións definitivas:
2.1. Ollo e visión:
2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.
2.1.2. Queratotomía radial.
2.1.3. Desprendemento e retina.
2.1.4. Estrabismo.
2.1.5. Hemianopsias.
2.1.6. Discromatopsias.
2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.
2.2. Oído e audición:
Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hercios a 35 decibelios, ou de 4.000 hercios a 45 decibelios.
2.3. Outras exclusións:
2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo (patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).
2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.
2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo pasa-las cifras en repouso de 145 mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como, calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.
2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o neumotorax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.
2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.
2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función de conductor-bombeiro.
2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías gra
ves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función de conductor-bombeiro.
Respecto a exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o punto 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.
ANEXO III
Perfil psicolóxico para o exame psicotécnico
Tendo en conta as funcións que debe realiza-lo Servicio de Extinción de Incendios, os test irán dirixidos a excluí-los aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do servicio, e que se traducen nas seguintes:
1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración cara a normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades, por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.
2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.
3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vengativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.
4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.
5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorbar ós demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, mostrando graves dificultades coa lei e os seus representantes.
6. Depresión: refírese á tendencia a mostrar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.
7. Histeira: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.
8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.
Así mesmo, o tribunal fixará uns criterios mínimos antes da realización dos exercicios tanto a nivel intelectual como de personalidade que de non ser alcanzados excluirán o/a candidato, e que se traducen en:
1. Nivel intelectual: refírese á capacidade para toma de decisións, capacidade de aprendizaxe, atención e concentración na tarefa.
2. Nivel de personalidade: refírese a factores como estabilidade emocional, orde e minuciosidade, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo, sociabilidade e capacidade de adaptación ó grupo, capacidade de concentración e capacidade para afrontar actuacións novas que impliquen risco.
17. Auxiliar servicios internos.
I. Número de prazas: 14.
II. Características.
En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriban as prazas.
Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
Reservanse para promoción interna, entre persoal laboral ó servicio da corporación, equiparado o grupo E de titulación.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente.
V. Fase de oposición.
Primeiro exercicio. Obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test proposto polo tribunal de 40 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas tamén como mínimo, relacionado cos temas do programa que figura como anexo ás presentes bases, no tempo que fixe o tribunal.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación outorgada a cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Igualmente obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico proposto polo tribunal, en materias relacionadas co temario anexo, no tempo que fixe o tribunal.
Terceiro exercicio. Tamén obrigatorio e eliminatorio.
Consitirá nunha proba de coñecementos a nivel usuario de contornos operativos windonws ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (MS office ou similar) e de utilidades básicas da Internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc.), no tempo que estableza o tribunal.
A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base X das xerais.
ANEXO
(Exclúese o temario común para prazas do grupo D, que figura como anexo ás bases xerais).
Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios fundamentais. Dereitos e deberes fundamentais dos españoles.
Tema 2. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno. O Poder Xudicial.
Tema 3. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais e estructura.
Tema 4. A Unión Europea. A Acta Única Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario. Breve referencia ás institucións da Unión Europea.
Tema 5. Principios de actuación da administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.
Tema 6. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo xeral.
Tema 7. Formas da acción administrativa. Fomento. Policía. Servicio público.
Tema 8. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 9. O municipio. O termo municipal. Poboación. O empadroamento.
Tema 10. Organización municipal. Competencias.
Tema 11. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 12. A función pública local e a súa organización.
Tema 13. Dereitos e deberes dos traballadores segundo o Estatuto. Faltas e sancións, procedemento sancionador do persoal laboral segundo o Acordo regulador de condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo.
Tema 14. Facendas locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.
Tema 15. O administrado. Os dereitos e deberes dos veciños no ámbito local. O cidadán como cliente e como usuario dos servicios públicos.
Tema 16. A atención ó público. Atención telefónica.
Tema 17. O rexistro de documentos: concepto. O rexistro de entrada e saída. Requisitos da presentación de documentos. A informatización dos rexistros. Comunicacións e notificacións.
Tema 18. O arquivo. Clases de arquivo e funcionamento. O dereito dos cidadán ó acceso a arquivos e rexistros.
Tema 19. Os documentos administrativos. Especial referencia ó expediente.
Tema 20. Breve referencia á prevención de riscos laborais.
18. Oficial xardineiro.
I. Número de prazas: 2.
II. Características.
En réxime laboral, equiparadas ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriban as prazas.
Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
Reservase unha para promoción interna, entre persoal laboral ó servicio da corporación, equiparado o grupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente.
V. Fase de oposición.
Constará de tres exercicios:
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.
Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento de idioma galego prevista na base X das xerais.
Exclúense de realizar este terceiro exercicio ó persoal que participa pola quenda de promoción interna.
A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario específico
Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.
Tema 5. Funcións e tarefas máis importantes dun oficial xardineiro.
Tema 6. Céspedes. Implantación do céspede. Preparación do terreo. Sementeira. Sementes e as súas clases, mesturas. A sementeira por tepes.
Tema 7. Mantemento de céspedes. Tipo de segas. Escarificados. Aireados, etc.
Tema 8. Botánica aplicada á xardinería: a planta conceptos xerais. A raíz, o talo, as follas e as flores. Clasificación das plantas. Nomenclatura.
Tema 9. Multiplicación de plantas: asexual e sexual.
Tema 10. Pragas e enfermidades. Pragas máis comúns e o seu tratamento.
Tema 11. Maquinaria, útiles e ferramentas máis usadas na xardinería.
Tema 12. Diferentes tipos de rega. Regas en xardíns e xardineiras.
Tema 13. Plantación de árbores, arbustos e sebes, dimensionado das fochas, época de plantación, entitorado, apertura, preparación da focha, fertilización.
Tema 14. Poda e cirurxía arbórea: orientación da caída dunha póla, apeo dunha póla con axuda de cordas. Refaldado, corrección na orientación en pólas estructurais.
Tema 15. Podas en arbustos. De formación e de floración.
Tema 16. Conservación de zonas verdes: conceptos xerais de conservación dunha zona verde. Calendario de conservación ó longo do ano.
Tema 17. Preparación de arborado para plantación. A raíz núa, cepellón, etc.
Tema 18. Solos, análise, emendas e correccións.
Tema 19. Fertilizantes e substratos.
Tema 20. Seguridade e saúde laboral: riscos, proteccións persoais e colectivas nos traballos de xardinería.
19. Oficial conductor.
I. Número de prazas: 2.
II. Características.
En réxime laboral, equiparadas ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriban as prazas.
Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
Reservase unha para promoción interna, entre persoal laboral ó servicio da corporación, equiparado o grupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente e deberán estar en posesión do permiso de conducir da categoría C+D+E.
V. Fase de oposición.
Constará de tres exercicios:
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.
Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
Exclúense de realizar este terceiro exercicio ó persoal que participa pola quenda de promoción interna.
A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario específico
Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.
Tema 5. O tacógrafo. Utilización. Obrigas do conductor respecto do seu uso.
Tema 6. A inspección técnica de vehículos. O seu obxectivo e periodicidade.
Tema 7. Requisitos administrativos para a conducción de vehículos automóbiles. Permisos de conducción. A tarxeta de transporte.
Tema 8. Carga e descarga. Normas e prohibicións.
Tema 9. Transporte de cargas especiais. Normativa.
Tema 10. Operacións e comprobacións básicas para a posta en servicio de vehículos lixeiros, pesados e máquinas.
Tema 11. O circuíto de carga de batería.
Tema 12. Circuítos de iluminación do vehículo. Tipos e funcións.
Tema 13. Diversos sistemas de engramento. Descrición e aplicacións.
Tema 14. Refrixeración de motores. Compoñentes dos diversos sistemas. Precaucións e mantemento.
Tema 15. Sinalización segundo a Lei e Regulamento de tráfico, circulación e seguridade vial.
Tema 16. Infraccións, sancións e medidas cautelares segundo a Lei e o Regulamento de tráfico, circulación e seguridade vial.
Tema 17. Prioridades de paso: cruzamentos, estreitamentos, pontes, obras, etc.
Tema 18. Suspensión. Constitución e elementos de que consta.
Tema 19. Distintos tipos de servofreos.
Tema 20. Seguros. Modalidades e as súas coberturas. Partes de sinistro.
20. Oficial desinfector.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
En réxime laboral, equiparada ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriba a praza.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
Reservase para promoción interna, entre persoal laboral ó servicio da corporación, equiparado o grupo E de titulación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XII das xerais.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente.
V. Fase de oposición.
Constará de tres exercicios:
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.
Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.
A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario específico
Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.
Tema 5. Funcións e tarefas fun oficial de desinfección.
Tema 6. O tamaño, a forma e agrupación das bacterias.
Tema 7. Etiquetaxe dos envases, as etiquetas que definen a súa perigosidade.
Tema 8. Describe os dous tipos de cascudas máis frecuentes na nosa xeografía.
Tema 9. Materiais necesarios para a realización dun tratamento de desinfección e frecuencia.
Tema 10. Avaliación das inspeccións, control de pragas, medidas físicas, medidas químicas.
Tema 11. Desenvolvemento dunha campaña de desinfección.
Tema 12. Mecanismos máis importantes de loita contra insectos.
Tema 13. Métodos de esterilización actuais.
Tema 14. Características biolóxicas das ratas.
Tema 15. Eliminación de envases, insecticidas e desinfectantes residuais.
Tema 16. Pasos que se seguirán para a realización dunha desinfección, por tódolos seus métodos.
Tema 17. Artrópodos nocivos, artrópodos parasitos (ácaros, piollos, pulgas), artrópodos molestos (arañas, abellas e vésporas).
Tema 18. Tipos de pragas (artrópodos).
Tema 19. Primeiros auxilios a persoas por intoxicacións no traballo.
Tema 20. Características que debe cumprir un insecticida de garantía sanitara.
21. Oficial albanel.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
En réxime laboral, equiparada ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriba a praza.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente.
V. Fase de oposición.
Constará de tres exercicios:
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.
Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario específico
Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.
Tema 5. Albanelería: oficio, ferramentas, útiles e medios auxiliares.
Tema 6. Cementos: características e clases. Argamasas, xesos e cales. Clasificación e aplicacións.
Tema 7. Fábrica de ladrillo: particións, muros resistentes, clases, condicións dos muros, execución e control de execución.
Tema 8. Fábrica de bloques: clases, execución e control de execución.
Tema 9. Argamasas. Compoñentes, condicións dos materiais, características das argamasas, amasado e tempos de utilización.
Tema 10. Revestimento de paramentos: chapados e revestimento de azulexos, especificacións dos materiais, execución e control de execución. Enfoscados, especificacións de materiais, execución e control de execución.
Tema 11. Revestimento de paramentos: gornecidos e enlucidos, especificacións dos materiais, execución e control de execución. Revocaduras, especificación dos materiais, execución e control de execución.
Tema 12. Soleiras: tipos, materiais, execución e control de execución.
Tema 13. Pavimentos continuos e pavimentos flexibles. Materiais, execución e control de execución. Pavimentos de pezas ríxidas: forma e tipo de material, sistemas de colocación, execución e control de execución.
Tema 14. Entibación, armazóns e estadas. Tipos e características xerais.
Tema 15. Movementos de terras. Muros de contención e operacións de recheo.
Tema 16. Encofrados. Xeneralidades. Clasificación. Materiais utilizados.
Tema 17. Idea xeral de traballos doutras profesións en relación coa albanelería: fontanería, carpintería e pintura.
Tema 18. Traballos de demolición. Idea xeral de demolicións de tabiques, muros e construccións pequenas en xeral.
Tema 19. Formigóns. Compoñentes. Curado. Fraguado.
Tema 20. Seguridade e hixiene: riscos, proteccións persoais e colectivas nas obras de albanelería.
22. Oficial sepultureiro.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
En réxime laboral, equiparada ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriba a praza.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre co baremo previsto nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar, FP1 ou equivalente.
V. Fase de oposición.
Constará de tres exercicios:
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.
Neste exercicio teórico, cada resposta incorrecta penalizará coa metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatorio.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificacion de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario específico
Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.
Tema 5. Funcións e tarefas máis importantes dun oficial sepultureiro.
Tema 6. Cemiterios: concepto e clases.
Tema 7. Condicións de localización dos cemiterios.
Tema 8. Sepulturas: concepto e uso.
Tema 9. Depósitos de cadáveres e salas de autopsia.
Tema 10. Normas sobe apertura, inspección, suspensión e clausura dun cemiterio.
Tema 11. Servicios que se prestan nos cemiterios municipais.
Tema 12. Coidados e prevencións na práctica das exhumacións.
Tema 13. Maneira de realizar unha inhumación: especialidades segundo a sepultura.
Tema 14. Concepto de domicilio mortuorio. Depósito funerario, conducción ordinaria e traslados.
Tema 15. Concepto e clases de cadaleitos.
Tema 16. Normas sanitarias sobre cadáveres.
Tema 17. Concepto de policía sanitaria mortuoria.
Tema 18. Forma de prestación do servicio funerario no Concello de Vigo.
Tema 19. Breve análise do contido da Lei 49/1978, do 3 de novembro, sobre enterramentos e cemiterios municipais.
Tema 20. Regulamento de policía sanitaria e mortuoria da Comunidade Autónoma galega, aprobado polo Decreto 134/1998, do 23 de abril, e as súas modificacións.
23. Oficial mecánico.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
En réximen laboral, equiparada ó grupo D ós efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriba a praza.
Figurará incluída no réximen de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre, co baremo previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais da convocatoria derivada da oferta de emprego público correspondente ó año 2002.
IV. Condicións dos aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.
V. Fase de oposición.
Constará de dous exercicios:
Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un test de 40 preguntas como mínimo con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que proporá o tribunal inmediatamente antes de que se inicie o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza o tribunal.
Neste exercicio, teórico, cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que proporá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario específico
Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.
Tema 5. A inspección técnica de vehículos. Operacións en que consiste e preparación do vehículo para a dita inspección.
Tema 6. Distribución válvulas. Árbore de levas.
Tema 7. Diferentes sistemas de engraxamento e posibles avarías neles.
Tema 8. Revisión dun circuíto de refrixeración. Elementos que hai que considerar.
Tema 9. A carburación. Regraxes.
Tema 10. Descrición dos diversos elementos da instalación eléctrica dun vehículo e as súas respectivas funcións.
Tema 11. Equipos de inxección. Partes, revisión e mantemento.
Tema 12. Cambio de velocidades. Fundamentos e elementos esenciais.
Tema 13. Organización da ponte traseira.
Tema 14. Béstas. A folla mestra. Perno capuchino. Abrazadeiras e bridas. Operacións para a súa substitución.
Tema 15. Descrición das avarías máis frecuentes na suspensión e operacións a realizar nestas reparacións.
Tema 16. Dirección asistida. Descrición e compoñentes.
Tema 17. Descrición dos elementos esenciais dun circuíto de freos de aire comprimido.
Tema 18. Motor turboalimentado.
Tema 19. Descrición dos compoñentes do tren de rodaxe dunha máquina.
Tema 20. A ficha de traballo. A súa relación coa ficha de almacén e cos custos de reparación.
24. Axudante de oficios.
I. Número de prazas: 8.
II. Características.
En réxime laboral, equiparadas ó grupo E para os efectos de titulación. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó grupo E e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriban as prazas.
Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre, co baremo previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos/as aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de certificado de estudios primarios, de escolaridade ou equivalente.
Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.
V. Fase de oposición.
Constará de tres exercicios:
Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un test de 20 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza como mínimo.
Neste exercicio, teórico, cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario
Os tres primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo E.
Tema 4. Ferramentas máis utilizadas polas brigadas de obras, albanelería, electricidade, carpintería e fontanería. Características e aplicacións.
Tema 5. Maquinaria utilizada polas brigadas de obras. Características e aplicacións da formigoneira, compresor, martelo, dumper e compactadora.
Tema 6. Conservación e mantemento de parques e xardíns: ferramentas utilizadas, podas e fertilización.
Tema 7. Os materias da construcción. Clases e aplicación.
Tema 8. Normas elementais de amoreamento e almacenaxe dos diversos materiais utilizados.
Tema 9. A misión do axudante en relación cos diversos oficios: especial referencia ós de albanelería, electricidade, fontanería, carpintería e pintura.
Tema 10. Seguridade e saúde laboral: riscos, proteccións persoais e colectivas de carácter común ós diversos oficios.
25. Peón.
I. Número de prazas: 1.
II. Características.
En réxime laboral, equiparada ó grupo E para os efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións
básicas correspondentes ó grupo E e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscriba a praza.
Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.
III. Sistema de selección.
Establécese o de concurso-oposición libre, co baremo previsto nestas bases específicas e o establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002.
IV. Condicións dos/as aspirantes.
Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de certificado de estudios primarios, de escolaridade ou equivalente.
Os anteriores requisitos xustificaranse da forma prevista na base IV das xerais.
V. Fase de oposición.
Constará de tres exercicios:
Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en contestar por escrito a un test de 20 preguntas como mínimo, con 3 respostas alternativas, tamén como mínimo, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases, no prazo que estableza como mínimo.
Neste exercicio, teórico, cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada.
Segundo exercicio. Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do temario específico, no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.
Terceiro exercicio. De carácter obrigatorio e non eliminatoiro.
Consistirá na práctica da proba de coñecemento do idioma galego prevista na base X das xerais.
A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base X das xerais.
ANEXO
Temario
Os tres primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo E.
Tema 1. Maquinaria e materiais empregados na construcción.
Tema 2. Nocións básicas de electricidade.
Tema 3. Nocións sobre os servicios de abastecemento de augas, rede de sumidoiros e luz pública.
Tema 4. Nocións de xardinería. Plantación e cualidades de árbores e plantas.
Tema 5. Nocións básicas de fontanería.
Tema 6. Nocións básicas de carpintería.
Tema 7. Nocións básicas de pintura.
Vigo, 7 de marzo de 2003.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde

