Con data do 3 de marzo de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 321/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Rosa María Lozano Zapata.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Rosa María Lozano Zapata, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste para interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle ó seu dereito a consulta-lo expediente depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina en Caixa Galicia cuenta contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 8 de abril de 2003.
Jorge Suances Hernández
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente 321/2002.
Denunciada: Rosa María Lozano Zapata.
DNI/NIF: 32432024-T.
Último enderezo coñecido: Salvador de Madariaga, nº 14, bloque 41, A Coruña.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de etiquetaxe, presentación e publicidade dos productos alimenticios.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1.1 e 2.2 do R.D. 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor; capítulo VII do R.D. 1437/1992 modificado polo R.D. 1840/1997, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura e o artigo 5, capítulo IV do R.D. 1334/1992 sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade dos productos alimenticios.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 30,05 euros. Trinta euros con cinco céntimos.

