Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de nomeamento de funcionario.

Por medio deste anuncio e para xeral coñecemento, faise público que a Alcaldía-Presidencia deste concello, con data do trinta e un de marzo de dous mil tres, dictou a resolución na que se acordou:

«Primeiro.-Resolve-lo concurso-oposición tramitado para cubrir unha praza da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores, identificado no encabezamento e, en consecuencia, nomear a Julio Vázquez Rodríguez, con DNI número 33836921-B, titular da praza da escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores, denominada arquitecto superior do Concello de Vimianzo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2002, incluída no seu cadro de persoal e coas seguintes características do catálogo UAF-01, arquitecto superior, grupo A, nivel complemento de destino 28 e pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores.

Segundo.-Notifíquese esta resolución ó funcionario nomeado para que tome posesión, como máximo, no prazo de vinte días naturais, contados desde a notificación desta resolución.

Terceiro.-Publíquese nos boletíns que proceda a resolución deste concurso-oposición e o nomeamento deste funcionario de carreira do Concello de Vimianzo (A Coruña).

Recursos:

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición, ou ben recurso contencioso-administrativo. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición será dun mes contado

desde a notificación individual, se é o caso, ou notificación colectiva por medio de publicación. O recurso contencioso-administrativo contra esta resolución, ben directamente ou ben esgotado o potestativo recurso de reposición, interpoñerase diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na cidade da Coruña, no prazo de dous meses desde a publicación ou notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se fora expreso. Se non o fora, o prazo será de seis meses e contarase desde o día seguinte a aquel no que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

En Vimianzo, trinta e un de marzo de dous mil tres».

En Vimianzo, 3 de abril de 2003.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde