Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 16 de maio de 2003 Páx. 6.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se dictan instruccións sobre o acceso e admisión ós ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12) regula as probas de acceso ós ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica.

A Orde do 24 de abril de 2000 (DOG do 30 de maio) regula a admisión do alumnado en bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional específica en centros sostidos con fondos públicos.

A Orde do 12 de abril de 2002 (DOG do 29) regula a admisión do alumnado nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

As disposicións derradeiras destas ordes autorizan a Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do previsto nelas.

Na súa virtude, estas direccións xerais

RESOLVEN:

Capítulo I

Ciclos formativos de grao medio

I. Condicións de acceso e admisión.

Primeiro.-Acceso ós ciclos formativos de grao medio.

1. Terá acceso directo ós ciclos formativos de grao medio o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:

a )Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

b) Estar en posesión do título de técnico auxiliar.

c) Estar en posesión do título de técnico.

d) Ter aprobado o 2º curso do bacharelato unificado polivalente (BUP).

e) Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.

f) Ter superados, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do Plan de 1963 (Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, BOE do 6 de novembro), ou o segundo de comúns experimental (Decreto 179/1988, do 7 de xullo, DOG do 18).

g) Ter superados outros estudios declarados equivalentes a efectos académicos con algún dos anteriores.

2. Así mesmo, poderá acceder ós ciclos formativos de grao medio aquel alumnado que, non reunindo algún dos requisitos especificados no punto anterior, supere a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002 para aquelas persoas que estean nalgunha das condicións indicadas no punto noveno da citada orde.

3. Estas dúas formas de acceso son incompatibles. En todo caso, ó acceso mediante proba unicamente poderán concorre-las persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

Segundo.-Distribución de prazas nos centros.

Nos centros sostidos con fondos públicos, a distribución das prazas dispoñibles para cursar cada ciclo formativo realizarase conforme o seguinte:

1. O 20% das prazas reservaranse para aqueles solicitantes que, non reunindo os requisitos académicos para o acceso directo, acrediten que superaron a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002.

2. As prazas restantes reservaranse para aquel alumnado que reúna os requisitos establecidos para o acceso directo.

3. As porcentaxes establecidas nos puntos anteriores son acumulables entre si; se non hai suficiente alumnado para cubri-las prazas de acceso directo, as sobrantes acumúlanse ás previstas para acceso mediante proba; así mesmo, se non hai suficiente alumnado que acceda mediante proba de acceso, as prazas sobrantes acumúlanse ás previstas para acceso directo. Procederase a efectua-la acumulación das prazas vacantes polas inspeccións ou comisións provinciais e, se é o caso, pola comisión autonómica na derradeira fase do proceso de admisión.

II. Inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Terceiro.-Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

A proba de acceso acreditará que o aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. É común para tódolos ciclos formativos de grao medio. O seu contido atenderá ós aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da educación secundaria obrigatoria:

Parte sociocultural:

Comprensión e expresión de textos escritos con propiedade, autonomía e creatividade en galego e castelán.

Coñecemento da historia, xeografía e actitudes da nosa tradición e patrimonio cultural, así como análise dos mecanismos e valores que rexen o funcionamento das sociedades.

Parte científico-tecnolóxica:

Resolución de problemas nos campos das matemáticas e da tecnoloxía, mediante procedementos de razoamento lóxico.

Realización de exercicios que utilicen códigos científicos e técnicos. Aplicacións do desenvolvemento científico e tecnolóxico e a súa incidencia no medio físico e social.

A valoración de cada unha destas partes expresarase mediante a cualificación de apto ou non apto. Para a superación da proba será necesario obte-la cualificación de apto en ámbalas dúas partes.

Cuarto.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

Co obxecto de garantir-la eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ó título, o Tribunal Único da avaliación de probas, nomeado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, segundo a Orde do 1 de abril de 2002, (DOG do 12) avaliará o grao de discapacidade e as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, se é o caso, adaptará a proba de acceso que deban superar-los aspirantes que, en todo caso, deberán respecta-lo esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias de proba.

Quinto.-Exencións das probas de acceso.

Poderán quedar exentas, total ou parcialmente, da proba de acceso ós ciclos de grao medio, nos termos previstos no punto décimo primeiro da Orde do 1 de abril de 2002 (DOG do 12), as persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Sexto.-Inscrición e calendario de realización das probas de acceso ós ciclos de grao medio.

1. A inscrición para as probas de acceso ós ciclos formativos de grao medio, farase na secretaría dos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido desde o día 19 ata o día 27 de maio de 2003, ámbolos dous inclusive, segundo o modelo do anexo VI, recollido na Orde do 1 de abril de 2002. Ademais de recolle-la documentación, os centros cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. Os solicitantes de proba adaptada deberán formaliza-lo anexo IX desta resolución e presenta-lo correspondente certificado acreditativo da condición de minusválido emitido polo equipo de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. A relación provisional de persoas inscritas á proba será exposta no taboleiro de anuncios dos centros onde se realizou a inscrición a partir do día 28 de maio de 2003, e a relación definitiva de inscritos farase pública a partir do día 2 de xuño.

4. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do día 31 de maio, comunicaranlle a tódolos institutos de educación secundaria, os lugares nos que se realizarán as probas para que o fagan público no taboleiro de anuncios.

5. As probas de acceso ós ciclos formativos serán elaboradas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de acordo co establecido na Orde do 1 de abril de 2002.

6. As probas de acceso ós ciclos de grao medio celebraranse o día 6 de xuño de 2003, no horario que se indica a continuación:

Das 9.30 ás 11.30 horas: parte científico-tecnolóxica.

Das 12 ás 14 horas: parte sociocultural.

Sétimo.-Tramitación de solicitudes.

1. As direccións dos centros terán de prazo ata o 2 de xuño para enviarlle á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, a relación definitiva de persoas inscritas para realiza-las probas.

2. No caso de alumnos que soliciten exención á proba ou proba adaptada, a documentación correspondente ós solicitantes deberá ser remitida á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola vía de urxencia, garantindo a dirección do centro a recepción desta, antes do día 31 de maio, indicando así mesmo as relacións de solicitantes de exención á proba e de proba adaptada.

3. Os centros enviarán, por vía de urxencia, á Subdirección Xeral de Formación Profesional as reclamacións presentadas á resolución provisional das exencións á proba, asegurando a recepción o día 5 de xuño antes das 12 horas.

Oitavo.-Resolución de exencións, cualificación da proba e reclamacións.

1. A resolución provisional de exención á proba farase pública nos institutos de educación secundaria onde se realicen as probas e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos, o día 2 de xuño de 2003.

2. Contra a resolución provisional de exención poderase presentar reclamación durante os dous días seguintes á súa publicación ante o presidente do Tribunal Único. A resolución definitiva farase pública o día 5 de xuño nos centros onde se realicen as probas.

3. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos deberá facerse público nos centros onde se desenvolveron e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos, antes do 14 de xuño de 2003.

4. Contra a cualificación provisional da proba de acceso poderase presentar reclamación durante os dous días seguintes á súa publicación ante o presidente do Tribunal Único.

5. A cualificación definitiva será publicada antes do 27 de xuño no taboleiro de anuncios dos centros onde se realizaron as probas e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos.

6. Contra a exención e as cualificacións definitivas da proba de acceso, poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, na forma prevista no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

7. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación, segundo o modelo que figura no anexo II da Orde do 1 de abril de 2002, que será expedida pola secretaría do centro no que se realizou a proba. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado, mantendo a súa vixencia sempre que non se modifique o título e as ensinanzas correspondentes ó ciclo formativo.

III. Inscrición e matrícula.

Noveno.-Solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio.

1. As solicitudes para cursar ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio nos centros de educación secundaria sostidos con fondos públicos, así como o procedemento de admisión do alumnado realizarase de acordo coa Orde do 24 de abril de 2000.

2. Os alumnos que soliciten praza por reserva, conforme o establecido no punto segundo da Orde do 24 de abril de 2000, formalizarán o anexo VI desta resolución. Os centros publicarán no taboleiro de anuncios a resolución de adxudicación de prazas por reserva antes do 24 de xuño.

3. A inspección educativa, antes do 26 de xuño, comunicaralle ós centros a reasignación de prazas, se fora o caso, de aqueles alumnos que con dereito a reserva non a obtiveron no seu centro.

4. O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 17 de xuño ó 2 de xullo.

5. Cada solicitante presentará unha única instancia, segundo o anexo II da referida orde, no centro do ciclo formativo que solicita en primeiro lugar, relacionando nela, por orde de preferencia, tódolos centros e as ensinanzas segundo as modalidades e réxime para os que solicita praza.

6. A presentación de máis dunha solicitude será causa de exclusión do proceso de baremación, procedéndose a súa escolarización ó final do proceso se houbese praza.

7. Os solicitantes de admisión mediante proba presentarán xunto coa solicitude a certificación de superación da proba de acceso que se indica no apartado oitavo, punto 7 desta resolución.

Décimo.-Admisión e matrícula dos solicitantes por acceso directo ou mediante proba.

1. As secretarías dos centros ademais de recolle-las solicitudes para a admisión a ciclos formativos de grao medio cargarán os datos de inscrición na aplicación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. Os centros farán pública, antes do 10 de xullo, a resolución da adxudicación definitiva de prazas do Consello Escolar, tanto as de acceso directo como as de acceso por proba, e a relación de solicitantes de cada un dos ciclos formativos de grao medio, coa totalidade de puntuación outorgada por epígrafes. Estarán ordenadas de maior a menor puntuación, aplicando os criterios de baremación indicados no anexo I da Orde do 24 de abril de 2000.

3. O alumnado que obteña praza adxudicada por resolución definitiva do Consello Escolar poderá formaliza-la matrícula, segundo o modelo do anexo VIII desta resolución, no prazo comprendido entre o 15 e o 23 de xullo. De non obter praza, a súa solicitude será resolta pola inspección ou comisión provincial ou autonómica, se é o caso, en sucesivas adxudicacións.

4. Simultaneamente á publicación da resolución de adxudicación definitiva de prazas do Consello Escolar, os centros enviaranlle ó Servicio de Inspección da delegación provincial copia da citada resolución, indicando nesta os solicitantes non admitidos e o número de prazas non cubertas, desagregadas por ciclos formativos e especificando se son de acceso directo ou por proba.

Décimo primeiro.-Inspeccións ou comisións provincial e autonómica.

1. As inspeccións ou comisións provinciais de escolarización resolverán a adxudicación das prazas vacantes ós solicitantes que non obtiveron praza pola resolución do Consello Escolar. Da resolución definitiva de prazas farase a correspondente publicación na delegación provincial e nos centros o día 22 de xullo. Os admitidos segundo esas resolucións terán de prazo para matricularse desde a data de publicación ata o día 23 de xullo. De non matricularse neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada, permanecendo na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ó rexeitado.

2. As inspeccións ou comisións provinciais de escolarización, resolverán unha segunda adxudicación das prazas vacantes. Desta resolución farase a correspondente publicación na delegación provincial e nos centros antes do día 25 de xullo. Os admitidos segundo esta resolución terán de prazo para solicita-la matrícula dende o día 28 ata o 30 de xullo. De non matricularse neste período entenderase

que renuncian á praza adxudicada permanecendo na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ó rexeitado.

3. As inspeccións ou comisións provinciais de escolarización resolverán unha terceira adxudicación das prazas vacantes. Desta resolución farase a correspondente publicación na delegación provincial e nos centros o día 1 de agosto. Os admitidos segundo esta resolución terán de prazo extraordinario para solicita-la matrícula dende o día 1 ó 10 de setembro. De non matricularse neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada permanecendo na lista de espera dos ciclos formativos solicitados con prioridade ó rexeitado.

4. A comisión autonómica de escolarización resolverá a adxudicación das prazas vacantes, se as houbera, ós solicitantes que non obtiveron praza por adxudicación das inspeccións ou comisións provinciais. Da resolución definitiva de prazas farase a correspondente publicación na delegación provincial e nos centros antes do día 26 de setembro. Os admitidos, segundo esas resolucións, terán de prazo extraordinario para solicitar a matrícula desde o día 26 ata o 30 de setembro. De non matricularse neste período entenderase que renuncian á praza adxudicada.

5. Os ciclos formativos sen alumnos en lista de espera e prazas vacantes, serán liberados para realiza-la matrícula a partir de cada adxudicación definitiva das comisións provinciais e autonómicas.

6. As inspeccións ou comisións provinciais e autonómica poderán realiza-la acumulación de prazas de acceso directo e por proba naqueles ciclos que se ofertan en tódalas provincias.

7. Unha vez rematado totalmente o proceso anterior, os centros que aínda teñan prazas vacantes poderán dispoñer libremente delas e matricula-los alumnos que non formalizaron a solicitude dentro do prazo establecido. En todo caso, este proceso rematará antes do 14 de outubro.

8. As sucesivas adxudicacións de prazas da inspección, comisión provincial e autonómica, serán publicadas no centro onde o alumno presentou a súa solicitude e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos.

9. Os alumnos que obteñan praza nas resolucións da inspección, comisión provincial e autonómica, poderán formaliza-la súa matrícula segundo o modelo do anexo VIII.

Décimo segundo.-Constitución de grupos.

Para cada ciclo formativo de grao medio constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnos por centro. A formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quedará condicionada a que haxa un número mínimo de 10 alumnos/as admitidos/as para cada un dos ciclos formativos de grao medio. A impartición

destas ensinanzas cun número menor de alumnos esixirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

Décimo terceiro.-Reclamacións.

De acordo co establecido no punto décimo sexto da Orde do 24 de abril de 2000, o prazo para resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións dos consellos escolares, das comisións de escolarización ou da inspección educativa, será como máximo de tres días.

Capítulo II

Ciclos formativos de grao superior

I. Condiciones de acceso e admisión.

Décimo cuarto.-Acceso ós ciclos formativos de grao superior.

1. Terá acceso directo ós ciclos formativos de grao superior, o alumnado que cumpra algún dos requisitos establecidos no punto quinto da Orde 12 abril de 2002.

2. Así mesmo, poderán acceder ós ciclos formativos de grao superior aquelas persoas que, non reunindo os requisitos indicados no punto anterior, superen a proba de acceso definida na Orde do 1 de abril de 2002. Para poder concorrer a esta proba será preciso ter cumpridos 20 anos ou cumprilos no ano 2003. No caso dos que estean en posesión do título de técnico, o requisito de idade é de 18 anos para poder concorrer á proba de acceso para un ciclo formativo de grao superior da mesma familia profesional.

3. Estas dúas formas de acceso son incompatibles. En todo caso, ó acceso mediante proba unicamente poderán concorre-las persoas que carezan de requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

II. Inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.

Décimo quinto.-Probas de acceso.

A proba de acceso consta de dúas partes:

Parte xeral: neste exercicio o aspirante deberá acredita-la madurez en relación cos obxectivos do bacharelato, fundamentalmente en contidos procedementais de:

Lingua galega e literatura.

Lingua castelá e literatura.

Lingua estranxeira (opción inglés ou francés).

Matemáticas.

A cualificación da área lingüística será determinada mediante o cálculo da media aritmética das puntuacións acadadas en cada unha das tres materias que a integran: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira (opción inglés ou francés).

A cualificación da parte xeral será a media aritmética das cualificacións obtidas nas áreas lingüística e de matemáticas.

Parte específica: o aspirante deberá acredita-la súa capacidade de formación profesional de base relacionada co campo profesional do ciclo formativo ó que se solicita acceder. Esta parte avaliará os coñecementos en relación coas materias que se indican na primeira columna do anexo I desta resolución. O aspirante elixirá a opción que lle permita o acceso ó ciclo formativo que desexe cursar dentro dos ofertados nesta Comunidade Autónoma. A cualificación desta parte específica será determinada calculando a media aritmética das puntuacións obtidas en cada unha das materias específicas da opción vinculada ó ciclo formativo para o que solicitou a proba de acceso.

En tódolos casos, o cálculo das referidas medias aritméticas para a determinación das diferentes cualificacións, estará supeditado á superación por parte do alumnado da porcentaxe mínima de contidos que determine o tribunal para cada unha das materias de que conste a proba.

Para a superación da proba será necesario acadar en cada unha das partes (xeral e específica) a cualificación mínima de 5.

Décimo sexto.-Probas de acceso adaptadas ás persoas que acrediten discapacidades.

Co obxecto de garanti-la eficacia da formación e o posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ó título, o Tribunal Único da avaliación de probas, nomeado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, segundo a Orde do 1 de abril de 2002, (DOG do 12) avaliará o grao de discapacidade e as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas e, se é o caso, adaptará a proba de acceso que deban supera-los aspirantes que, en todo caso, deberán respecta-lo esencial dos obxectivos fixados nos decretos que regulan os currículos das materias de proba.

Décimo sétimo.-Exencións das probas de acceso.

Nos termos previstos na Orde do 1 de abril 2002, poderán quedar exentas da parte xeral desta proba, as persoas que acrediten ter superadas totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos; e da parte específica, as persoas que acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos estudios que pretenden cursar.

Décimo oitavo.-Inscrición e calendario de realización das probas de acceso ós ciclos de grao superior.

1. A inscrición para as probas de acceso ós ciclos formativos de grao superior, farase na secretaría dos institutos de educación secundaria nos que se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido desde o día 19 ata o día 27 de maio de 2003, ámbolos dous inclusive, segundo o modelo do anexo VII, recollido na Orde do 1 de abril de 2002. Ademais de recolle-la documentación, os centros cargarán os datos de inscrición na apli

cación informática facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

2. Os solicitantes de proba adaptada deberán formaliza-lo anexo IX desta resolución e presenta-lo correspondente certificado acreditativo da condición de minusválido, emitido polo equipo de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. As solicitudes de exención da parte específica da proba irá acompañada do anexo VII desta resolución, xunto coa certificación da tesourería da Seguridade Social e a mutualidade laboral na que estivese o solicitante afiliado na que conste a empresa e o período de contratación.

4. A relación provisional de persoas inscritas á proba será exposta no taboleiro de anuncios dos centros onde se realizou a inscrición a partir do día 28 de maio de 2003, e a relación definitiva de inscritos farase pública a partir do día 2 de xuño.

5. As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do día 31 de maio, comunicaranlles a tódolos institutos de educación secundaria, os lugares nos que se realizarán as probas para que o fagan público no taboleiro de anuncios.

6. As probas de acceso ós ciclos de grao superior realizaranse o día 6 xuño de 2003, no horario que se indica a continuación:

Parte xeral da proba:

Das 9.30 ás 11.30 horas: área lingüística (lingua galega e literatura, lingua española e literatura e lingua estranxeira, opción francés ou inglés).

Das 12 ás 13.30 horas: área de matemáticas.

Parte específica da proba:

A partir das 16 horas, materias específicas da opción vinculada co ciclo formativo para o que solicitou a proba de acceso, segundo o anexo I desta resolución.

A duración máxima para cada materia desta parte será de 2 horas.

Décimo noveno.-Tramitación de solicitudes.

1. As direccións dos centros terán de prazo ata o 2 de xuño para enviarlle á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, relación definitiva de persoas inscritas para realiza-las probas.

2. No caso de alumnos que soliciten exención á proba ou proba adaptada, a documentación correspondente ós solicitantes deberá ser remitida á Dirección Xeral, pola vía de urxencia, garantindo a dirección do centro a recepción desta, antes do día 31 de maio, indicando así mesmo as relacións de solicitantes de exención á proba e de proba adaptada.

3. Os centros enviarán por vía de urxencia á Subdirección Xeral de Formación Profesional, as reclamacións presentadas á resolución provisional das

exencións á proba, asegurando a recepción o día 5 antes das 12 horas.

Vixésimo.-Resolución de exencións, cualificación da proba e reclamacións.

1. A resolución provisional de exención á proba farase pública nos institutos de educación secundaria onde se realicen as probas e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos, o día 2 de xuño de 2003.

2. Contra a resolución provisional de exención poderase presentar reclamación durante os dous días seguintes á súa publicación ante o presidente do Tribunal Único. A resolución definitiva farase pública o día 5 de xuño nos centros onde se realicen as probas.

3. O resultado das cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos formativos deberá facerse público nos centros onde se desenvolveron e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos, antes do 14 de xuño de 2003.

4. Contra a cualificación provisional da proba de acceso poderase presentar reclamación durante os dous días seguintes á súa publicación ante o presidente do Tribunal Único.

5. A cualificación definitiva será publicada antes do 27 de xuño no taboleiro de anuncios dos centros onde se realizaron as probas e na páxina web www.edu.xunta.es/ciclos.

6. Contra as exencións e cualificacións definitivas da proba de acceso, poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, na forma prevista no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

7. Para facilita-la mobilidade do alumnado, a certificación que se obteña trala superación da proba de acceso ós ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica, segundo o modelo que figura no anexo III da Orde do 1 de abril de 2002, será válida como requisito de acceso a tódolos ciclos formativos relacionados coa opción elixida para a proba, segundo o establecido no anexo I desta resolución. A certificación de ter superada a proba terá validez como requisito de acceso en todo o Estado, mantendo a súa vixencia sempre que non se modifique o título e as ensinanzas correspondentes ó ciclo formativo.

III. Inscrición e matrícula.

Vixésimo primeiro.-Solicitude de admisión a ciclos formativos de grao superior.

As solicitudes para a admisión ós ciclos formativos de grao superior realizaranse en base á relación de

ciclos formativos autorizados para o curso 2003/2004, que estará exposta, co seu correspondente número de prazas, antes do día 30 de maio, en tódolos centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan formación profesional.

1. Acceso directo.

a) Tódolos solicitantes de acceso directo presentarán a solicitude de admisión, segundo o modelo establecido no anexo II desta resolución, no centro que imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar, durante o período que abrangue desde o 17 de xuño ata o 2 de xullo, ámbolos dous inclusive.

b) Para aquel alumnado que solicitou acceso directo, estando pendente da convocatoria extraordinaria de setembro para acada-los requisitos académicos, establécese un prazo extraordinario de presentación da certificación acreditativa do cumprimento dos mencionados requisitos desde o día 1 ó 11 de setembro de 2003, ámbolos dous inclusive.

2. Acceso mediante proba.

a) Os solicitantes de acceso mediante proba presentarán a solicitude de admisión, segundo o modelo establecido no anexo II desta resolución, no centro que imparta o ciclo solicitado en primeiro lugar durante o mesmo período que os de acceso directo indicado no punto anterior.

b) Os alumnos que reúnan os requisitos de acceso directo ós ciclos formativos de grao superior non poden presenta-la solicitude de acceso mediante proba. De facelo, quedarán excluídos do proceso de admisión.

Vixésimo segundo.-Xustificación dos requisitos para o acceso.

1. Acceso directo mediante titulacións obtidas no ámbito do territorio do Estado español.

Tódolos solicitantes, agás os que acrediten estudios universitarios, deberán xustifica-los requisitos académicos mediante modelo de certificación recollido no anexo III desta resolución.

2. Acceso directo mediante titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español.

Os solicitantes que aleguen para o acceso directo titulacións homologadas, ou en trámite de homologación, por correspondencia coas obtidas no estranxeiro, deberán xunta-la documentación esixida, e con carácter xeral os seguintes documentos:

a) Credencial definitiva de homologación dos seus estudios cos correspondentes españois, ou ben aqueles solicitantes que non estean en posesión da credencial indicada anteriormente, deberán xuntar volante de inscrición condicional, segundo o modelo recollido como anexo II na Orde ECD/ 3305/2002, do 16 de decembro, pola que se modifican as do 14 de marzo de 1988 e 30 de abril de 1996 para a aplicación do disposto no Real Decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudios estranxeiros de educación non universitaria (BOE do 28).

b) Expediente académico expedido no estranxeiro que deberá axustarse ós requisitos seguintes:

-Deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes para iso, de acordo co ordenamento xurídico do país de procedencia.

-Deberán presentarse legalizados por vía diplomática ou, se é o caso, mediante a apostila do Convenio da Haia. Este requisito non lles será esixido ós documentos expedidos nos estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espacio Económico Europeo polas autoridades competentes dos ditos estados.

-Deberán ir acompañados, se é o caso, da súa correspondente traducción oficial ó galego ou ó castelán. A traducción deberá ser realizada por:

-Traductor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

-Calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

-Representación diplomática ou consular en España do país do cal é cidadán o solicitante ou, se é o caso, do de procedencia do documento.

A presentación do volante de inscrición provisional para o centro solicitado en primeiro lugar, permitirá a inscrición condicionada en tódolos centros e para tódolos ciclos relacionados na solicitude de inscrición.

A inscrición no proceso de admisión estará condicionada á resolución do expediente de homologación por parte do Ministerio de Educación, Ciencia e Deporte. No suposto de que a resolución non se producira nos termos solicitados polo interesado e incluídos no citado volante, quedará sen efecto a inscrición no proceso de admisión ós ciclos formativos de grao superior e a conseguinte matrícula.

A Subdirección Xeral de Formación Profesional será a encargada de barema-los expedientes académicos correspondentes ós estudios estranxeiros alegados polo solicitante. A puntuación outorgada será expresada con dúas cifras decimais. Para levar a cabo esa tarefa será de aplicación o disposto no artigo 6 da Orde do 12 de abril de 2002, tendo en conta ademais os seguintes criterios:

a) Titulacións homologables cos estudios do bacharelato establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro: para o cálculo da nota media teranse en conta os dos últimos cursos que integren o plan de estudios da titulación estranxeira alegada polo/a solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional.

b) Titulacións homologables cos estudios de COU: para o cálculo da nota media teranse en conta os catro últimos cursos que integren o plan de estudios da titulación estranxeira alegada polo/a solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional.

c) Titulacións homologables cos estudios de FPII: para o cálculo da nota media teranse en conta os tres últimos cursos que integren o plan de estudios da titulación estranxeira alegada polo/a solicitante, e será expresada como media aritmética das puntuacións medias acadadas en cada curso, homologada ou con volante para a inscrición provisional.

d) Titulacións homologables cun ciclo formativo de grao superior de FPE ou de artes plásticas e deseño: para o cálculo da nota media do expediente académico teranse en conta as materias dos dous últimos cursos que integren o plan de estudios da titulación estranxeira alegada polo/a solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional, sendo determinada como media aritmética das cualificacións acadadas nas diferentes materias de ámbolos dous cursos.

e) Titulacións homologables con estudios universitarios: para o cálculo da nota media teranse en conta tódalas materias e cursos que integren o plan de estudios da titulación estranxeira alegada polo/a solicitante, homologada ou con volante para a inscrición provisional, e será expresada como media aritmética das puntuacións medias acadadas en cada curso.

Os alumnos solicitantes que aleguen titulacións homologables cos estudios do bacharelato establecidos na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro ou cos de COU, elixirán no momento de realiza-la solicitude, a modalidade ou opción correspondente ós estudios españois homologados ou en trámite de homologación que permiten o acceso directo ós ciclos formativos de grao superior de FPE. solicitados.

Na baremación dos expedientes académicos correspondentes a titulacións que permiten o acceso directo, obtidas no territorio estatal, mediante validación parcial de cursos ou materias por correspondencia cos estudios realizados no estranxeiro, non serán tidos en conta, aqueles cursos ou materias validadas, en aplicación do disposto no artigo 6.3º punto d) da Orde do 12 de abril de 2002.

3. Acceso mediante proba.

a) Os solicitantes que pretendan acceder mediante proba de acceso, deberán xunta-lo certificado de superación da proba recollido no anexo III da Orde do 1 de abril de 2002.

b) Aqueles solicitantes que pretendan acceder mediante a superación dunha proba de acceso convocada por outra Administración educativa competente, e que acheguen certificacións expresadas coa cualificación de Apto, participarán no proceso mediante a transformación desa cualificación na puntuación de 5,50.

c) Os solicitantes que pretendan acceder mediante a exención total da proba de acceso, participarán no proceso coa cualificación de 5,00. Aqueles que accedan mediante a superación parcial da proba, participarán no proceso coa nota acadada na parte superada.

Vixésimo terceiro.-Informatización do proceso de admisión e matrícula.

1. O día 30 de xuño constituirase a comisión autonómica de escolarización establecida no apartado noveno, punto 3 da Orde do 12 de abril de 2002. Os datos na aplicación informática cumprimentaranse ata as 20 horas do día 3 de xullo.

2. Os centros realizarán a baremación das solicitudes por medio dun programa informático facilitado pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Co obxecto de facilita-la realización desta baremación, establécese un modelo de certificación recollido no anexo III desta resolución.

Vixésimo cuarto.-Proceso de admisión e matrícula: fase ordinaria de xullo.

1. Realizada a baremación correspondente, os centros teñen de prazo ata o día 8 de xullo para facer pública a relación provisional de solicitantes, ordenados alfabeticamente con indicación da puntuación acadada e as opcións priorizadas, que debe ser aprobada polo consello escolar.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas ante o presidente do consello escolar, os centros teñen de prazo ata o día 15 de xullo para envia-los datos informatizados de tódolos solicitantes á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais. Esta relación provisional será exposta no taboleiro de anuncios dos centros e na pax web: www.edu.xunta.es/ciclos

2. Día 21 de xullo, publicarase a relación de admitidos en cada ciclo formativo de grao superior, na que aparecerán os solicitantes, por orde decrecente de puntuación. Estas relacións serán elaboradas a través dun programa informático na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e serán aprobadas pola comisión autonómica de escolarización que as remitirá a cada delegación provincial e a cada centro para súa aprobación definitiva polo consello escolar. Esta relación será exposta no taboleiro de anuncios dos centros e na pax web: www.edu.xunta.es/ciclos

3. No prazo que abrangue desde o 21 ó 30 de xullo de 2003 deberá matricularse ó alumnado admitido en cada ciclo, tanto os admitidos por acceso directo como mediante proba. Os que non foron admitidos na praza solicitada en primeiro lugar poderán renunciar á praza outorgada; a dita renuncia implica tamén a renuncia a tódalas demais prazas solicitadas en opcións posteriores a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións anteriores. Os solicitantes admitidos, que non se matriculen e non presenten renuncia, segundo modelo anexo IV desta resolución, no prazo indicado, perderán o dereito a súa praza e procederase a súa escolarización ó final do proceso, se houbese vacantes.

4. Rematado este período de matrícula, os centros teñen de prazo ata o día 31 de xullo para remitir á dirección xeral, a relación de alumnos matricu

lados, alumnos que renunciaron á praza adxudicada e alumnos que non formalizaron matrícula en cada ciclo, segundo modelo anexo V desta resolución, certificada polo secretario co visto e prace do director e a relación de prazas que quedan vacantes, se é o caso.

Vixésimo quinto.-Proceso de admisión e matrícula: fases extraordinarias de setembro.

1. No mes de setembro elaboraranse sucesivas relacións de admitidos en cada ciclo formativo de grao superior, adxudicando as prazas non cubertas polos admitidos na fase anterior, nas que aparecerán os solicitantes por orde decrecente de puntuación. Estas relacións serán elaboradas a través dun programa informático na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e serán aprobadas pola comisión autonómica de escolarización que as remitirá a cada delegación provincial e a cada centro para súa aprobación definitiva polo consello escolar. O calendario para a publicación destas novas relacións de admitidos, os correspondentes prazos de matrícula e as datas de envío de vacantes á dirección xeral polos centros, son as seguintes:

Fases de adxudicación

Datas de publicación da relación de admitidos

Prazo de matrícula

Envío de datos de vacantes

1ª extraordinaria8 de setembro8, 9 e 10 de setembro11 de setembro, antes das 10 h

2ª extraordinaria15 de setembro15, 16 e 17 de setembro18 de setembro, antes das 10 h

3ª extraordinaria22 de setembro22, 23 e 24 de setembro13 de outubro, antes das 10 h

4ª extraordinaria15 de outubro15, 16 e 17 de outubro

Nas dúas últimas adxudicacións incluiranse, se é o caso, os solicitantes que cumpriron os requisitos na convocatoria de exames de setembro.

2. Naqueles ciclos nos que, unha vez adxudicadas as prazas ás que se fai referencia no punto anterior, aínda queden vacantes, os centros poderán dispor libremente delas, previa autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e matricular ós alumnos que non formalizaron a solicitude dentro do prazo establecido. Este proceso rematará, en todo caso, antes do 18 de outubro.

3. Rematado este proceso, non se matriculará ningún alumno sen autorización expresa do delegado provincial.

Vixésimo sexto.-Proceso de admisión en ciclos con menor demanda que prazas ofertadas.

Aqueles centros que oferten ciclos para os que o número de solicitudes resulte inferior ó número de postos educativos ofertados, poderán dispor das prazas non solicitadas, logo de autorización da Subdirección Xeral de Formación Profesional, ofertándoas ós posibles interesados que achegaran solici

tude fóra de prazo. Esta autorización será emitida e comunicada ós centros, logo de efectuada a adxudicación de postos en cada unha das fases establecidas no calendario do proceso de admisión.

Vigésimo sétimo.-Reclamacións.

1. Publicada a relación indicada no punto vixésimo cuarto, punto 1, pódese presentar reclamación no período comprendido entre o 8 e o 15 de xullo, ante o presidente do consello escolar. As ditas reclamacións serán resoltas antes do día 17 do mesmo mes.

2. Contra a resolución do consello escolar, pola que se aproba e publica a relación de solicitantes admitidos a cada ciclo o día 21 de xullo, poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, na forma prevista no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A presentación de reclamación e a súa resolución non implicará paraliza-lo proceso de admisión e matrícula.

Vixésimo oitavo.-Solicitantes con necesidades educativas especiais.

1. Nos ciclos formativos de grao superior reservarase, cando menos, o 3% das prazas que se oferte en cada ciclo, para aqueles alumnos con algún grao de discapacidade física, motora ou sensorial acreditado, que obtivesen dictame favorable da comisión autonómica de escolarización, de acordo co establecido na Orde do 12 de abril de 2002.

2. Os centros que reciban solicitudes de alumnos con necesidades educativas especiais teñen de prazo ata o día 3 de xullo para remiti-la relación e baremación destes, acompañada da documentación correspondente, á Comisión Autonómica de Escolarización.

3. A Comisión Autonómica de Escolarización emitirá dictame de escolarización e remitirá o correspondente comunicado ós centros afectados o día 8 de xullo, facéndose público no taboleiros de anuncios e páx. web: www.edu.xunta.es/ciclos.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación para o curso 2003-2004.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.

Alberto González Armesto María Pilar del Mar Pérez Marsó

Director xeral de Centros e Directora xeral de Formación

Ordenación Educativa Profesional e Ensinanzas

Especiais