En sesión que tivo lugar o día 12 de maio de 2003, o tribunal designado pola Orde do 21 de marzo de 2003 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxías da información, acordou, de conformidade co disposto na base III.9 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 30 de maio de 2003, nas aulas 5 e 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela (A Coruña), en chamamento único que se iniciara ás dezaseis (16) horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2003.
Álvaro Manuel Rodríguez Carballo
Presidente do tribunal

